Santiago, 12 de marzo de 2013.- “O Parlamento de Galicia está disposto sempre a aportar o seu grao de area” e colaborar nas campañas de doazón que se organicen, segundo asegurou esta mañá a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, coincidindo cunha xornada de animación á doazón de sangue que se celebra hoxe no lexislativo galego.
Ao visitar a unidade móbil que o Centro de Transfusión de Galicia desprazou hoxe ao Parlamento, Rojo Noguera considerou “fundamental” que a Cámara galega se implique en campañas deste tipo, ben sexa para animar á doazón de sangue ou de órganos porque, ao seu xuízo, “nos vai a vida a todos nelo”.
A presidenta do Parlamento estivo acompañada pola directora do Centro de Transfusión de Galicia, María Inmaculada Rodríguez Calvo.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia