Lexisla con Nós

Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a creación do hospital público e único de Pontevedra mediante a ampliación do Hospital Montecelo. 09/PPLI-000014

30/03/2017 14:21
Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a creación do hospital público e único de Pontevedra mediante a ampliación do Hospital Montecelo

Documentos relacionados:

Opinións

1 - Escrito por Yolanda López Peón o 29/03/2017 17:22

Neste comentario, procédese á análise da técnica normativa da “PROPOSICIÓN DE LEI DE INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR PARA A CREACIÓN DO HOSPITAL PÚBLICO E ÚNICO DE PONTEVEDRA MEDIANTE A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL MONTECELO. 09/PPLI-000014” Tal e como esixe calquera ámbito sobre o que se realice un estudo ou análise (e o ámbito xurídico, no que nos movemos, non é unha excepción) compre facer mención, primeiramente, daquelo no que nos sustentamos. Neste caso, a elaboración do presente comentario, e por tanto, do estudo de técnica normativa, seguirá a liña do “Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de outubro de 2014, polo que se aproban as Directrices de técnica normativa”. Tales directrices teñen como obxectivo fundamental lograr un maior grao de achegamento ó principio constitucional de seguridade xurídica mediante a mellora da calidade técnica e lingüística das normas. Feita esta introdución, e delimitada a liña na que traballaremos a continuación, resulta relevante facer fincapé na estrutura que debe seguir (e neste caso segue) calquera disposición. Así, con carácter xeral, a orde a seguir é: 1. Título 2. Índice (de habelo) 3. Parte expositiva (“exposición de motivos” ) 4. Parte dispositiva ( composta por articulado, parte final e, de ser o caso, anexos) Nesta proposición de lei comprobamos que, efectivamente segue o modelo anterior (a excepción do “índice”, do que falaremos máis adiante). Así, esquematicamente, a estrutura resúmese da seguinte maneira: 1. Título 2. Parte expositiva “exposición de motivos” 3. Parte dispositiva (texto articulado formado por dous artigos, disposición adicional, derrogatoria e final) Procédese a expor, dun xeito pormenorizado, cada unha das partes que compoñen esta proposición de lei. A primeira delas é o TÍTULO. Este forma parte do texto e permite a súa identificación, interpretación e cita. Esta disposición leva por título “proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a creación do hospital público e único de Pontevedra mediante a ampliación do Hospital Montecelo”. Se nos detemos na súa lectura, dedúcense dúas partes diferenciadas. A primeira “proposición de lei de iniciativa lexislativa popular” fai referencia á identificación do tipo de disposición. Neste caso, debemos ter presente o artigo 4 da Lei 7/2015 de 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia (LILP). A segunda parte do título “creación do hospital público e único de Pontevedra mediante a ampliación do Hospital Montecelo” fai referencia ó obxecto e contido esencial da norma. Un dos criterios a ter en conta con relación ó titulo é que a redacción debe ser clara e concisa, sen incluír descricións propias da parte dispositiva. Neste caso, o título presenta una extensión ampla e, na miña opinión, pouco concisa; bastaría con unha redacción máis sinxela como “creación hospital público de Pontevedra” ou, simplemente, “ampliación do Hospital Montecelo”. Polo que respecta ó ÍNDICE, este é inexistente na devandita proposición de lei. É, por tanto, un elemento facultativo. Por iso, nos supostos de disposicións nas que a amplitude reine pola súa ausencia ou naqueles que non presenten gran complexidade (como é o caso), o índice é perfectamente prescindible. Seguindo coa orde da estrutura presentada ó inicio, detémonos agora na parte que segue ó título: a PARTE EXPOSITIVA (que se denominará “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS”). A citada expresión “Exposición de motivos” aparece colocada centrada no texto e escrita con letras maiúsculas. A función desta parte expositiva é a de describir o contido da disposición, indicando o seu obxecto e finalidade, os seus antecedentes e as competencias e habilitacións en cuxo exercicio se dita. Non necesariamente terá (e neste caso non é) que ser extensa, por este motivo, tampouco resultou necesaria a súa división en partes e a identificación de cada unha mediante números romanos centrados no texto. En ningún caso a parte expositiva conterá partes do texto articulado, pois estalle vetado todo contido normativo. Trala “Exposición de motivos”, atopamos a seguinte (e última) das partes en que se divide o texto normativo: “PARTE DISPOSITIVA”. Como vimos anteriormente, esta parte confórmana; un texto articulado formado por dous artigos, unha disposición adicional, unha disposición derrogatoria e unha disposición final. Xeralmente a organización da parte expositiva segue a seguinte orde: a) Libros b) Títulos c) Capítulos d) Seccións e) Subseccións. Neste caso, dada a súa escasa amplitude e complexidade, esta organización non se pode levar a cabo. Por iso, limitase unicamente a exposición dos dous artigos cos seus correspondentes subapartados. Neste punto, compre ter presente os criterios básicos de redacción dun artigo, así, un principio básico que non debe esquecerse á ora de redactar é o seguinte: “cada artigo, un tema; cada parágrafo, un enunciado; cada enunciado, unha idea”. Baixo o título “TEXTO ARTICULADO” colocado dun xeito centrado no texto, en maiúsculas e resaltado en negriña, sucédense cada un dos artigos que forman a proposición de lei. O primeiro deles, fai referencia á “ampliación do Hospital de Montecelo, construíndo o Hospital público e único de Pontevedra”. O segundo, refírese ó “Mantemento do uso sanitario do edificio do Hospital Provincial”. Ambos, numerados con cardinais arábigos en orde correlativa. Ademais, cada un dos dous artigos divídese en dous apartados, numerados igualmente con cardinais arábigos. Neste senso, cúmprense as directrices referidas á ordenación e división dos artigos; xa que ningún deles ten una redacción excesivamente extensa nin tampouco superan os catro apartados. A consecución destas previsión facilitan a sinxeleza e comprensión lectora. No que respecta á PARTE FINAL, e última, na que se conteñen as diversas disposicións; destacar que cada unha destas disposicións segue á orde prevista: adicional, derrogatoria e final. Neste punto, é importante subliñar que na elaboración das disposicións desta parte final, teranse en conta os seguintes criterios: o contido derrogatorio prevalece sobre o final e o adicional e o contido final prevalece sobre o adicional. As disposicións adicionais regulan os réximes xurídicos especiais que non poidan regularse no articulado, así como tamén as excepcións, dispensas e reservas á aplicación da norma. Na presente proposición de lei, a disposición adicional prevé a autorización a Xunta de Galicia para ditar as disposicións regulamentarias necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta lei. Pola súa banda, as disposicións derrogatorias conterán unicamente as cláusulas de derrogación do dereito vixente dun xeito expreso e preciso. Así, mediante a previsión dunha cláusula xeral, a disposición derrogatoria da proposición de lei obxecto de análise, entende derrogadas as disposicións anteriores que resulten opostas o contido da presente Lei. Por último, e xa para rematar, atopamos a disposición final. Esta derradeira disposición prevé a entrada en vigor da norma; así, establece que “A presente Lei entrará en vigor ao dia seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia”. Se lemos detidamente, decantámonos da presenza dun erro na redacción, xa que o correcto sería “entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación”. A modo de CONCLUSIÓN, tras todo o exposto anteriormente, sinalar que se cumpren case na súa totalidade as directrices de técnica normativa previstas no “Acordo do 30 de outubro de 2014”. Si ben é certo que ó non tratarse dunha proposición de lei excesivamente complexa ou ampla, respectar cada un dos criterios expostos convértese nunha labor máis sinxela. Ademais, a redacción que presenta é clara e precisa, a cal resulta accesible á comprensión do cidadán medio.

