saltar ao contido

O Parlamento de Galicia reduce nun millón de euros o seu orzamento para 2011 e retrocede a cifras de 2006

 

O capítulo de investimentos reais sofre o maior recorte no orzamento da Cámara, cunha reducción do 33,54%
 
 
• Mentén os gastos imprescindibles para o normal funcionamento dos traballos parlamentarios e prioriza os seus investimentos nas TIC
 
• O Parlamento de Galicia é o máis barato comparado coas restantes comunidades históricas e atópase entre os catro con menor presuposto de todo o Estado

Santiago, 29 de decembro de 2011.- O Parlamento de Galicia volve dar exemplo de contención de gastos e reducirá o seu orzamento para 2011 en 1.034.110 euros, co que o importe total que administrará no exercicicio próximo ascende a 19.645.925 euros, retrocedendo así a un presuposto semellante ao que dispuxo en 2006 (19.213.829€).
 
Estas cifras corresponden ao presuposto agregado da Cámara Lexislativa e do Valedor do Pobo que, no seu conxunto, descende un 5% respecto ao de 2010. Así o Parlamento de Galicia disporá en 2011 de  17.597.380 euros, mentres que o comisionado da Cámara para a defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no título I da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia contará con 2.048.545 euros.
 
Os investimentos caen un 33,54%
 
O Parlamento de Galicia aplicará o maior recorte de gasto no capítulo de investimentos, que descenderán un 33,54%, e no de transferencias de capital, cunha caída do 25%, por ser nestes dous apartados nos que dispón de maior marxe de manobra. O Capítulo I (gastos de persoal), que supón preto da metade do Orzamento da Cámara galega, sofrirá un recorte do 5,46%.
 
Como consecuencia destes recortes, o Parlamento de Galicia tan só manterá en 2011 os gastos imprescindibles para o normal desenvolvemento dos traballos parlamentarios. Así, priorizará os seus investimentos nas TIC, a través do Plan director das tecnoloxías da información, que ten por obxectivo renovar e mellorar o funcionamento dos equipos e programas informáticos da Cámara.
 
Na senda do recorte de gasto
 
Elimínanse tamén partidas para gastos protocolarios e actos sociais, na liña da política de austeridade implantada pola titular do Parlamento, Pilar Rojo, que, tras asumir a Presidencia da Cámara lexislativa, implantou un recorte de preto de 2 millóns de euros.
 
Hai que lembrar, tamén, que os datos do ano 2010 poñen de manifesto que, comparando o orzamento de cada cámara autonómica co da súa respectiva Comunidade Autónoma, o Parlamento de Galicia, atópase (xunto con Castela-A Mancha, Andalucía e Madrid) entre os catro con menos orzamento no conxunto do Estado. Ademais, o Parlamento de Galicia é, en relación cos das restantes Comunidades históricas, o de menor orzamento.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina