Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Novas

24/03/2009

FEIJÓO: “ASUMO O COMPROMISO COMO DEPUTADO ELECTO DE TRABALLAR POR GALICIA CUMPRINDO OS COMPROMISOS ELECTORAIS E TRABALLANDO PARA TODOS”

• “Non hai outro obxectivo que Galicia, ningún outro compromiso que os intereses xerais de Galicia e ningún outro cometido que servir lealmente os intereses xerais gobernando para todos e cumprindo os compromisos electorais”
• O Presidente do PPdeG  indicou que os seus obxectivos son “ser un digno deputado de Galicia e intentar solicitar a Cámara o respaldo para ser elixido Presidente de Galicia”
Santiago, 24 de marzo de 2009.-O presidente do PPdeG e presidente do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Núñez Feijóo, entregou esta mañá no Rexistro do Parlamento de Galicia a documentación necesaria para ser acreditado como deputado electo na nova lexislatura. Feijóo manifestou o seu “orgullo e honor por ser deputado por segunda vez neste Parlamento”  e indicou a seu “compromiso de empezar a traballar xa por Galicia cumprindo os compromisos electorais e traballando para todos”.
O presidente do Grupo Parlamentario Popular resaltou as diferentes circunstancias nas que se produce a súa acreditación xa que “fai catro anos o fixen como deputado para exercer o control constitucional do Goberno, traballar para ser alternativa ao Goberno e cumprir coas miñas tarefas de deputado na oposición”. Agora, indicou Feijóo, “me presento como deputado electo co obxectivo principal de ser un digno deputado de Galicia e de intentar solicitar a Cámara o respaldo necesario para ser elixido Presidente de Galicia”.
“Ás miñas primeiras obrigas como deputado se unen, se obteño a maioría da Cámara, as de presidir o Goberno de Galicia e dende xa asumo o compromiso de traballar por Galicia para cumprir os compromisos electorais e gobernar para todos, esos son os compromisos que caben trasladar no día de hoxe”.
Para Feijóo “non hai outro obxectivo que Galicia, ningún outro compromiso que os intereses xerais de Galicia e ningún outro cometido que servir lealmente os intereses xerais gobernando para todos e cumprindo os compromisos electorais”.

Feijóo afirmou que espera poder traballar para cumprir cos compromisos adquiridos e reiterou “o meu único obxectivo é cumprir os compromisos electorais e gobernar para todos, xa que en un momento de extraordiaria dificultade como a que estamos a vivir, e un exercicio de responsabildad para calquera que quera presidir Galicia”.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408