Lexisla con Nós

Proposición de lei de modificación da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia

21/03/2018 9:19
Proposición de lei de modificación da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia. (10/PPL-000016)

Documentos relacionados:

Opinións

1 - Escrito por olivico o 15/01/2019 22:44

Maior control da publicidade e do acceso ás salas de xogo. Acotar o número de licenzas e salas xa que son demasiadas. Maior protección para os menores e persoas con ludopatía. En canto aos casinos hai que cambiar a liberalización que se está a producir co persoal que traballa neles. Acotar as funcións da dirección dos casinos, non poden desempeñar funcións que son propias dos traballadores. Aumentar a fiscalización que se fai dos distintos xogos, un xefe de mesa para como máximo dúas bancas de xogo. Non permitir ter mesas abertas no casino sen persoal que as atenda. Acotar as acreditacións da xunta que se dan aos traballadores e que son obrigatorias para un só traballo; non permitir que un traballador deselvolva distntas funcións de diferentes postos de traballo, maquinista, caixeiro, crupier, etc. Obrigar aos empresarios do xogo a respectar as normas reguladas (agora xa no no fan). Aumentar os controis da brigada de xogo ( só se fan xerallmente para cubrir expediente). Hai casinos nos que fai falla un xefe de mesa por regulamento e nin sequera iso teñen. Non cumpren a normativa. Só hai que fiscalizar algún dos existentes para comprobalo. E tamén preguntar cando se fan as leis á parte máis desprotexida, que son os traballadores do sector. A Administración fala cos xefes e donos do sector, porqué no no fai cos empregados. E máis cousas…