Lexisla con Nós

Proposición de lei pola que se regula a publicidade sanitaria e sociosanitaria de centros e actividades na Comunidade Autónoma de Galicia

22/05/2018 14:31
Proposición de lei pola que se regula a publicidade sanitaria e sociosanitaria de centros e actividades na Comunidade Autónoma de Galicia. (10/PPL-000024)

Documentos relacionados:

Opinións

1 - Escrito por Andrea Gómez Rivas o 09/01/2019 18:54

As directrices de técnica normativa teñen como obxectivo fundamental lograr un maior grao de acercamento o principio de seguridade xurídica, mediante a mellora da calidade técnica e lingüística das normas de orixe gobernamental. Isto pódese lograr mediante o emprego dunha depurada técnica xurídica no proceso de elaboración das normas. Seguindo as directrices de técnica normativa que foron aprobadas o 30 de outubro de 2014 polo Consello da Xunta de Galicia, analizaremos a técnica normativa da “Proposición de lei pola que se regula a publicidade sanitaria e socio-sanitaria de centros e actividades na Comunidade Autónoma de Galicia. 10/PPL 000024. Con respecto a competencia sobre a publicidade sanitaria e socio-sanitaria segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, atribúeselle á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de publicidade. Tamén, a Lei 14/1986, de 25 do abril, Xeral de sanidade, nos artigos 27 e 30.1 encomenda ás Administracións Públicas o control da publicidade e propaganda comercial sanitaria para, que se axuste ao criterio de veracidade no que atinxe á saúde a fin de limitar todo o que poida prexudicar a mesma e somete a inspección administrativa as actividades dos centros e establecementos sanitarios. Así mesmo, o artigo 41 encomenda ás Comunidades Autónomas o exercicio das competencias asumidas nos seus estatutos e as transferidas ou delegadas polo Estado. En primeiro lugar, analizaremos a estrutura de dita proposición de lei. Segundo as directrices de técnica normativa as proposicións de lei deben dividirse en: un título da disposición, a parte expositiva, que neste caso, deberá recibir o nome de “Exposición de motivos” e por último, a parte dispositiva, na cal se inclúe o articulado, a parte final e, de ser o caso, os anexos. A vista da exposto podemos concluír que a nosa proposición de lei cumpre co esquema que toda disposición normativa debe respectar. En segundo lugar, procederemos a analizar o contido da disposición. O título da disposición é correcto xa que comeza coa identificación do tipo de disposición, neste caso, estamos ante unha proposición de lei. Ademais, o nome do título indica o obxecto da disposición e o seu contido esencial de modo que permita facerse unha idea do seu contido e diferencialo de calquera outra disposición. A exposición de motivos debese inserir no texto correspondinte, colocando dita expresión no texto e escrita con letras en maiúscula, ten a función de describir o contido da disposición indicando o seu obxecto e finalidade, os seus antecedentes e as competencias e habilitacións en cuxo exercicio se dita, facendo mención a incidencia que poida ter na normativa en vigor, con especial atención aos aspectos novos. No que atinxe a proposición de lei anteriormente referida, podemos dicir, que a expresión “exposición de motivos” non ven centrada no texto. Tamén cabe dicir, que sí establece correctamente o obxectivo e a finalidade da lei, pero por outro lado, non fai mención a incidencia que poida ter na normativa en vigor. En canto os antecedentes que deben incluírse na exposición de motivos aparecen nun epígrafe independente, o principio do texto legal. A parte dispositiva cumpre a estrutura que establece a técnica normativa, xa que consta de articulado, parte final e anexos. Polo que se refire o articulado, a proposición de lei conta con 24 artigos, dos cales os que conteñen as disposicións xerais están ordenados erroneamente segundo as normas da técnica normativa xa que establece antes as definicións ao ámbito de aplicación, e ademais, non sigue un orden sistemático claro e preciso. No referido á parte final, o texto legal conta con unha disposición adicional única, unha disposición final e unha disposición derrogatoria, as cales segundo as normas da técnica normativa, o tipo de disposición de cada unha deberá ir en minúscula, salvo a primeira letra da primeira palabra; neste caso non se cumpre esta regra xa que as tres disposicións establecen en maiúscula o tipo de disposición do que se trata. A proposición de lei ten un anexo, o cal debe ir centrado, en maiúscula e sen punto, neste caso o anexo está situado na parte esquerda e non está centrado. Tampouco hai na parte dispositiva da proposición de lei unha referencia clara e expresa ó anexo como establecen as normas da técnica normativa. Cabe destacar que no artigo 20 da proposición de lei que estamos a analizar, cítase de maneira incorrecta a lei, xa que non aparecen as datas das leis que mencionan e os títulos non van entre comas. Tamén no anexo citase un real decreto de forma incorrecta, xa que o citan sen comas tanto na fecha de disposición coma no seu nome. Por último, podemos dicir que a proposición de lei en xeral conta cunha linguaxe clara, sinxela e precisa, de nivel culto, pero accesible para o cidadán medio que respecta as normas de uso dos signos ortográficos. Ademais, é un texto que usa unha linguaxe non sexista en cumprimento das previsións contidas no artigo 14 da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e dos artigos 17 e 18 da Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. Por todo isto, podemos concluír que se trata dunha disposición que cumpre as esixencias da técnica normativa, garantindo así o principio de seguridade xurídica recollido no artigo 9.3 da Constitución Española.