2 - Escrito por Rebeca López Segade o 29/03/2017 12:56

Comentario sobre a técnica normativa empregada na Proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, para a creación do Hospital Público e Único de Pontevedra mediante a ampliación do Hospital de Montecelo. A presente proposición de lei ten como obxeto a creación do hospital público e único de Pontevedra mediante a ampliación do Hospital de Montecelo. As proposicións de leis, con carácter xeral, estrutúranse nas seguintes partes: título da disposición, parte expositiva e parte dispositiva, na cal se inclúen o articulado, a parte final e, de ser o caso, os anexos. A presente proposta consta dun título da disposición, dunha exposición de motivos, e dunha parte dispositiva, composta cun texto articulado formado por dous artigos, unha disposición adiccional, unha derogatoria e unha final. En primer lugar, se ten que iniciar sempre coa identificación do tipo de disposición, e como podemos observar, o presente texto leva por título “Proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, para a creación do Hospital Público e Único de Pontevedra mediante a ampliación do Hospital de Montecelo " o que permite a súa clara identificación. Asimesmo, o título tamén nos permite identificar o tipo de disposición de que se trata e, concretamente, estamos ante unha proposición de lei de iniciativa lexislativa popular. Trala identificación da disposición deberá situarse o nome da mesma, que tamén forma parte do título. O nome indica o obxecto da disposición e o seu contido esencial permitindo facermos unha idea do contido e diferencialo de calquera outra disposición. A sua redacción debe ser clara e concisa, reflectindo con exactitude e precisión a materia regulada e evitando que importantes aspectos que son obxecto de regulación non teñan reflexo nel. Polo que consideramos que esta Proposición de Lei recolle estos requisitos citados, regulados no artigo 24 da Lei do Goberno, na versión dada pola reforma levada a cabo pola Lei 40/2015 de réximen xurídico do sector público, xa que mediante o citado nome procédese a concretar, por medio dunha redacción clara e sinxela do título, o obxecto de regulación da disposición, permitindo o lector identificar perfectamente o tema a tratar. Por outra parte e xa para rematar co estudo do título, o número e a data de publicación, que normalmente complementan este, despois da identificación do tipo de disposición e antes do nome, conviría deixarse en branco o espazo correspondente a data da proposición, cuestión que, neste texto reflíctese “Pontevedra, 28 de xuño de 2016”. Nesta proposición de lei hai que mencionar tamén que nótase a falta dun índice, e a pesar que ao non estaren analizando unha disposición de gran complexidade e amplitude non é conveniente incluír un, consideramos que a súa inclusión sería conveniente para un manexo más rápido e sinxelo da mesma. A continuación pasaremos a analizar a parte expositiva, denominada exposición de motivos, a cal está ben inserida no noso texto, de maneira centrada e escrita con letras maiúsculas. A función desta parte expositiva é describir o contido da disposición, indicando o seu obxecto e finalidade, os seus antecedentes e as competencias e habilitacións en cuxo exercicio se dita, pero non fai mención á incidencia que podida ter na normativa en vigor. Como podemos observar a presente proposición de lei cumpre, sen embargo, consideramos que se fai de forma moi extensa. Outra cuestión a tratar é que non debe confundirse a parte expositiva coa memoria xustificativa que ten que formar parte do expediente de elaboración da norma. Pois mentres que na memoria debe recoller unha análise máis ampla da regulación normativa proxectada, na parte expositiva deberanse destacar os aspectos máis relevantesda tramitación. Nesta proposición creemos que os aspectos mencionados quedan recollidos xa no segundo parágrafo onde exponse a existencia de un gran número de problemas seguido dunha enumeración e explicación dos mesmos, entre os cales, podríamos nombrar, por exemplo “O gran deterioro dos centros de saúde, así como a súa masificación e mal equipamento”. Recollendo xusto despois a motivación esencial da Lei en cuestión, de forma ordeada e localizable en dous parágrafos claramente separados que preceden ao derradeiro, o cal pecha a exposición de motivos cunha mención ao dereito constitucional, a unha sanidade pública universal e de calidade entre outros pilares capitais do asunto obxecto da proposta como empuxes grandiosos e evidentemente suficientes para que a lei se cumpra e se desenvolva o establecido na mesma. A parte expositiva está composta polo texto articulado, a parte final e os anexos, que como observamos esta Proposición de lei non ten. O articulado é a unidade básica de toda disposición normativa e componse neste caso, de dous artigos e cada un deles de dous apartados. No primeiro dos artigos recóllese a ampliación do Hospital de Montecelo, construíndo o Hospital público e único de Pontevedra mentres que no segundo artigo, o mantemento do uso sanitario do edificio do Hospital Provincial. Ambos preceptos redáctanse segundo os criterios básicos de acordo coa técnica normativa, constan dunha linguaxe accesible para o cidadán medio. Empregándose así, unha redacción clara, sinxela e precisa. Centrándonos nos criterios orientadores básicos na redacción dun artigo estes tamén se reflicten no texto pois cada artigo fala dun tema; cada parágrafo, un enunciado; cada enunciado, unha idea. A información dos artigos ordénase de forma lóxica, isto é, a idea central indícase nun primeiro parágrafo seguido dos estritamente necesarios para expresar as especificacións que procedan. Do mesmo modo o artigo constitúe unha unidade de sentido completa, de maneira que para comprendelo non é necesario recorrer ó artigo anterior nin ó posterior. Dótanse de contido normativo, obviando motivacións ou explicacións cuxo lugar axeitado é a parte expositiva da disposición. Tampouco contan desexos, intencións, declaracións nin formulacións innecesarias ou carentes de sentido. Os artigos numéranse con cardinais arábigos, dende o 1 ata o 2 en orde correlativa e serie única, sen alterar nin interromper a numeración en ningún caso. Os artigos levan un título ou epígrafe que indica concisamente o contido ou a materia á que se refiren, así o artigo número 1 trae por título “Ampliación do Hospital público e único de Pontevedra” e o artigo 2, “Mantemento do uso sanitario do edificio do Hospital Provincial”. O contido do artigo ponse na liña inferior ó seu título, en minúscula, salvo a maiúscula inicial e as que procedan ortograficamente, sen grosa, nin subliñado nin cursiva. Outra regra é que os artigos non deben ser excesivamente longos; cada artigo debe conter un precepto, un mandato, unha instrución ou unha regra, ou máis dun/dunha, sempre que respondan a unha mesa unidade temática, como vemos reflectido no texto. Do mesmo modo, non é conveniente que os artigos teñan máis de catro números, xa que o exceso de subdivisións dificulta a comprensión; e como atopamos, nesta proposición de lei, os artigos cumpren esta regra, xa que non constan de más de dos números. Neste punto precisamos sinalar que o apartado 2 do segundo artigo, contén unha enumeración dos servizos sanitarios que se situarán, tras as necesarias obras de adaptación, no edificio do Hospital Provincial. Ditos items teñen un tema en común polo que son da mesma clase. Ademáis debe restrinxirse a utilización de puntos suspensivos mediante a súa substitución por unha cláusula de peche, neste caso, “así como outros de nova creación que sexan precisos para unha atención de calidade” dando cabida ao resto de supostos análogos aos que conforman a enumeración. Entrando na parte final, ésta poderá dividirse nas seguintes clases de disposicións e nesta orde, que se deberá respetar sempre e que esta proposición de lei respeta. Así, podemos observar que dispón de: Unha disposición adicional. Éstas deberán regular: os réximes xurídicos especiais que non poidan situarse no articulado; as excepcións, dispensas e reservas á aplicación da norma o de algún dos seus preceptos cando non sexa posible ou adecuado regular no articulado; os mandatos e autorizacións on dirixidos á producción de normas xurídicas, e finalmente os preceptos residuais. Así, nesta proposición de lei se autoriza a Xunta de Galiza para ditar as disposicións reglamentarias necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta lei, previa consulta coas organizacións sindicais máis representativas no ámbito da sanidade. Unha disposición derrogatoria. Conterán únicamente as cláusulas de derrogación do dereito vixente, que deberán ser precisas e expresas, evitando que sobrevivan no ordenamento xurídico diversas normas co mesmo ámbito de aplicación. Na proposición de lei que nos atinxe indica que fican derrogadas as disposicións anteriores que se opoñan ao disposto na presente lei. Unha disposición derradeira ou final. Inclúe os preceptos que modifican o dereito vixente cando a modificación non sexa obxecto principal da disposición. Sen embargo, nesta proposición de lei establece as regras sobre a antrada en vigor da norma mencionando a presente lei entrará en vigor ao dia seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia cando a fórmula correcta debera ser entrará en vigor o dia seguinte ao da súa publicación.

