Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Novas

O PPdeG RECOMENDA AO CONSELLEIRO DE INDUSTRIA QUE LLE DEDIQUE MÁIS AO DESPACHO SE PRETENDE FACER REALIDADE ALGÚN DOS SEUS ANUNCIOS

• Dos 24,4 millóns de euros que Innovación e Industria non foi capaz de gastar o ano pasado, 4,5 corresponden ao Plan Galego de I+D; 4,5 aos programas de apoio á modernización empresarial e mellora da competitividade e 4,4 á ordenación, promoción e fomento do Turismo

• Bernardo Tahoces pregunta a Touriño como pretende acadar o obxectivo de dedicar o 1,5% do PIB a I+D, cando o seu conselleiro deixou de executar unha achega de 4,5 millóns de euros dedicado a esa área

Ler a nova completa | 30/04/2007

CASTELAO BRAGAÑA ADVIRTE QUE O BNG PRETENDE LIMITAR OS DEREITOS DOS EMIGRANTES PORQUE NON VOTAN Á FORMACIÓN NACIONALISTA

• Aconsella aos nacionalistas que deixen de criminalizar aos emigrantes e que vixíen o uso irregular que o PSOE está facendo das institucións do Estado para captar votos

Ler a nova completa | 30/04/2007

A XUNTA ALIMENTOU FALSAS ESPECTATIVAS COA LEI DE DEPENDENCIA PERO AGORA CARECE DE RECURSOS ECONÓMICOS PARA GARANTIR AS PRESTACIÓNS ANUNCIADAS

• O PPdeG reclama unha postura conxunta de Touriño e Quintana ante o Goberno central para asegurar que os dependentes galegos terán os mesmos dereitos ca os do resto de España e evitar que este asunto se convirta nun elemento de confrontación electoral

• As emendas formuladas polo PP no trámite parlamentario da Lei buscaban un financiamento estable e suficiente, que tivera en conta a dispersión poboacional que, como en Galicia, encarece a prestación dos servizos

Ler a nova completa | 30/04/2007

O PPdeG CONSIDERA “SOSPEITOSO” QUE TÁBOAS E CARIDE, QUE LEVAN DOUS ANOS ENFRONTADAS, COMPAREZAN EN “AMOR E COMPAÑÍA” PARA PRESENTAR UNHA NOVA LEI DE VIVENDA E SOLO

• A medida anunciada hoxe poderíase ter  incluído na lei do litoral, pero PSOE e BNG rexeitaron o debate sosegado sobre urbanismo que solicitaba o PPdeG, e optaron por gobernar a base de impulsos e dispersar a normativa para confundir ao sector

• A voceira de Urbanismo do PPdeG afirma que o bipartito é consciente dos prexuízos que vai provocar a Lei do litoral e, por iso, presentaron hoxe un novo proxecto lexislativo para  tentar corrixir eses efectos lesivos

• A Xunta teme o crecente descontento social derivado do incremento constante do prezo da vivenda e o encarecemento das hipotecas

Ler a nova completa | 30/04/2007

O PP GANARÁ AS ELECCIÓNS PARA GOBERNAR A TODOS E NON PARA DERROTAR A NINGÚEN

NÚÑEZ FEIJÓO PROPUXO AOS CANDIDATOS QUE EMPREGUEN ARGUMENTOS, RAZÓNS E PRINCIPIOS
O PPdeG celebra o acto homenaxe á Galicia anónima que son os protagonistas da primeira modernización do país e que fai da súa terra, do seu concello, do seu país e desta parte de España, un verdadeiro lugar para vivir e convivir. Os eixes do noso programa.
Menos impostos, mais emprego, atención persoal e transparencia
Educación trilingüe. Futuro para os galegos
Non racharemos unha páxina do programa electoral

Ler a nova completa | 30/04/2007

A XUNTA DESENTÉNDESE DA SÚA PROPIA PROPOSTA DE XORNADA REDUCIDA POR TEMOR AO DESGASTE ELECTORAL

López Besteiro interpreta que o acordo anunciado pola Consellería de Educación revela unha marcha atrás nos postulados da Xunta, que trata de evitar así os conflitos que provocará a xornada continua en xuño e setembro

