No acordo do Consello da Xunta de Galicia de 30 de outubro de 2014 contéñense os criterios e as directrices da técnica normativa. En virtude deste Acordo podemos deducir diversas cuestións que poden resultar de interese na materia.
O primeiro que debemos ter en conta é que o contido das dispoisicións debe ter unha orde lóxica coa que se consiga outorgar claridade ao texto e reducir a dificultade á hora de buscar os preceptos dentro da estrutura de tal texto normativo.
A continuación, o idóneo sería que nunha mesma disposición se regulase un único obxecto, co seu correspondente contido e demais aspectos que poidan ser considerados relevantes acerca del. Con isto evitaríase a dispersión e veríase reducida a dificultade que se plantexa á hora de localizar a normativa aplicable.
Profundizando máis no modo de redactar os textos normativos, como estes van dirixidos á cidadanía, deben cumprir unha serie de requisitos a prol de que todos comprendan o que neles se recolle. Neste sentido, os textos deben estar redactados de xeito claro, sen dar lugar a equívocos; a redacción, ademais, debe ser sinxela e concisa, evitando todo tipo de información irrelevante que poida dar lugar a confusións na cidadanía; empregarase un léxico común, evitando todo tipo de vulgarismos, e recurrindo sempre que sexa preciso a termos técnicos, engadindo as descricións que sexan necesarias para o seu bo entendemento; redactarase de xeito correcto, adecuándose ás normas gramaticais e ortográficas dispostas na RAE; ademais, haberá que priorizar as oracións en sentido postivo fronte ao negativo.
Neste caso analizaremos os criterios que conforman a técnica normativa mencionados con anterioridade en relación co Proxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, de 10 de xullo, de saúde de Galicia.
A estrutura que presente este Proxecto de Lei é a seguinte:
Título. O título está debidamente elexido, xa que expresa á perfección o contido esencial do que será a parte dispositiva, sen entrar a facer ningún adianto do que correspondería á mesma. Ademais disto, esta parte cumpre co requisito ou esixencia de non coincidir con ningún outro título pertencente a outra Lei vixente. Isto é así gracias á inclusión dentro do mesmo do termo “Galicia”, posto que existen outras Leis cuxo título pode coincidir, pero o feito de que se inclúa o lugar no que vai ser de aplicación xa evita todo tipo de confusión.
Exposición de motivos. Esta atópase incluída na parte expositiva e, de acordo cos criterios que se deben seguir, ademais de ter que conter o título “exposición de motivos”, este debe ir centrado no medio da páxina e en letras maiúsculas, tal e como se realizou neste Proxecto. Desta exposición pódese deducir que a competencia sobre materia de sanidade lle corresponde á Comundiade Autónoma de Galicia. Pero non só eso, senón que tamén nos indica a finalidade que xustificou a elaboración desta Proposta, entendendo por tal a promoción e protección da saúde, a prevención da enfermidade, a asistencia sanitaria, a rehabilitación e a reinserción social, e todo isto baixo unha perspectiva de asistencia sanitaria integral. Porén, a visión que se deduce deste texto pódese dicir que está orientada ao traballo para acadar un sistema asistencial co que obter resultados satisfactorios para a cidadanía de Galicia, todo isto a través dos profesionais ao servizo do sistema sanitario e coa axuda dunha organización sanitaria eficiente.
Coa finalidade de avanzar na consecución destes obxectivos, a través desta Lei incorpóranse as modificacións necesarias, que fan referencia, en especial, aos órganos de participación social e ao modelo de organización territorial do Sistema Público de Saúde de Galicia en Áreas, Distritos e Zonas sanitarias. Porén, queda perfectamente clara a intención e o resultado que se busca e é por isto polo que a valoración da exposición de motivos debe ser positiva.
Artigo único. Este Proxecto, ao tratarse dunha modificación dunha Lei, non contén unha relación de artigos, capítulos e títulos ordeados. De todos xeitos, a redacción dos artigos debe ser clara, sen complexidade para lograr que toda a cidadanía comprenda o recollido neles. Porén, as expresións deben ser sinxelas e non excesivamente amplas. Isto, baixo o meu punto de vista, é unha esixencia que se cumpre na redacción dos artigos deste Proxecto. Ademais, estes atópanse numerados con cardinais arábigos dende o 1 até o último que corresponda en cada caso, requisito tamén cumprido.
Por outra banda, os artigos deben conter un título ou epígrafe que indique a materia ou o contido á que se refiren e, nesta Proposta, por exemplo, o artigo 138, ao igual que os que o siguen, recolle como título “Creación da Comisión Interdepartamental en materia de educación e saúde”. Por tanto, esta regra tamén foi cumprida. Ademais, o título non se repite en ningún dos restantes artigos.
Seguidamente na liña inferior ao título, en minúscula, redactarse o contido do artigo sen ser excesivamente longo, tal e como se realiza na Proposta.
Dúas disposicións transitorias. Estas disposicións tratan de regular situacións xurídicas que nacen no marco da lei anterior, pero que deben desplegar os seus efectos baixo a vixencia da nova, polo que tales disposicións precísanse para dar resposta ás situacións incompatibles que poidan xorder polo conflito entre leis.
En definitiva, empréganse estas disposicións para evitar problemas de transitoriedade debido á entrada en vigor da nova Lei. As que se recollen nesta Proposta, que son dúas, están claras, responden á finalidade adecuada e non entran a regular a cuestión empregando fórmulas vagas e imprecisas.
Disposición derrogatoria única. Este tipo de disposicións encárganse de extraer do ordenamento xurídico aquelas leis, decretos ou normas en xeral que poidan entrar en contradición ca Lei da que se trate e sempre e cando teña un rango igual ou inferior. Estas disposicións, de acordo cos criterios a seguir, só poden conter cláusulas de derrogación do dereito vixente, debendo seguir unha orde cronolóxica no tocante ás derrogacións. Ademais deberán ser exhaustivas e incluir unha cláusula en prol da salvagarda daquelo que seguirá vixente. Neste caso concreto, baixo o meu punto de vista, son criterios que se cumpren e teñen en conta na redacción, polo que non sería criticable.
Dúas disposicións derradeiras. Neste tipo de disposicións sóense recoller cuestións relativas ás regras de supletoriedade ou incorporación do dereito comunitario, se se dera o caso; tamén aquelas referentes ás autorizacións e mandatos dirixidos á produción de normas xuridicas e, por último, poderán incorporar asímsmo regras sobre a entrada en vigor da norma, sinalándose preferentemente o día e mes en que se producirá, e sobre a finalización da vixencia da mesma.
Por conseguinte, podemos concluir que estas disposicións cumpren unha serie de funcións, como por exemplo a de sinalar a entrada en vigor da Lei e a posibilidade de ampliar a mesma a través de regulamentos, entre outras.
En resumo, pódese dicir que a norma se atopa redactada de xeito claro, con gran precisión e que está dotada dunha redacción adecuada e accesible para o cidadán medio. É dicir, a redacción resulta clara, sinxela e precisa. Ademais cómpre comentar que nela se respecta a orde normal dos elementos da oración e non só iso, senón que tamén evita o uso dunha linguaxe sexista.