3 - Escrito por Ángela González Fernández o 20/03/2017 18:19

COMENTARIO SOBRE A TÉCNICA NORMATIVA DA PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, PARA A CREACIÓN DO HOSPITAL PÚBLICO E ÚNICO DE PONTEVEDRA MEDIANTE A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DE MONTECELO (09/PPLI-000014) A presente proposición de lei ten como obxecto a creación do hospital público e único de Pontevedra mediante a ampliación do hospital de Montecelo. En primeiro lugar, temos que atender á estrutura e división da norma. A mesma consta do título da disposición, dunha parte expositiva e dunha dispositiva. O título da disposición aparece coa nomenclatura de “Proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, para a creación do hospital público e único de Pontevedra mediante a ampliación do hospital de Montecelo”. Este componse da identificación da disposición, nome e data de publicación. No caso presente, a identificación da disposición é a de “Proposición de lei por iniciativa lexislativa popular”, sendo o nome o de “para a creación do hospital público e único de Pontevedra mediante a ampliación do hospital de Montecelo” o cal indica o obxecto da disposición, así como o seu contido. A data de publicación non aparece como debería, xa que aínda non foi aprobada polo Pleno. O seguinte elemento que podemos atopar xeralmente nunha norma é o índice, que debe ir despois do título e antes da parte expositiva. A inclusión do mesmo é potestativa, sendo neste caso non necesario a xuízo do lexislador ao tratarse dunha norma que consta de tan só dous artigos. A parte expositiva é o seguinte elemento, que aparece identificada como “Exposición de motivos”. Na mesma descríbese o contido da disposición indicando o obxecto, finalidade, antecedentes, motivación e especial mención á incidencia da nova regulación. Comeza cunha introdución sobre a necesidade de tutela da saúde pública que consagra o artigo 43 da Constitución española que recolle o dereito á protección da saúde, o cal corresponde aos poderes públicos, remitíndose así á competencia que ten a Comunidade Autónoma de Galicia consorte aos artigos 148 e 149 da Constitución. A motivación é a de sufragar os numerosos problemas que se citan exhaustivamente na propia proposición de lei. No que compete a parte expositiva, non segue os criterios habituais que deben recoller as normas, xa que pola súa brevidade non cómpre que se divida en libros, títulos, capítulos, seccións e subseccións. Ambos os dous artigos recollen unha idea plasmada nun enunciado, de forma lóxica e sendo ambas unha unidade de sentido completa. Non emprega expresións de posibilidade nin excesivamente amplas que poidan dar lugar a incerteza ou arbitrariedade na súa aplicación. Os artigos atópanse numerados en cardinais arábigos en orde correlativa e serie única. Como os artigos regulan aspectos que se deben diferenciar con precisión e para introducir especificacións respecto da idea central sobre a que versa o artigo, estes divídense en números, non tendo ningún dos artigos máis de catro números, xa que isto dificultaría a comprensión. Os artigos constan dun título que indica concisamente o contido ou a materia á que se refiren. No relativo a parte final, esta pode constar de disposicións adicionais, transitorias, derrogatorias e derradeiras. Na norma que nos ocupa, contamos cunha disposición adicional, cunha disposición derrogatoria e cunha disposición final. A disposición adicional autoriza á Xunta de Galicia a ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación da norma, contido que, ao meu xuízo, non debería aparecer recollido nunha disposición adicional, senón nunha derradeira. Considero isto así, xa que segundo so criterios de técnica normativa, son as disposicións derradeiras as que deben incluír as autorizacións e mandatos dirixidos á produción de normas xurídicas, tales como habilitacións de desenvolvemento regulamentario , como é o caso, así como tampouco concreta respecto dos desenvolvementos regulamentarios futuros. A disposición derrogatoria expón que quedan derrogadas as disposicións anteriores que contraveñan a presente; é precisa e expresa para evitar que sobrevivan no ordenamento xurídico diversas normas co mesmo ámbito de aplicación, sendo a cláusula xeral de salvagarda a que delimita o comentado. A disposición final indica cando se produce a entrada en vigor da norma, que será logo da súa publicación no DOGA. Porén, estimo un erro, xa que está redactado como “...entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación...”, mentres que debería ser a fórmula correcta a de “entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación”. Un elemento que non aparece son os anexos, pois non é necesaria a súa inclusión. En canto aos criterios lingüísticos xerais que deben seguir as normas, na presente a redacción é clara, sinxela e precisa, utilizando unha linguaxe culta á par que é accesible para o cidadán medio. Os termos empregados non deixan marxe para que se poida dar lugar a confusión, dáse unha coherencia terminolóxica, preséntase unha estrutura gramatical correcta e, todo isto, gardando un decoro lingüístico sen incorrer en redundancias, reiteracións ou vulgarismos. En cumprimento das previsións contidas no Decreto lexislativo 2/2015 en materia de igualdade, utilízase unha linguaxe non sexista, en harmonía co principio de igualdade de sexos, así, utilízanse termos inclusivos tal que “cidadáns e cidadás”.