Ler a nova completa | 30/04/2007

OS ALCALDABLES SOCIALISTAS DE BAIONA E DE RIBEIRA DE PIQUÍN TAMÉN SON PROMOTORES

• O feito de que o PSdeG defenda que os promotores non sexan nunca candidatos ás alcaldías, e logo non paren de saír casos de candidatos socialistas-promotores, só pode significar dúas cousas: que non coñecen aos seus candidatos ou que intentan enganar a todos os galegos’

• Os populares galegos pregúntanse se para os socialistas non valen os alcaldes promotores pero si os tenentes de alcalde – promotores e os concelleiros – promotores

• Insto ao goberno socialista a que deixe de intoxicar, lexisle e presente unha proposta sobre a lei de incompatibilidades porque están incurrindo na dobre inmoralidade xa que critica cando se fala do PP, pero o permiten e ocultan cando falan do PSOE.

Ler a nova completa | 30/04/2007

O PPdeG TRASLADA AO PARLAMENTO O ESTANCAMENTO DAS XESTIÓNS PARA CONSTRUIR UNHA NOVA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE EN VILAGARCÍA

• Máis de un ano despois da primeira reunión entre Javier Gago e Anxo Quintana, ningún dos compromisos adquiridos para mellorar a situación da residencia de maiores Divina Pastora foi materializado

• Nos próximos días, a deputada popular formulará  tamén no Parlamento unha proposición non de lei para demandar da Xunta que dote a Vilagarcía dos servizos necesarios  para facer efectiva a lei da Dependencia

Ler a nova completa | 27/04/2007

NÚÑEZ FEIJÓO AFIRMA QUE A XUNTA LEXISLA E OS CONCELLOS PAGAN

Concellos sen compensación económica
• Establecía que se crearía un Fondo de Compensación Interterritorial destinado aos concellos máis desfavorecidos. Non se fixo nada.

• Prevíase pactar unhas bases comúns para regular as subvencións aos municipios que ainda non se levou adiante

• Mentras se comprometieron a financiar a totalidade dos GRUMIR no ano 2008, a proposta de Medio Rural supón só financiar a metade

• A aprobación de novas normas supoñía que a Xunta compensaría aos concellos pero a Lei de Emerxencias e de policía local son máis gastos para os concellos que non terán compensación

O nulo autogoberno para os concellos
• O mellor exemplo do ninguneo e desprezo da CPTOPT cara aos concellos é a Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Litoral, que nin siquera foi sometida ao Comité de Cooperación Local

• Todas as actuacións de decisión tomadas pola Consellería en materia de enerxía eólica realizáronse á marxe dos concellos e case sempre contra a súa propia vontade.

Ler a nova completa | 27/04/2007

A MINISTRA DE FOMENTO TEN QUE EXPLICAR O RETRASO DAS OBRAS DO AVE E A CONSELLEIRA DE POLÍTICA TERRITORIAL O CONVENIO ENTRE A XUNTA E RENFE SOBRE A SUPRESIÓN DOS PASOS A NIVEL

• O grupo popular solicita a comparecencia urxente da conselleira de Política Territorial para que explique o retraso da supresión dos pasos a nivel en Galicia

• Os populares esixirán á ministra que explique no Congreso se ten previsto acometer algunha actuación para evitar que se volvan repetir accidentes deste tipo

Ler a nova completa | 27/04/2007

A ESPERA PARA OS MÉDICOS DE CABECEIRA, ESPECIALISTAS E INTERVENCIÓNS CIRÚRXICAS MANTÉN COLAPSADA A ASISTENCIA SANITARIA EN VIGO, MENTRES A XUNTA ANULA OS PROXECTOS DE CONSTRUCIÓN DE NOVOS CENTROS DE SAÚDE

NENOS VIGUESES TEÑEN QUE ESPERAR ATA 15 DÍAS PARA CONSEGUIR CITA CO SEU PEDIATRA

• O PPdeG reta ao presidente da Xunta a que faga públicos os datos completos das lista de espera de Vigo, incluídos os pacientes que figuran na lista non estrutural que non divulga

• Miguel Santalices recorda que o bipartito non puxo en marcha ningún servizo novo en Vigo nestes dous anos e que os 5 centros de saúde que deixara proxectados o anterior Goberno do PP continúan anulados mentres se agrava o deterioro asistencial