2 - Escrito por Manuel Ferreira Magariños o 29/11/2018 10:53

Estamos ante unha Proposición de lei pola que se regula a publicidade sanitaria e sociosanitaria de centros e actividades na Comunidade Autónoma de Galicia, da cal faremos unha análise dende o punto de vista da técnica normativa que se recolle no Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 30 de outubro de 2014 e no Acordo do Consello de Ministros, de 22 de xullo de 2005. Primeiro temos que facer fincapé na súa división e contido. As proposicións de lei deben constar das seguintes partes: título da disposición, parte expositiva na que se inclúe a exposición de motivos e parte dispositiva na que está o articulado, a parte final e os anexos. En primeiro lugar analizaremos o título da disposición, que debe ser diferente dos títulos doutras disposicións en vigor, neste caso o título é “Proposición de lei pola que se regula a publicidade sanitaria e sociosanitaria de centros e actividades na Comunidade Autónoma de Galicia”. Pero hay que facer un desmembramento do mesmo xa que ten que concretar o tipo de disposición, o nome e a data de publicación. En canto ao tipo de disposición a súa función é ubicarnos sobre qué tipo se está a tratar, neste caso describe que estamos ante unha “Proposición de lei". No referente ao nome, indicaranos cal é o obxecto e o contido esencial da disposición. Ao meu modo de ver a denominación empregada non se axeita de forma completa ao que se di na exposición de motivos xa que o nome empregado é “pola que se regula a publicidade sanitaria e sociosanitaria de centros e actividades na Comunidade Autónoma de Galicia”, pero se lemos na parte expositiva no primeiro párrafo menciona que o obxectivo é a ampliación e reforzó da normativa da publicidade de productos, centros e actividades sanitarias, polo que se exclúen do nome aos productos sanitarios. No referente á data de publicación carece dela porque non foi aprobada polo Pleno. A resolución do DOG nº 219 de 2014/11/14 a cal regula as directrices de técnica normativa, contempla a posibilidade de incluir un índice entre o título e a parte expositiva. Nesta proposición non se atopa índice ningún, o que parece unha decisión axeitada xa que se trata dunha disposición que carece da extensión e complexidade que o faría necesario. Entrando de cheo na parte expositiva primeiro prestaremos atención á súa denominación. Este aspecto aparece recollido na disposición de forma incorrecta xa que non ten que levar a nomenclatura “exposición de motivos” ao tratarse dunha disposición distinta a un Proxecto de lei. En todo caso, aínda sendo necesario o emprego da expresión, estaría reflictido de forma incorrecta xa que non está centrada. En canto ao contido, fai unha descrición axeitada sobre cal é o obxectivo e finalidade da disposición, que sería ampliar e reforzar o marco lexislativo da publicidades de productos, centros e actividades sanitarias na nosa Comunidade para protexer á poboación de posibles engaños que poderían sufrir no ámbito sanitario. En xeral a redacción desta parte é correcta salvo algún erro mecanográfico como o que se observa no párrafo terceiro no que habería que correxir a palabra “constate” por “constante”. Previamente encontramos os antecedentes, os cales están ben situados xa que