4 - Escrito por Laura Ferreira da Silva o 07/03/2017 9:48

No presente traballo imos analizar a Proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, para a creación do hospital público e único de Pontevedra mediante a ampliación do hospital de Montecelo (09/PPLI-000014). En primeiro lugar, temos que atender á estrutura e división da norma. A mesma consta do título da disposición, dunha parte expositiva e dunha dispositiva. O título da disposición aparece coa nomenclatura de “Proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, para a creación do hospital público e único de Pontevedra mediante a ampliación do hospital de Montecelo”. Este componse da identificación da disposición, nome e data de publicación. o título forma parte do texto e permite a súa identificación, interpretación e cita. O título iníciase sempre coa identificación do tipo de disposición, que neste caso é “proposición de lei por iniciativa lexislativa popular”. O nome indica o obxecto da disposición e o seu contido esencial, de xeito que permita facerse una idea do seu contido e diferencialo do de calquera outra disposición. A súa redacción debe ser clara e concisa, sen inclusión de descricións propias da parte dispositiva; polo exposto, considero que o nome da presente disposición contén tódolos requisitos xa expresados, e cumpre a súa función de reflectir con exactitude e precisión a materia regulada. A data de publicación non aparece como debería, xa que aínda non foi aprobada polo Pleno. O seguinte elemento que podemos atopar xeralmente nunha norma é o índice, que debe ir despois do título e antes da parte expositiva. A inclusión do mesmo é potestativa, sendo neste caso non necesario a xuízo do lexislador ao tratarse dunha norma que consta de tan só dous artigos. A parte expositiva é o seguinte elemento, que aparece identificada como “Exposición de motivos”. Na mesma descríbese o contido da disposición indicando o obxecto, finalidade, antecedentes, motivación e especial mención á incidencia da nova regulación.Comeza cunha introdución sobre a necesidade de tutela da saúde pública que consagra o artigo 43 da Constitución española que recolle o dereito á protección da saúde, o cal corresponde aos poderes públicos, remitíndose así á competencia que ten a Comunidade Autónoma de Galicia consorte aos artigos 148 e 149 da Constitución.A motivación é a de sufragar os numerosos problemas que se citan exhaustivamente na propia proposición de lei. No que compete a parte expositiva, non segue os criterios habituais que deben recoller as normas, xa que pola súa brevidade non cómpre que se divida en libros, títulos, capítulos, seccións e subseccións. Ambos os dous artigos recollen unha idea plasmada nun enunciado, de forma lóxica e sendo ambas unha unidade de sentido completa. Non emprega expresións de posibilidade nin excesivamente amplas que poidan dar lugar a incerteza ou arbitrariedade na súa aplicación. Os criterios básicos na redacción dun artigo son os seguintes: cada artigo, un tema; cada parágrafo, un enunciado; cada enunciado, una idea. A información dos artigos ordenarase de forma lóxica, isto é, a idea central indicarase nun primeiro parágrafo seguido dos estritamente necesarios para expresar as especificacións que procedan. Debe procurarse que o artigo constitúa unha unidade de sentido completa, de maneira que para comprendelo non sexa necesario recorrer ó artigo anterior nin ó posterior. Deben dotarse os artigos de contido normativo, obviando motivacións ou explicacións cuxo lugar axeitado é a parte expositiva da disposición. Tampouco deben conter desexos, intencións, declaracións nin formulacións innecesarias ou carentes de sentido. Os artigos deben numerarse con cardinais arábigos, dende o 1 ata o que corresponda. Os artigos constan dun título que indica concisamente o contido ou a materia á que se refiren. No relativo a parte final, esta pode constar de disposicións adicionais, transitorias, derrogatorias e derradeiras. Na norma que nos ocupa, contamos cunha disposición adicional, cunha disposición derrogatoria e cunha disposición final. A disposición adicional autoriza á Xunta de Galicia a ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación da norma; aínda que isto debería recollerse nas disposicións derradeiras, xa que son as que deben incluír as autorizacións e mandatos dirixidos á produción de normas xurídicas, tales como habilitacións de desenvolvemento regulamentario. A disposición derrogatoria expón que quedan derrogadas as disposicións anteriores que contraveñan a presente; é precisa e expresa para evitar que sobrevivan no ordenamento xurídico diversas normas co mesmo ámbito de aplicación, sendo a cláusula xeral de salvagarda a que delimita o comentado. A disposición final indica cando se produce a entrada en vigor da norma, que será logo da súa publicación no DOGA. Porén, estimo un erro, xa que está redactado como “...entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación...”, mentres que debería ser a fórmula correcta a de “entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación”. Outro dos elementos cos que pode contar unha disposición son os anexos, pero neste caso non se considerou necesario a súa inclusión. En canto aos criterios lingüísticos xerais que deben seguir as normas, na presente a redacción é clara, sinxela e precisa, utilizando unha linguaxe culta á par que é accesible para o cidadán medio. Os termos empregados non deixan marxe para que se poida dar lugar a confusión, dáse unha coherencia terminolóxica, preséntase unha estrutura gramatical correcta e, todo isto, gardando un decoro lingüístico sen incorrer en redundancias, reiteracións ou vulgarismos. En cumprimento das previsións contidas no Decreto lexislativo 2/2015 en materia de igualdade, utilízase unha linguaxe non sexista e inclusiva, en harmonía co principio de igualdade de sexos, así, utilízanse termos tal que “galegos e galegas”. Tal é como establece o artigo 7 do Decreto lexislativo 2/2015, é preceptiva a realización dun informe de impacto de xénero elaborado polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Neste caso, dito trámite realizouse con éxito, establecendo que non presenta unha repercusión directa na perspectiva de xénero. Por todo isto, debo dicir que esta proposición de lei cumpre tódolos requisitos recollidos no manual de técnica normativa, polo que considero que esta disposición é clara, precisa e composta por un léxico doado para a comprensión dun cidadán galego común.

5 - Escrito por Carlota Ferro López o 02/01/2017 14:15

Opinión sobre a proposición de Lei da inicativa lexislativa popular para a creación do hospital publico e único de Pontevedra. Esta proposición de lei ten que ver coa creación dun único hospital público en Pontevedra, a través da ampliación do hospital de Montecelo. É necesario sinalar antes da de dar comezo ao comentario, que as proposicións de lei estructúranse en tres partes; un título da disposición, una parte expositiva, e una parte dispositivia. Neste caso a proposición de lei ante a cal nos encontramos carece dun índice debido a que non ten a extensión suficiente para que este sexa necesario, o título que a compón permite correctamente a súa identificación polo que enténdese que está debidamente elaborado. Na parte expositiva e onde regularmente encontranse mais problemas, aínda que neste caso todo o redactado na proposición cumpre correctamente coas bases, e por tanto é correcto, debido a que a función desta parte é a de describir os contidos da disposición, indicando o seu obxeto e a súa finalidade. Por último na parte dispositiva encontramonos co articulado. E necesario sinalar que o contido das diposicions deben ter unha orde lóxica cunha correcta claridade para facilitar a súa identificación dentro da estructura do texto normativo. Tendo en conta todo o dito anteriormente pódese dicir que esta proposición de lei cumpre cos requisitos citados. En canto ó articulado,éste poderase dividir en: a) Libros b) Títulos c) Capítulos d) Seccións e) Subseccións, neste caso dividir así a proposición sería tarefa imposible debido a que o seu articulado unicamentre estructurase en dous artigos. Cada artigo trata un tema diferente; o primero garda relación coa ampliación do Hospital de Montecelo, mentres que o segundo sobre o meantemento do Hospital Provincial. Por tanto estamos ante dous artigos os cales se establecen a creación dun novo hospital e a súa vez a ampliación. Os artigos deben seguir un título que indique o contido ou materias as que fan referencia, evitando a súa repetición. Neste punto necesito sinalar que os ítems empregados no segundo artigo deberían estar separados e non por puntos suspensivos pese a que todos eles sexan da mesma clase,e a enumeración teña un tema común e cada un concorde gramaticalmente. Tamén quero sinalar que no artigo primeiro as expresións utilizadas poden dar cabida a algún tipo de dúbida no momento de empregar e interpretar a norma. Posteriormente e para rematar encontramonos coa parte final, a cal dividese en: diposicions adicionais, disposicions transitorias,disposicions derrogatorias e dispoisicoons derradeiras. Nesta propoiscion de lei unicamente nos atopamos ante as adicionais, derrogatorias e final. No momento da redacción destas dispoisicons e necesario seguir una orde lóxica previamente establecida: 1. O contido transitorio ha de prevalacer sobre os demais 2. O contido derrogatorio prevalecerá sobre o final e adicional 3. O contido final prevalecerá sobre o adicional O contido da disposición adicional debería estar inmerso no da dispoisicion final posto que asi queda establecido na norma, a cal dispón que na disposición final deberanse inxerir as autorizacions e mandatos dirixidos a producción de normas xuridias. No referente a disposición derrogatoria, ésta deberá conter una enumeración das normas derogadas pola propia disposición. Polo tanto para rematar diremos que a parte final dunha lei e moi relevante, e neste caso estamos ante una lei a cal e reflexo da urxencia dese momento, no cal entendése que foi ditada debido a calidade pouco coidada que hai na sua redacción.