Ler a nova completa | 27/04/2007

ALEJANDRO GOMEZ ALONSO CONSIDERA QUE “CARROÑERO” É QUE OCURRAN ESTE TIPO DE ACCIDENTES POR “DESIDIA”

• Exíselle que deixe de insultar e que se adique a exisir aos seus compañeiros de partido que fagan os deberes

• O PPdeG recorda que o alcalde de Valga está a espera, dende o ano 2005, da firma dun convenio co Ministerio de Fomento para a supresión dos pasos a nivel de Valga, que son os máis peligrosos no traxecto entre Vilagarcía e Padrón

• “Os socialistas tenos acostumados a lanzar balóns fora –engadiu-, culpar ao Partido Popular de Galicia de todo o que ocorre e non asumir xamais responsabilidades pero os galegos cada día están máis decepcionados cos socialistas e cada día os creen menos”.

Ler a nova completa | 27/04/2007

TOURIÑO CARECE DE AUTORIDADE MORAL PARA REGULAR O USO DO LITORAL DESPOIS DE TER VERANEADO NUNHA ATALAIA PRIVILEXIADA SOBRE O MAR

       Ruiz Rivas exhibiu unha fotografía da casa, situada sobre as rochas, a carón do mar,  na que Touriño pasou o mes de agosto mentres Galicia ardía polos catro costados

 

·        A lei de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral paralizará a actividade urbanística entre 6 e 10 anos nos 87 concellos costeiros de Galicia e lesionará gravemente as arcas municipais, o que porá en perigo a continuidade da prestación de servizos básicos

Ler a nova completa | 26/04/2007

A SENTENZA DO TSXG QUE ANULA O CONVENIO DO PERSOAL DE INCENDIOS CONDENA A POLÍTICA DE PERSOAL DO BIPARTITO, CARACTERIZADA POLAS AMEAZAS E A CHANTAXE AOS TRABALLADORES

• Roberto Castro responsabiliza da sentenza ao conselleiro, por aplicar unha política clientelar e privatizadora, que xestiona mellor ca extinción dos incendios

Ler a nova completa | 26/04/2007

O PPDEG PIDE A COMPARECENCIA URXENTE DA MINISTRA DE FOMENTO PARA QUE EXPLIQUE O OCORRIDO NO ACCIDENTE FERROVIARIO DE VALGA

O deputado nacional do PPdeG e vocal da Comisión de Fomento do Congreso, Celso Delgado solicitou hoxe, en nome do Grupo Popular no Congreso, a comparecencia urxente da Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, ante a Comisión de Fomento, para que informe das causas do accidente ferroviario ocorrido hoxe no municipio pontevedrés de Valga, no que faleceron tres persoas.

Ler a nova completa | 26/04/2007

O PPdeG DENUNCIA NO PARLAMENTO A COMPLICIDADE DA XUNTA E O GOBERNO CENTRAL PARA PRIVAR A VIGO DE REXISTRO MERCANTIL

·        Os populares alertan da “aldraxe” á que Xunta e Goberno central someten a Vigo polo único feito de ter unha alcaldesa do PPdeG

 

·        Vigo e a súa área metropolitana suman o 53,59% da poboación e o 62% das empresas da provincia de Pontevedra, feito que por sí só xa xustifica a inmediata creación dun xulgado mercantil na cidade

 

·        PSOE e BNG tentan rebaixar as aspiracións de Vigo e Ferrol cunha emenda na que plantexan a creación dunha oficina delegada, en lugar de un  auténtico Rexistro Mercantil

Ler a nova completa | 26/04/2007

GALICIA PERDE 172 MILLÓNS DE EUROS NO REPARTO DO NOVO FONDO EUROPEO DA PESCA

• O voceiro de Pesca do Grupo Popular denuncia que Carmen Gallego e o seu equipo  deixaron sen executar 8,8 millóns de euros de fondos propios dos orzamento de 2006 e 30 millóns de euros do IFOP destinados promover a acuicultura en Galicia

• Balseiro pide a Garmen Gallego que explique aos sectores en crise que na Consellería de Pesca “tiñan recursos, pero que non souberon como gastalos, mentres mariscadores e mariñeiros se teñen que enfrontar, case en solitario, á grave crise que atravesa a súa actividade”

Ler a nova completa | 25/04/2007

A DOBRE MORAL DO PSOE PERMITE QUE CALDERA PIDA O VOTO EN BOS AIRES E BLANCO DIGA QUE OS EMIGRANTES NON DEBERÍAN VOTAR NAS MUNICIPAIS E AUTONÓMICAS

• Castelao Bragaña apela á responsabilidade Touriño para aclarar de xeito urxente esta situación e velar por que se garantan os dereitos de todos os galegos.