deben aparecer dentro da parte expositiva. En canto ao seu contido, limítase a citar de manera correcta numerosas leis relativas ao tema en concreto. Entramos ahora na parte dispositiva, na que se recoñece a existencia dunha división en libros, títulos, capítulos, seccións e subseccións que neste caso non procede dada a curta extensión do artículado. Esta proposición está composta por 20 artigos, os cales entraremos a analizar. Hai varios aspectos que son obxecto de análise. Comezaremos coas formalidades á hora da súa apariencia no texto. Os artigo están ben numerados con cardinais arábigos que van dende o 1 ao 20, seguindo a orde e sen interrupcións. Os 20 artigos teñen unha titulación axeitada, clara e concisa sobre a temática específica que regula cada un. En canto á composición regulada no apartado 32 da resolución sobre Técnica Normativa, este texto non cumpre todolos requisitos. Se ben a colocación e o emprego de minúsculas, salvo a primeira letra da palabra artigo, son correctas, hai unha grande cantidade de erros que hai que numerar. En primeiro lugar, tras a palabra “artigo” debe ir o cardinal arábigo seguido dun punto e dun espazo e neste texto en tódolos artigos salvo no decimoprimeiro aparece un guión entre eles. O segundo erro é o emprego da negrita. O terceiro erro sería a omisión do emprego da cursiva no título do artigo e o derradeiro erro que se pode observar é a presencia innecesaria do punto e final. Atópanse ao longo do texto artículado un erro xeral no relativo á división dos artigos. Nos artigos que hai unha división por apartados (art. 6, 7, 11, 15 e 20) aparecen guións, os cales non están permitidos. O resto de subdivisións parecen ser acordes á técnica normativa. No referente á parte final, aparece dividida en disposición adicional única, disposición final e disposición derogatoria. Neste caso non respecta a orde prevista na norma, tendo que aparecer a disposición derogatoria antes da disposición final. En canto á nomenclatura das disposicións observase que incurre en varios erros: en primeiro lugar o título das disposición está escrito en negrita; en segundo lugar só debe escribirse con maiúscula a primera letra da disposción e en derradeiro lugar debe ir seguido dun punto e en ningún caso dun guión como ocurre na disposición. Ademáis na disposición adicional única debería incluirse un título como "Desenvolvemento e execución” escrito en cursiva e sen punto ao final. En canto aos anexos hai que dicir que a súa ubicación é a correcta pero a súa nomenclatura non xa que ten que estar centrado e sen negrita. Debería engadir un nome que tería que ir centrado e en negrita que aclarara de que fala o anexo. Falando da enumeración que fai, hai que dicir que é incorrecta xa que debería de facerse con letras minúsculas ordenadas alfabéticamente seguido do paréntesis pechado. No último párrafo poderíase correxir a cita que se fai ao Real Decreto 1277/2003 no que se economiza empregando a expresión “RD”. Polo xeral esta proposición respeta bastante á técnica normativa aínda que ao longo do texto podemos atopar unha serie de erros formais que deberían ser correxidos para darlle unha maior claridade ao texto. No referente á linguaxe, faise un uso coherente e adecuado para comprensión por parte de toda a cidadanía.