6 - Escrito por Fátima Barreira Varela o 30/11/2016 13:51

1. OPINION SOBRE A CALIDADE DA PROPOSICION DE LEI Debemos partir do principio de seguridade xurídica regulado no artigo 9.3 da Constitución española, necesario na construcción integral do ordenamento xurídico e relacionado íntimamente co principio de publicidade das normas que se cumpre coa publicación da proposición de lei na web do parlamento de Galicia na que se establece o sistema de participación cidadá a partir da lei 7/2015, do 7 de agosto, que garante no plano lexislativo a participación popular. Resaltar que o principio de publicidade das normas non ten natureza de dereito fundamental. Ademais, o artigo 105 a) da Constitución garante o dereito de audiencia dos cidadáns, directamente ou a través de organizacións e asociacións pero non constitue unha posición de interesados no sentido de partes procedimentais necesarias. En canto o principio de unidade, cabe mencionar a sentenza do Tribunal Constitucional 14/1998, do 22 de xaneiro, que no seu fundamento xurídico 8 pon de manifestó que non existe unha quebra constitucionalmente relevante da seguridade xurídica cando a lei utiliza conceptos indeterminados, en canto non son substituibles por referencias concretas. Situación da proposición de lei a analizar que requerirá a remisión a regulamentacións específicas. Tamén debemos mencionar o principio de autonomía, en este caso, da Comunidade Autónoma de Galicia e o principio de legalidade. Este último principio conforma a xerarquía normativa que no marco constitucional condiciona a actividade lexislativa do Parlamento de Galicia pois, en España, e consecuentemente en Galicia por efecto da construcción de Kelsen e da creación dos tribunais constitucionais a Constitución ten valor directo e inmediatamente condicionante da aplicación das normas e, por suposto, o Dereito Autonómico de Galicia. Así, na calidade das leis os criterios clásicos de aplicación, lex posterior derogat anterior , lex especialis derogat generalis e lex superior derogat inferior quedan desprazados polo principio de que a Constitución rexe antes que todos estes principios técnicos, especialmente, en materia de dereitos fundamentais dos cidadáns. Debemos ter isto en conta a hora de analizar esta proposición de lei que versa sobre o artigo 43 da Constitución que recoñece o dereito a protección da saúde. 2. OPINION SOBRE OS CRITERIOS DE TECNICA NORMATIVA. Criterios de técnica normativa que serán analizados en base ao Acordo do 30 de outubro de 2014 polo que se aproban as directrices de técnica normativa. De acordó co citado Acordo debemos destacar duas cuestions: a primeira, a proposición de lei debe ter un único obxeto para evitar a dispersión normativa e en este caso cumprese sendo o obxeto a creación do Hospital Público e Único de Pontevedra mediante a ampliación do Hospital de Montecelo; a segunda cuentión é a homexeneidade do texto pois cómpre evitar a producción, nun mesmo ámbito, de superposicións e contradiccións. 2.1 CRITERIOS DENDE O PUNTO DE VISTA DO CONTIDO Esta proposición de lei ten o seguinte contido: título da disposición, parte expositiva, parte dispositiva e parte final. Cada parte será analizada a continuación: A) Título da proposición de lei: “PROPOSICION DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, PARA A CREACIÓN DO HOSPITAL PÚBLICO E ÚNICO DE PONTEVEDRA MEDIANTE A AMPLIACION DO HOSPITAL DE MONTECELO” . O título permite a súa identificación, interpretación e cita e é correcto. B) Parte expositiva: nos anteproxectos de lei a parte expositiva denominase exposición de motivos e débese inserir así no texto, colocando a citada expresión centrada no texto e escrita con letras maiusculas. En esta proposición de lei é correcto, ademais, debe describir o contido da disposición indicando o obxeto e finalidade algo que sí cumpre pero de forma extensa e repetitiva algo que será obxeto de analise na parte de criterios lingüisticos xerais na parte final da opinión. C) Parte dispositiva: é o articulado. As disposicións xerais fixan o obxeto e o ámbito de aplicación que deberán figurar nos primeiros artigos da norma que en este caso sí se recolle nos dous únicos artigos da parte dispositiva numerados con cardinais arábigos. Ditos artigos utiliza a expresión “se integrarán (..) así como aqueloutros novos servicios que sexa preciso crear para atender correctamente a poboación das áreas sanitarias de Pontevedra e O Salnés” expresión de posibilidade ou excesivamente ampla que introduce incerteza a hora de interpretar e aplicar a norma en cuestión. D) Parte final: na elaboración das disposicións da parte final de esta Proposición de lei terase en conta que o contido derrogatorio prevalecerá sobre o final e o adicional e, o contido final prevalecerá sobre o adicional. A parte final consta de: 1. Disposición adicional: é correcta. Inclué unha autorización e un mandato a Xunta de Galicia dirixido a producción da proposición de lei. Recordar que deben de utilizarse de forma restrictiva. 2. Disposición derrogatoria: non é correcta, debería recoller unha relación cronóloxica e exhaustiva de todas as disposicións derrogadas e pecharse a lista cunha clausula xeral de salvagarda que delimitá a materia obxeto de derogación e que será do seguinte teor: “ Así mesmo, quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto na presente lei” 3. Disposición final: a fórmula utilizada non e a correcta excepto porque debe de decir: “o día seguinte da súa publicación” e non “ao día seguinte da súa publicación”. 2.2 CRITERIOS LINGUISTICOS XERAIS A linguaxe debe ser clara e precisa, de nivel culto pero accesible. En este punto e motivo de crítica a exposición de motivos por tres motivos: a) É convinte manter unha terminoloxía unitaria ao longo do texto, evitando a utilización de sinónimos e xiros diferentes para expresar unha mesma idea. Así, crea confusión a utilización de forma indistinta ao longo da redacción da exposición de motivos de: Hospital de Montecelo, Hospital do Salnés, Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) e Hospital Provincial. Deben utilizarse os mesmos termos para expresar os mesmos conceptos e non usar termos idénticos para expresar conceptos diferentes co fin de eliminar calquera ambigüidade. b) Debe de evitarse o uso de extranxeirismos cando se dispoña dun equivalente na lingua oficial da comunidade autónoma de Galicia. Así, debería sustituirse o termo confort do parágrafo cuarto da exposición de motivos polo termo comodidade. c) O último erro é a redundancia e reiteración de palabras na formación dunha mesma frase, por exemplo: “ Na asistencia sanitaria pública na Estrutura Organizativa de xestión” e “moitos centros de saude están moi deteriorados”.

