Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Novas

30/01/2008

O PPdeG CELEBRA QUE O BNG TOME CONCIENCIA DA SUBA DA TARIFA ELÉCTRICA, DESPOIS DE “LAVAR AS MANS” NA COMISIÓN NACIONAL DA ENERXÍA

Santiago, 29 de xaneiro de 2008.- O Grupo Parlamentario Popular celebra que, despois de meses de “brazos cruzados”, o BNG tome consciencia e recoñeza  o impacto da reforma da tarifa eléctrica noctuna sobre a economía das 160.000 familias galegas que, a partir do vindeiro 1 de xullo deberán enfrontar a un incremento dos medios dun 20% no recibo da luz, ao que haberá que sumar gastos adicionais por un mínimo de 500 euros para adecuar as instalacións.
Manuel Ruiz Rivas, portavoz parlamentario do PPdeG, interpreta que as declaracións efectuadas onde desde a formación nacionalista evidencian un recoñecemento da responsabilidade da Consellería de Industria, despois de “lavar as mans” mans na Comisión Nacional da Enerxía, que decidiu a reforma tarifaria sen que os representantes da Xunta adoptasen medida algunha para tratar de paralizar a medida.
De feito, a día de hoxe, a sociedade galega continúa agardando coñecer qué fixo a Xunta no seo da Comisión Nacional da Enerxía en relación coa nova tarifa nocturna. “Sospeitamos que aconteceu o de sempre: a Consellería de Industria mantivo unha postura compracente co Estado e, agora, pasado o tempo, decátase do erro cometido”, afirma Ruiz Rivas.
CONSELLERÍA PREGADA ÁS DIRECTRICES DO ESTADO
O sucedido deixa entrever que a Consellería de Industria ten renunciado ás competencias que ten encomendadas en materia enerxética e se prega por enteiro ás directrices emanadas da Administración Xeral do Estado. Para os populares galegos,a recente dimisión do director xeral do INEGA acredita  a responsabilidade da Consellería de Industria, xestionada polo BNG, no crecemento da factura eléctrica á que van ter que facer fronte os usuarios que tivesen contratada a tarifa nocturna.
Subliña Ruiz Rivas que este  cesamento constitúe un tributo do nacionalismo a Touriño como consecuencia das desavinzas entre os conselleiros de Economía e Industria sobre a política eólica e hidroeléctrica da Xunta de Galicia. Así, mentres a Consellería de Economía está en contra da participación pública no sector eólico que promove Industria, esta rexeita categoricamente o canon hidroeléctrico que pretende implantar o departamento que dirixe Fernández Antonio.
O relevo na dirección do Inega –insiste Ruiz Rivas- prodúcese despois de que Galicia perdese todo o seu protagonismo no sector enerxético, “cando xa non somos líderes en nada, como quedou en de manifesto coa reforma da tarifa nocturna”.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408