Santalices: “O Camiño de Santiago é a metáfora permanente da nosa identidade"
Santiago, 20 de febreiro de 2026.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, defendeu hoxe, na inauguración do curso académico da Academia Xacobea, que o Camiño de Santiago é “a metáfora permanente da nosa identidade colectiva".
Na súa intervención, destacou ademais o valor da palabra como instrumento esencial da democracia, para contrastar ideas, defender posicións e procurar consensos. E, neste sentido, apuntou que a Academia non só honra a tradición do Camiño, “honra tamén −dixo− a palabra, o pensamento e o diálogo como ferramentas de encontro entre pobos e xeracións".
Por outra banda, o xefe do Lexislativo lembrou que foi o consenso entre todos os grupos parlamentarios o que recentemente permitiu aprobar a declaración institucional que proclamou o ano 2026 como Ano Oteriano, no que se conmemora o 50 aniversario do seu pasamento e o centenario da súa Guía de Galicia.
Saúdos, Gabinete de Comunicación