7 - Escrito por Guadalupe Domínguez Villacañas o 30/11/2016 13:32

Crítica da técnica lexislativo da “Proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, para a creación do Hospital Público e único de Pontevedra mediante a ampliación do Hospital Montecelo” O traballo que se nos expón consiste na elaboración dun comentario ou opinión acerca da técina normativa dunha iniciativa lexislativa popular e participación cidadá ante o Parlamento de Galicia. Neste caso o contido de esta proposición de lei ten que ver coa creación do hospital público de Pontevedra mediante a ampliación do hospital de Monteceleo. As proposicións de leis estructúranse nas siguientes partes: título da disposición, parte expositiva (que neste caso se denomina “exposicións de motivos”) e parte dispositiva, na cal se inclúen o articulado, a parte final e, de ser o caso, os anexos. A presente proposición de lei estructúrase cunha exposición de motivos; cun texto articulado formado por douos artigos; una disposición adicional, una deorgatoria e una final. Carece de índice porque non estamos ante una disposición de gran complexidade e amplitude, polo que non resulta necesario incluir un. A parte expositiva denomínase “exposición de motivos” e débese inserir así no texto correspondente, colocando a citada expresión centrada no texto e escrita con letras maiúsculas. A función da parte expositiva é a de describir o contido da disposición, indicando o seu obxecto e finalidade, os seus antecedentes e as competencias e habilitacións en cuxo exercicio se dita, pero non fai mención á incidencia que poida ter na normativa en vigor. Además poderíamos criticar que na exposición de motivos non se fai referencia a aspectos tan relevantes como son as consultas efectuadas, principais informes emitidos, audiencia das entidades e sectores afectados, etc. O contido das disposicións debe ter una orden lóxica que outorgue claridade ao texto e facilite a identificación de cada un dos seus preceptos dentro da estructuta do texto normativo. As prescricións deberán de desenvolverse dunha maneira xerárquica e ordenada, sen deixar ocos nin lagoas. En canto ó articulado poderase dividir en: a) Libros b) Títulos c) Capítulos d) Seccións e) Subseccións; neste caso non é necesario e resultaría casi imposible dividirlo desa forma xa que o texto articulado só está formado por dous artigos e cada un deles tamén só ten dous parágrafos. Os artigos non deben de ser excesivamente longos e cada artigo debe conter un precepto, un mandato, una instrucción ou una regra, ou más dun/dunha sempre que respondan a una mesma unidade temática e neste caso respétase iso ordenando a ampliación do Hospital de Montecelo, construíndo o Hospital público e único de Pontevedra e o mantemento do uso sanitario do edificio de Hospital Provincial. Ademais é necesario que os artigos leven un título que indique conscientemente o contido ou a materias á que se refiren. Non pode repetirse o mesmo título ou epígrafe en distintos artigos. Isto tamén é respectado. No parágrafo 2 do artigo 2, a enumeración feita respecta as regras relativas a sú redacción. Todos os ítems son da mesma clase, de maneira que a enumeración ten un tema común. Ademais os ítems non ven sangrados, senón que ten as mesmas marxes que o resto do texto. Cada ítem, asemade, concorda gramaticalmente coa fórmula establecida. Sin embargo, penso que os ítems deberían separarse entre eles cun punto é a parte e ademáis fai ben en non por puntos suspensivos e substituílos pola cláusula de peche “asñi como outros de nova creación que sexan precisos para una atención de calidade” que da cabida ao resto de supostos que entrarían dentro. A parte final da proposición de lei divídese nas seguintes clases de disposiciós e nesta orde: una disposición adicional, una disposición derogatoria e una disposición final. En canto a disposición adicional atopamos un erro de contenido, xa que o contido desta debería de estar incluído na disposición final, tendo en conta as directrices de elaboración dunha norma, que establecen que na disposición final deberanse de incluir as autorizacións e mandatos dirixidos á produción de normas xurídicas. En canto a disposición derogatoria, debería de conter unha enumeración exhaustiva das normas derogadas pola presente disposición. Hai outro erro na disposición final, pois emprégase unha fórmula errónea. Así, deberá de expresarse “entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación” , e non “ao día seguinte da súa publicación”. O final dunha lei é moi importante, pois di moito dela. Así, tendo en conta os erros que presenta a presente disposición na súa parte final podese dicir que se trata dunha norma froito da improvisación e pouco coidada. Este tipo de normas están destinadas á cidadanía, polo que deberán de claras, concisas e precisas, desprovista de equivocos que poidan dar lugar a dúbidas, e dende o meu punto de vista non cumpre con estes requisitos.

8 - Escrito por Margarita Abati García o 30/11/2016 13:30

OPINIÓN SOBRE LA TÉCNICA NORMATIVA EN RELACIÓN CON LA INICIATIVA LEGISLATIVA POPULAR Y PARTICIPACIÓN CIUDADANA PARA LA CREACIÓN DE UN HOSPITAL PÚBLICO Y ÚNICO DE PONTEVEDRA. Para comenzar esta opinión, de acuerdo con las directrices generales sobre técnica normativa, considero que el título es acertado, ya que encontramos los mismos términos que en el texto normativo. Sin embargo, me parece un título excesivamente largo, que se podría sustituir por “Creación de un hospital único en Pontevedra”. Nos encontramos ante una proposición de ley que carece de extensión suficiente para que sea necesaria la presencia de un índice (puesto que consta solamente de dos artículos). La denominación “exposición de motivos” es acertada ya que nos encontramos ante una proposición de ley, está en mayúsculas y centrada como recoge la técnica normativa. Además, indica el objeto y contenido de la disposición, también el techo competencial conforme al cual la proposición de ley se realiza (art. 148, 149 CE y art 33. del Estatuto de la Comunidad Autónoma de Galicia) pero no la incidencia que pueda tener en la normativa en vigor. No encontramos ninguna referencia a ninguna consulta que se haya efectuado para la elaboración de esta proposición, así como tampoco informes ni audiencias de las entidades y sectores afectados. Bajo mi punto de vista, la exposición de motivos es bastante larga por lo que siguiendo las técnicas normativas, debería encontrarse dividida en números romanos centrada en el texto. El texto articulado está formado únicamente por dos preceptos y no encontramos divisiones por títulos ni por capítulos dado su falta de extensión. Las disposiciones generales delimitan el objeto, pero carecen de definiciones o de ámbito de aplicación. Cada artículo trata un tema, el primero la ampliación del Hospital Montecelo, y el segundo el mantenimiento del Hospital Provincial. En el primer artículo, se establece un mandato de creación de un nuevo Hospital de Pontevedra. En este mismo artículo in fine, considero que utiliza una expresión excesivamente abierta como “aqueloutros novos servizos”, lo que puede dar lugar a incerteza a la hora de aplicar e interpretar la norma. Los artículos están correctamente numerados en cardinales arábicos y constan de un título en el que se contiene la materia de que tratan. El artículo segundo número dos contiene una enumeración de ítems que estimo conforme a las directrices ya que son todos de la misma clase y comienzan con mayúscula, sin embargo no se encuentran separados entre ellos con punto y aparte. También creo que contiene una cláusula de cierre para introducir el resto de supuestos análogos. La parte final consta de una disposición adicional, una derogatoria y otra final, conforme al orden establecido en las directrices. En la disposición adicional se contempla una autorización que sería más bien propia de una disposición final, tal y como se recoge en las directrices, ya que nos encontramos ante una autorización o mandato dirigido a la producción de normas jurídicas a favor de la Xunta de Galicia, habilitando a ésta para dictar disposiciones reglamentarias. La disposición derogatoria, a mi juicio es incorrecta ya que no contiene cláusulas de derogación precisas y expresas, tampoco una relación cronológica de las disposiciones derogadas. Únicamente recoge una cláusula general de salvaguarda delimitando la materia objeto de derogación. En la disposición final tampoco se incluyen los preceptos que modifiquen el derecho vigente. Establece reglas sobre entrada en vigor de la norma (sin señalar día, fecha o año). Encuentro que hay un error en la redacción al emplear incorrectamente la fórmula establecida en las directrices: se emplea “ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia” y la fórmula correcta sería “o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia”.