• ‘Ningún español pode ver restrinxidos os seus dereitos, esté onde esté’

Ler a nova completa | 25/04/2007

O PPdeG ADVIRTE QUE O NOVO DECRETO DE HABITABILIDADE PODE PROVOCAR UNHA SEGUNDA PARALIZACIÓN URBANÍSTICA, AO CONDICIONAR TODOS OS PXOM EN VIGOR

• Os populares saúdan as visitas de ministros a Galicia, aínda que sexa en campaña electoral, pero tamén esixen que os anuncios se materialicen porque, ata o de agora, se limitaron a comprometer “vivendas de papel” e buscar fotos fáciles

• Os prezos da vivenda presentan nunha tendencia cara a contención no conxunto de España, pero en Galicia seguirán medrando mentres a Administración autonómica non tome cartas no asunto

Ler a nova completa | 25/04/2007

LÓPEZ-CHAVES ACUSA A TOURIÑO DE SER CÓMPLICE DAS IRREGULARIDADES DA CONSELLERÍA DE CULTURA POR AMPARAR QUE ÁNXELA BUGALLO OCULTE DATOS AO PARLAMENTO

• O PPdeG acusa a Pérez Touriño de vulnerar a súa propia Lei de Transparencia, que o obriga a “poñer en coñecemento dos órganos correspondentes calquera actuación irregular da cal teñan coñecemento”

• “Non pode ter vostede coñecemento das incompatibilidades da directora do Centro Dramático Galego e do sobresoldo dos secretario xeral da Consellería e non facer nada”, afirmou López-Chaves dirixíndose a Touriño

Ler a nova completa | 25/04/2007

NÚÑEZ FEIJÓO AFIRMA QUE EN SO DOUS ANOS TOURIÑO ACUMULA MÁIS CONFLICTOS LABORAIS QUE NOS DEZ ANTERIORES

.Segundo despréndese dos orzamentos da Xunta de Galicia, en dous anos incrementaron nun 30% o gasto en persoal “a dedo”, tendo máis asesores e cobrando máis cos gobernos anteriores
• No Parlamento solicitouse información sobre a carga policial contra os traballadores da Xunta, porque se di que foi directamente o Presidente da Xunta.

Do non ao “chiringuito” a crear 10
• A pesares de criticar durante anos os entes públicos, que chegou a chamar “chiringuitos, en dous anos eliminou unha e creou dez

Selección de persoal. Sen presencia sindical e abusando da entrevista persoal
• Abuso da entrevista persoal e sen presencia sindical nos tribunais.

• Na Empresa Pública Servicios Agrarios Galegos, en 15 días foron convocadas 883 prazas sen anuncio no DOG.

Conflicto tras conflicto
• Os datos demostran que non hai un colectivo de persoal que non se manifestara contra a política de Touriño.

• Un feito sen precedentes foi a carga policial con feridos dentro das instalacións do goberno da Xunta

Ler a nova completa | 25/04/2007

NÚÑEZ FEIJÓO PROPÓN UN SEGURO SANITARIO PARA QUE OS ENFERMOS NON AGARDEN MÁIS DE 45 DÍAS EN SOMETERSE A UNHA PROBA DIAGNÓSTICA E UNHA PRIMEIRA CONSULTA

• A lista de espera non é real. Na actualidade existen 14.000 persoas máis sen diagnosticar que poderían estar en lista de espera pero ten retraso no diagnóstico

• Os populares galegos animan á Xunta adoptar un abano de medidas para superar as listas de espera, o colapso das urxencias e o retraso en consultas e exploracións

