Lexisla con Nós

Proposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. 09/PPLI-000013

28/11/2016 10:32
Proposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética

Documentos relacionados:

Opinións

1 - Escrito por Gamela o 28/09/2017 21:22

Pasaron xa dous anos e cinco meses dende que esta iniciativa popular chegou ao Parlamento de Galicia. Estamos á porta do terceiro INVERNO e semella que ás súas Señorías este tema non lles afecta en absoluto! Cando o poder lexislativo dá as costas ás necesidades da cidadanía imos camiño da ditadura das maiorías!

2 - Escrito por Gamela o 05/01/2017 18:24

Quixera deixar constancia da escasa sensibilidade que amosan tódolos os parlamentarios ao non ter tramitado xa esta Proposición de Lei de Iniciativa lexislativa popular 09/PPLI-000013, a pesares da URXENCIA que estas medidas teñen para moitas persoas que precisan axuda urxente por atoparse en situación de POBREZA ENERXÉTICA. Considerando que o poder lexislativo ten como prioridade velar pola dignidade e dereitos das persoas o feito de non se ter ocupado aínda da tramitación e resolución efectiva i eficaz desta norma revela unha falta de dedicación preocupante para coas persoas que peor o están a pasar como resultado dunha crise económica da que, evidentemente, non son responsables, senon, por desgracia, sendo os últimos responsables son os primeiros en padecer as consecuencias. Agardo que por fin a Comisión 6ª do Parlamento inicie uns traballos lexislativos que veñen demorando dende o día 16 de novembro pasado, e non volvan pedir máis informes para alongar sine die os trámites dunha MEDIDA URXENTE para a poboación galega que precisa de solucións acaídas á súa situación de pobreza enerxética. Lembro as palabras do Presidente da Xunta de Galicia na súa toma de posesion, na praza do Obradoiro, cando afirmaba que os "países ricos eran os que tiñan AUGA dabondo", e Galicia ten esa auga pero son as Empresas Eléctricas as beneficiarias da nosa riqueza natural e converten en POBRES ás persoas que non poden facer fronte ás súas ansias de acumulación ilimitadas. Lémbrolle ás súas Señorías que teñen, a traveso desta ILP, una posibilidade de restituir ás persoas a riqueza que lle foi roubada polos especuladores que malvenderon a riqueza de Galicia. É de XUSTIZA, e se non o estimaran así, alomenos cheguen a un acordo POR CARIDADE ! A xente non pode seguir agardando unha lei perfecta, a xente de Galicia precisa recuperar unha VIDA DIGNA, lembren as sabias palabras de Gandhi cando afirmaba que "O mundo é suficientemente grande para satisfacer as necesidades de todos, pero sempre será demasiado cativo para manter a AVARICIA dalgúns". Prégolles a publicación desta opinión na sección "Lexisla con Nós" para dar un IMPULSO lexislativo a esta PPLI que leva demasiado tempo agardando unha resolución acertada da Cámara Lexislativa de Galicia.

3 - Escrito por Gamela o 30/12/2016 21:22

Gostaríame deixar constancia da pouca sensibilidade que amosan os parlamentarios ao non ter tramitado aínda esta ILP (na X lexislatura) a pesares de ser de URXENCIA para moitas persoas que precisan axuda por atoparse en situación de POBREZA ENERXÉTICA. Menores e persoas maiores pasarán estes días de inverno sen un mínimo acceso ás condicións de benestar que calquera ser humano debera ter recoñecidas por lei. Especialmente dirixo a miña queixa ao Grupo Parlamentario En Marea, que debera ter máis dilixencia e celo na tramitación desta ILP e na mellora das condicións de vida daquelas persoas que están pagando INXUSTAMENTE os efectos desta mal chamada crise económica.

4 - Escrito por Jesús Atehortua Ruiz o 29/12/2016 14:18

Critica de la técnica legislativa de la Proposición de ley, por la iniciativa legislativa popular, de medidas para garantizar la energía como servicio público y contra la pobreza energética. Esta proposición de ley está estructurada con el título de la disposición, una parte expositiva de los motivos de la proposición y una parte dispositiva en la que se incluye el articulado en este caso comprendido por 3 artículos al igual que se incluye una disposición derogatoria única y una disposición final única en la que se expone su entrada en vigor. Es importante señalar que las proposiciones de ley al ser iniciativas parlamentarias que entran en conocimiento y están a disposición de los ciudadanos interesados están deben tener un título claro y concreto que facilite su comprensión desde un primer momento, en este caso el título es acertado ya que facilita saber el asunto a tratar dentro de la disposición siendo claro y conciso ya que una de las exigencias de la técnica normativa es la manifestación del contenido de la norma a través de un adecuado uso del lenguaje. Mayormente las normas en un sentido formal cuentan con un índice, pero en este caso no es fundamental dada la simplicidad del articulado de la norma en cuestión. En la exposición de motivos de esta propuesta de ley observamos cómo se entra en un primer lugar a exponer los antecedentes sociales y económicos que ayudaran a entender mejor el problema que se expone y sus posibles soluciones, dando a conocer así el punto de vista del partido que lleva a cabo esta propuesta de ley, para así luego entrar a solventar el problema en el articulado que se expone, desde mi punto de vista el problema se aborda de una manera correcta y simple en la que es fácil su identificación. En cuanto al articulado, este podría dividirse en libros, capítulos o secciones pero en este caso no es necesario dado la simplicidad del texto y porque resultaría engorroso e innecesaria su división; este texto está formado por 3 artículos, cada artículo deberá contar con un título que nos introduzca desde un primero momento en la materia que se va a tratar en dicho artículo, los cuales no son excesivamente largos adaptándose este criterio a la técnica normativa al igual que deben ser claros y no utilizar guiones, asteriscos ni otro tipo de símbolos. Todas estas cuestiones se tratan correctamente en la proposición de ley a tratar. Por ultimo nos encontramos con la parte final que se compone de una de una Disposición derogatoria en la que se expone que quedan derogadas cuantas normas de igual o inferior rango se opongan o contradigan lo dispuesto en esta ley, esta cláusula derogatoria es de gran importancia ya que es una cláusula de derogación del derecho vigente evitando de esta manera un posible conflicto entre normas al igual que se impide que sobrevivan diversas normas en el mismo ámbito de aplicación. A continuación se encuentra Disposición final única en la que se establece su entrada en vigor a los veinte días de su publicación en el Diario Oficial de Galicia. Se observa cómo se respeta el orden adecuado en esta parte final.