9 - Escrito por Beatriz Álvarez Bouzo o 30/11/2016 13:30

OPINIÓN SOBRE A TÉCNICA NORMATIVA. O traballo que aquí se nos expón consiste na elaboración dun comentario ou opinión acerca da técnica normativa dunha iniciativa lexislativa popular e participación cidadá ante o Parlamento de Galicia; neste caso o traballo abordarase en relación coa iniciativa relativa á creación do hospital público e único de Pontevedra mediante a ampliación do hospital de Montecelo. Podemos definir a técnica normativa ou lexislativa como aquela técnica destinada a constituir un ordenamento xurídico ben estructurado nos seus principios e integrado por normas correctamente formuladas. A técnica normativa céntrase na calidade das normas, calidade que se manifesta no adecuado uso da linguaxe, así como na claridade na expresión da súa condición de norma, contido e vixencia. As proposicións de leis estructúranse nas siguientes partes: título da disposición, parte expositiva (que neste caso se denomina “exposicións de motivos”) e parte dispositiva, na cal se inclúen o articulado, a parte final e, de ser o caso, os anexos. A presente proposición de lei estructúrase cunha exposición de motivos; cun texto articulado formado por dous artigos; unha disposición adicional, unha derrogatoria e unha final. Carece de índice porque non estamos ante una disposición de gran complexidade e amplitude, polo que non resulta necesario incluir un. En canto ao título, é excesivamente longo e podería resumirse poñendo a idea principal e explicar o resto na parte dispositiva. Neste tipo de normas a parte expositiva denomínase “exposición de motivos” como é o caso desta proposición de lei. A citada expresión (exposición de motivos), como neste caso así se fai, deberase colocar de xeito centrado no texto e en letra maiúscula. A función desta parte expositiva é describir o contido da disposición, indicando o seu obxecto e finalidade, os seus antecedentes e as competencias e habilitacións en cuxo exercicio se dita, facendo mención á incidencia que poida ter na normativa en vigor. Tamén resumirá se fose necesario o contido da disposición, co obxecto de lograr unha mellor comprensión do texto, pero nunca deberá de conter partes do texto articulado. Tendo en conta estas directrices podemos dicir que esta proposición de lei cumpre con estes requisitos citados. En canto ó articulado poderase dividir en: a) Libros b) Títulos c) Capítulos d) Seccións e) Subseccións; neste caso non é necesario e resultaría casi imposible dividirlo desa forma xa que o texto articulado só está formado por dous artigos e cada un deles tamén só ten dous parágrafos. No relativo á redacción dos artigos, deberanse de ter en conta unha serie de criterios. Non deben de ser artigos excesivamente longos, non se deben de empregar expresións de posibilidade ou excesivamente amplas, tampouco se poderán utilizar guións, asteriscos nin outro tipo de marcas. Tamén deberán de contar dun título que indique o seu contido ou materias ás que se refiren. Así, non pode repetirse o mesmo título ou epígrafe en distintos artigos. Isto respétase. Así, pouco temos que dicir no caso desta proposición de lei, pois conta con tan so dous artigos, os cales son curtos con poucos apartados, ben estructurados e claros no seu contido. No parágrafo 2, do artigo 2, a enumeración feita respecta as regras relativas a sú redacción. Todos os ítems son da mesma clase, de maneira que a enumeración ten un tema común. Ademais os ítems non ven sangrados, senón que ten as mesmas marxes que o resto do texto. Cada ítem, asemade, concorda gramaticalmente coa fórmula establecida. Sin embargo, penso que os ítems deberían separarse entre eles cun punto é a parte e ademáis fai ben en non por puntos suspensivos e substituílos pola cláusula de peche “asñi como outros de nova creación que sexan precisos para una atención de calidade” que da cabida ao resto de supostos que entrarían dentro. Posteriormente atopámonos coa parte final, que en xeral dividirase en:  Disposicións adicionais  Disposicións transitorias  Disposicións derrogatorias  Disposicións derradeiras Nesta proposición de ley so hay adicionais, derrogatorias e final. Á hora de elaborarar estas dispoicións hai que seguir unha orde establecida que é a seguinte: • O contido transitorio debe prevalecer sobre os demáis. • O contido derrogatorio prevalecerá sobre o final e o adicional. • O contido final prevalecerá sobre o adicional. A disposición adicional da presente proposición de lei establece a autorización á Xunta de Galiza para ditar as disposicións regulamentarias necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta Lei; a disposición derrogatoria determina que serán derrogadas as disposicións anteriores que se opoñan ao disposto na presente Lei; e finalmente, na disposición final establecese o momento no que entrará en vigor. Neste caso, hai un erro na disposición adicional, pois o contido desta debería de estar incluído na disposición final, tendo en conta as directrices de elaboración dunha norma, que establecen que na disposición final deberanse de incluir as autorizacións e mandatos dirixidos á produción de normas xurídicas. En canto a disposición derogatoria, debería de conter unha enumeración exhaustiva das normas derogadas pola presente disposición. Hai outro erro na disposición final, pois emprégase unha fórmula errónea. Así, deberá de expresarse “entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación” , e non “ao día seguinte da súa publicación”. A parte final dunha lei é, polo tanto, moi importante. E isto débese a que o seu final di moito dela. Como di o autor da obra “Cuestións de dereito estatutario de Galicia”, se foi unha norma coidada, a parte final estará ben redactada; pero se pola contra é froito da improvisación e da falta de estudo, probablemente nos atopemos con problemas de redacción. Polo que, tendo en conta os erros atopados na súa parte final, estamos ante unha norma pouco coidada á hora da súa elaboración, deducíndose así que foi froito da improvisación e da falta de estudo. Por estar este tipo de normas destinadas á cidadanía deberán de redactarse nun nivel de linguaxe culto pero ao mesmo accesible para o cidadán medio. Así, deberá de ser unha norma clara, concisa e precisa, desprovista de equívocos, elementos superfluos ou que poida deixar lugar a dúbidas, e dende o meu punto de vista, esta norma non cumpre con estes requisitos.

