Lexisla con Nós

Proposición de lei, para remitir ao Congreso dos Deputados, de modificación da Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas a favor de quen padeceu persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a Di

03/09/2017 11:46
Proposición de lei, para remitir ao Congreso dos Deputados, de modificación da Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas a favor de quen padeceu persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura  (10/PPLC-000003).

Documentos relacionados:

Opinións

1 - Escrito por María Sandar Cansino o 27/03/2017 15:48

As Proposicións de Lei, segundo o Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 30 de outubro de 2014 polo que se aproban as directrices da técnica normativa, estrutúranse nas seguintes partes con carácter xeral: título da disposición, exposición de motivos, unha parte dispositiva onde se incluirá o articulado, a parte final e os anexos se os ten. O presente texto contén, en primeiro lugar, a remisión á Mesa do Parlamento de Galicia en maiúsculas, centrada na páxina e en negriña, tras iso e no comezo do primeiro parágrafo, que se atopa na súa totalidade escrito en negriña, o nome do Grupo Parlamentario que o presenta, neste caso En Marea, que o fai conforme ó artigo 163 do Regulamento do Parlamento de Galicia e a continuación exponse o título da disposición en maiúsculas, aínda que a fecha e o nome atópanse en minúsculas. O título permite a identificación, interpretación e cita do texto e deberá ser distinto das demais disposicións en vigor iniciándose coa identificación do tipo de disposición. O nome tamén forma parte do título e deberá indicar o obxecto e contido esencial da disposición, neste caso a modificación da Lei 52/2007 pola que se recoñecen e amplían dereitos e se restablecen medidas en favor de quen padeceu persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura, a cal ten o seu reflexo no artigo 24 da Lei de Goberno na súa versión levada a cabo pola Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público. Ó ser unha disposición modificadora podemos observar no título a cláusula de “Proposición de Lei... de modificación da Lei 52/2007...” deixando así claro a súa natureza. Non figura, e tampouco debería figurar no seu título, os artigos ou as partes da disposición que resultan modificados. Tralo título atopámonos cos Antecedentes debido a que trátase dunha disposición modificadora e neles atópanse, ordenados con guións, as dúas disposicións afectadas pola Proposición de Lei. A continuación redáctase a exposición de motivos rubricada en maiúscula e en negriña (ó igual cos antecedentes) facilitando así a súa identificación. Neste caso a rúbrica non se atopa centrada, senón pegada á marxe esquerda. A función da exposición de motivos é describir o contido da disposición, indicando o seu obxecto e finalidade, así como as competencias e habilitacións en cuxo exercicio se dita, que neste caso atópase no título por razón do artigo 163 do Regulamento do Parlamento de Galicia, explicándose así a competencia de forma breve, e na exposición de motivos dicindo que “Por todo o exposto, proponse o acordo do Parlamento de Galicia ao amparo do apartado f) do artigo 10.1 do Estatuto de Autonomía e artigo 87.2 da Constitución, así coma do artigo 163 do Regulamento do Parlamento de Galicia, para a remisión dunha Proposición de Lei dunha Comunidade Autónoma, ao Congreso dos Deputados”. Resúmese nel, de forma sucinta, o contido da disposición co fin de lograr unha mellor comprensión do texto sen entrar no contido normativo. De seguido se atopa a parte dispositiva que consta dun artigo único que inclúe soamente contido normativo sen desexos, intencións, declaracións nin formulacións innecesarias. Ó ser un artigo único rubrícase desta forma obviando os cardinais arábigos e consta dun título que indica o contido ou materia a que se refire. As palabras “Artigo único” atópanse escritas na marxe esquerda da mesma liña có título para a identificación completa da norma modificada trala expresión “De modificación de”. A Proposición de Lei para a transferencia do Pazo de Meirás consta dun Artigo que engade unha disposición adicional (novena) á Lei 52/2007, co obxecto de conquerir o traspaso da propiedade á Xunta de Galicia. Vese, neste caso, como o texto de regulación é o novo texto en que consiste a modificación, separado do texto marco nun parágrafo á parte aínda que non se atopa entre comiñas e con sangrado senón en negriña precedido dun guión e pegada á marxe esquerda, dificultando así a identificación da disposición como un novo texto. Coma neste caso trátase dunha modificación consistente en engadir unha Disposición adicional ó texto orixinal mantense a numeración orixinaria co fin de non alterar o xogo das remisións continuando a numeración da disposición. A norma modificadora non debe conter modificacións múltiples xa que alteran o principio de división material do ordenamento e prexudican o coñecemento e a localización das disposicións modificadas. Como regra xeral, as normas modificadoras utilizarán o estilo de regulación usado neste caso. Por último na Proposición de Lei consta unha Disposición final única que indica cando deberá entrar en vigor sinalando que será ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial do Estado, entrando así en vigor de forma inmediata. Tras a disposición final única consta o día de presentación da Proposición de Lei ante á Mesa do Parlamento e o lugar no cal se presenta coa fórmula “Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017”. Incorpora, a súa vez, a antefirma correspondente a quen vai a firmar, neste caso dixitalmente, de catorce deputados do Grupo Parlamentario En Marea.