• O incremento das listas de espera, con demoras de máis de un ano para probas e consultas, fai que moitos enfermos acaben acudindo aos servizos de urxencia dos hospitais, o que colapsa aínda máis eses dispositivos

• A Consellería de Sanidade quedou sen argumentos fronte á sucesión de irregularidades que se están a rexistrar, a última delas protagonizada pola xerente de Ferrol, que desvía pacientes a un hospital privado dirixido por un ex-alto cargo do departamento

Ler a nova completa | 24/04/2007

O BIPARTITO ELUDE AS SÚAS OBRIGAS E TRANSFIRE A RESPONSABILIDADE DAS EMERXENCIAS A CONCELLOS E DEPUTACIÓNS SEN OUTORGARLLES RESPALDO ECONÓMICO

• O PPdeG denuncia que a lei atenta contra o Pacto Local e suscitou o rexeitamento unánime dos diferentes axentes que operan no ámbito que pretende regular

Ler a nova completa | 24/04/2007

UN CAPRICHO PERSOAL DE TOURIÑO, QUE DEFENDE OS INTERESES DUN AMIGO, PON EN RISCO A CONTINUIDADE DA MINA DE SERRABAL DA QUE DEPENDEN 600 EMPREGOS DIRECTOS

O presidente da Xunta négase a reclamar de Fomento a aprobación dun trazado alternativo ao actual do AVE Santiago-Ourense, para evitar desairar a unha plataforma veciñal vinculada ao PSOE galego e dirixida por un profesor universitario co que compartiu militancia comunista

Ler a nova completa | 18/04/2007

O PSOE ASESTA UN NOVO GOLPE Á CALIDADE DO ENSINO COA PROPOSTA DE CONTIDOS DO BACHARELATO, QUE REDUCIRÁ AÍNDA MÁIS A FORMACIÓN INTEGRAL DOS MOZOS

López Besteiro considera que a proposta do PSOE só busca reducir as estatísticas de repetidores e facer un guiño aos mozos que votarán por vez primeira nas municipais

Ler a nova completa | 18/04/2007

RUIZ RIVAS LAMENTA QUE A NOIA “CAEULLE ENCIMA UN SAN BENITO” POLO RETRASO CO QUE O BIPARTITO ACOMETE A MELLORA DAS SÚAS COMUNICACIÓNS POR ESTRADA

O director xeral de Obras Públicas reiterou na Comisión de Obras Públicas do Parlamento a negativa da Xunta a reunirse coa veciños afectados pola variante interior de Noia ata o próximo verán, unha vez estea decidido o trazado definitivo

Ler a nova completa | 18/04/2007

O PPdeG RECLAMA COMEDORES ESCOLARES EN TODOS OS COLEXIOS DAS CIDADES E MONITORES NO HORARIO EXTRAESCOLAR PARA AVANZAR NA CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

López Besteiro denuncia que malia as promesas da conselleira de  universalizar os comedores escolares, Educación exclúe destas axudas ás familias dos 80.000 nenos escolarizados en centros concertados e segue en materializar o compromiso de manter abertos todos os  centros 11 meses ao ano, 7 días á semana e 12 horas diarias

Ler a nova completa | 17/04/2007

O PPdeG RECORDA QUE MANUEL FRAGA NUNCA OCULTOU A SÚA CASA DE PERBES MENTRES TOURIÑO TRATA DE AGOCHAR QUE VERANEOU EN PRIMEIRA LIÑA DE COSTA

Alfonso Rueda insiste en reclamar coherencia a un Goberno que  trata de paralizar toda actividade no litoral, cando o seu propio presidente disfruta dun privilexio que quere limitar para os restantes cidadáns

Ler a nova completa | 16/04/2007

O PPdeG DESVELA QUE TOURIÑO VERANEOU NUNHA CASA SITUADA ENCIMA DAS ROCHAS, A MOITO MENOS DE 25 METROS DO BORDE LITORAL

Insta ao PSOE a asumir a realidade e abandonar a incoherencia de propostas nas que nin eles mesmos creen, como acredita o crecente cuestionemento do que son obxecto as medidas da conselleira becaria