10 - Escrito por Alba Méndez Losada o 30/11/2016 13:26

Opinión sobre a técnica normativa empregada na Proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, para a creación do Hospital Público e Único de Pontevedra mediante a ampliación do Hospital de Montecelo. Ao igual que un dos cales debera ser criterio principal na redacción das disposicións - do xeral ao particular- tentarei na medida do posible que a miña análise sobre esta proposición de lei camiñe nese mesmo senso. É por isto que primeiro procederase a enumerar as que deberan ser (e efectivamente nesta proposta son) as partes dunha proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para logo entrar a cuestionar a técnica normativa presente en cada unha delas : 1. Título da disposición 2. Parte expositiva 3. Parte dispositiva 4. Parte final 5. Anexos, de ser o caso (e aquí non é o caso) Por canto respecta ao título -Proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, para a creación do Hospital Público e Único de Pontevedra mediante a ampliación do Hospital de Montecelo- sen dúbida figura o punto clave do mesmo, o comezo do título coa identificación do tipo de disposición. Trátase neste caso dunha proposición de lei de iniciativa popular, que como se sabe, conforme ao art.124 do Regulamento do Parlamento de Galicia, debe ser examinada pola Mesa do Parlamento para ver de que cumpran os requisitos legalmente establecidos. Tras a identificación da disposición situarase o nome o cal, formando tamén parte do título, indicará o obxecto da disposición e o seu contido esencial permitindo facermos unha idea do asunto e debendo ser a súa redacción clara e concisa, reflectindo con exactitude e precisión a materia regulada e evitando que importantes aspectos que son obxecto de regulación non teñan reflexo nel. A claridade do nome desta proposta é evidente non podendo, dende o meu punto de vista, subliñar coa mesma forza o seu carácter conciso –quizais como título bastaría creación dun Hospital único e público para Pontevedra matizando xa logo na parte dispositiva que isto se levaría a cabo mediante a ampliación do centro hospitalario de Montecelo- mais sen esquecer e destacar positivamente que no nome da disposición estase a evitar o uso de siglas e abreviaturas (nun tema que si permitiría facelo: por exemplo, co uso de CHOP). Xa para finalizar o estudo do título e sen estar na seguridade de que isto debe ser sempre así, asáltame a dúbida de se no título, despois da identificación do tipo de disposición e antes do nome, conviría deixarse en branco o espazo correspondente a data da proposición, cuestión que, no texto do que dispoño, non aparece. Mencionar tamén que ao non estaren analizando unha disposición de gran complexidade e amplitude non é conveniente incluír un índice, por iso nesta proposta a súa ausencia non merece reproche algún. Falemos agora da parte expositiva denominada exposición de motivos a cal está ben inserida no noso texto, de maneira centrada e escrita con letras maiúsculas. Cuestión de gran relevancia ao meu parecer é que non debe confundirse a parte expositiva coa memoria xustificativa pois mentres que na primeira deberanse destacar os aspectos máis relevantes, a memoria debe recoller unha análise máis ampla da regulación normativa proxectada e neste texto penso que os aspectos máis relevantes si quedan recollidos cando xa no segundo parágrafo exponse sen maiores adornos a existencia de múltiples problemas seguido dunha detallada enumeración e explicación dos mesmos, entre os cales, algúns exemplos serían: - O gran deterioro dos centros de saúde, así como a súa masificación e mal equipamento - A escaseza de recursos persoais nos Servizos de Saúde Mental - A carencia de recursos diagnósticos necesarios nos PAC - A deficitaria situación dos Servizos de Atención as drogodependencias Para posteriormente recoller a motivación esencial da Lei en cuestión e facelo de maneira ordeada e claramente localizable en dous parágrafos ben separados que preceden ao derradeiro, o cal pecha a exposición de motivos coa mención ao dereito constitucional a unha sanidade pública universal e de calidade entre outros pilares capitais do asunto obxecto da proposta como empuxes grandiosos e evidentemente suficientes para que a lei se cumpra e se desenvolva o establecido na mesma. O texto articulado (parte dispositiva) componse de dous artigos e cada un deles de dous apartados. O primeiro refírese á ampliación do Hospital de Montecelo, construíndo o Hospital público e único de Pontevedra mentres que o segundo prevé o mantemento do uso sanitario do edificio do Hospital Provincial. Ambos preceptos redáctanse nun nivel de linguaxe culto pero accesible para o cidadán medio. Emprégase unha redacción clara, sinxela e precisa. Polo que respecta aos criterios orientadores básicos na redacción dun artigo estes tamén se reflicten no texto pois cada artigo fala dun tema e a súa volta, dentro de cada artigo, cada parágrafo entraña un enunciado, debuxando cada enunciado unha idea. Obsérvase tamén como a redacción dos artigos atópase ordenada de forma lóxica e procúrase que o artigo constitúa unha unidade de sentido completa e dotada de contido normativo, que non poderá conter desexos, intencións, declaracións nin formulacións necesarias ou carentes de sentido. Os dous artigos desta lei, como debe ser, enuméranse con cardinais arábigos en orde correlativa e serie única. Non se esqueza que non deben ser excesivamente longos (neste senso, ao mellor sería convinte acortar o apartado primeiro do artigo 1 dividíndoo por exemplo, en dous apartados). Non é conveniente que teñan máis de catro números xa que o exceso de subdivisións dificulta a comprensión e aquí vemos que esta regra tamén se coida. O contido dos artigos está posto na liña inferior aos títulos dos mesmos, en minúscula, salvo a maiúscula inicial e as que procedan ortograficamente, sen grosa, subliñado nin cursiva. Respecto ao apartado 2 do segundo artigo, que contén unha enumeración dos servizos sanitarios que se situarán, tras as necesarias obras de adaptación, no edificio do Hospital Provincial, vese como se recollen as regras típicas dunha enumeración lexislativa como por exemplo que todos os ítems deben ser da mesma clase, ou sexa, que a enumeración debe ter un tema común (servizos sanitarios) ou que debe restrinxirse a utilización de puntos suspensivos mediante a súa substitución por unha cláusula de peche que dea cabida ao resto de supostos análogos aos que conforman a enumeración (neste caso: así como outros de nova creación que sexan precisos para unha atención de calidade.) Para rematar temos a parte final que neste caso, e respectando a orde adecuada, componse de: - unha disposición adicional pola cal se autoriza a Xunta de Galiza para ditar as disposicións reglamentarias necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta lei, previa consulta coas organizacións sindicais máis representativas no ámbito da sanidade. Contén como vemos, unha autorización dirixida a produción de normas. - unha disposición derrogatoria en virtude da cal fican derrogadas as disposicións anteriores que se opoñan ao disposto na presente lei. Establece unha cláusula de derrogación do dereito vixente, sendo precisa e expresa e evitando que sobrevivan no ordenamento xurídico diversas normas co mesmo ámbito de aplicación. Polo tanto esta disposición derrogatoria é una disposición tipo, unha cláusula xeral de salvagarda que delimitará as materias obxeto de derrogación cando esta lei entre en vigor. Quizais o máis correcto sería recoller una relación cronolóxica e exhaustiva de todas as disposicións derrogadas do dereito vixente e pechar coa mesma cláusula de salvagarda. - unha disposición final conforme a cal a presente lei entrará en vigor ao dia seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia cando a fórmula correcta debera ser entrará en vigor o dia seguinte ao da súa publicación.