Ler a nova completa | 16/04/2007

PESCA CRÚZASE DE BRAZOS ANTE OS PROBLEMAS PROVOCADOS POLAS ZONAS C DE MARISQUEO E CULPA AOS CONCELLOS DUN ASUNTO QUE LEVA DOUS ANOS SEN QUERER RESOLVER

O PPdeG insiste en que a prohibición de mariscar podería suprimirse se a Consellería abandona a súa cerrazón e completa a negociación, con Madrid e con Bruxelas, para establecer en Galicia as excepcións ou moratorias contempladas polo propio regulamento comunitario

Ler a nova completa | 13/04/2007

O PPdeG ESIXE A TOURIÑO QUE DEIXE DE ANUNCIAR PROXECTOS VIRTUAIS E AXILICE A CONSTRUCIÓN DA AUTOVÍA VIGO-PONTEVEDRA, QUE QUERE APARCAR

Advirte que os afectados pola saturación de Rande non lle perdoarán unha nova tomadura de pelo e adianta que, nos próximos días, Touriño e Caballero, presentarán unha maqueta virtual coa que tratar de desvincularse do compromiso de execución da autovía

Ler a nova completa | 13/04/2007

A XUNTA, CON COMPETENCIAS EXCLUSIVAS PARA A INSPECCIÓN DE INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS, SEGUE AUSENTE TRALA EXPLOSIÓN REXISTRADA NA REFINERÍA DA CORUÑA

O Grupo Popular rexistra unha iniciativa para reclamar explicacións sobre o sucedido e interesarse polas inspeccións rexistradas nesa factoría

Ler a nova completa | 13/04/2007

O PPdeG ESIXE Á XUNTA QUE REMATE CO FAVORITISMO NA DERIVACIÓN DE PACIENTES A CENTROS SANITARIOS PRIVADOS

Denuncia que a xerente da Área Sanitaria de Ferrol deriva pacientes, persoalmente, a un centro privado no que traballa un ex-alto cargo da Consellería de Sanidade do bipartito

Ler a nova completa | 13/04/2007

O PPdeG PIDE QUE PRESIDENTE, VICEPRESIDENTE, CONSELLEIROS, PRESIDENTES DE DEPUTACIÓN E ALCALDES NON USEN FONDOS PÚBLICOS PARA PAGAR AS VIAXES AO

Castelao Bragaña pregunta a Touriño qué fixo para mellorar os mecanismos e garantías do voto emigrante nos dous anos transcorridos desde que asumiu a Presidencia da Xunta

Ler a nova completa | 11/04/2007

NÚÑEZ FEIJÓO PROPÓN A TOURIÑO A CELEBRACIÓN DUN DEBATE SOBRE URBANISMO NA TVG, SEN TRAMPA NIN CARTÓN

O lider dos populares galegos afirmou que o PSOE e o BNG seleccionaron a empresa redactora e o xerente de urbanismo e traballaron catro anos no Plan, o PP continuou coa mesma empresa e o mesmo equipo redactor e traballou dous anos

Ler a nova completa | 11/04/2007

PILAR ROJO DENUNCIA UN PACTO ENTRE TOURIÑO E O ALCALDE DE FOZ PARA NON SANCIONAR AS IRREGULARIDADES URBANÍSTICAS A CAMBIO DE QUE O REXEDOR SIGA NO PSOE

O PPdeG denuncia que Foz se converteu no prototipo da marbellización de Galicia, cun alcalde socialista que convalida licencias ilegais que a Xunta lle ordenou anular e se autoutorga licencias

Ler a nova completa | 11/04/2007

O PPdeG PROPÓN Á XUNTA QUE SUPRIMA O USO DE MÓBILES NAS AULAS PARA MELLORAR O RENDEMENTO ESCOLAR E REDUCIR A CONFLITIVIDADE

Manuela López Besteiro desvela que nos dous anos de Goberno bipartito  se disparou a temporalidade do persoal docente, que pasou do 9% ao 14%

Ler a nova completa | 10/04/2007

O 38% DOS CONCELLOS GALEGOS GOBERNADOS POLO PSOE E O 35% DOS DO BNG NON CUMPRIRON AS SÚAS OBRIGAS CO CONSELLO DE CONTAS

O voceiro de Economía do Grupo Popular desvela que os concellos do PPdeG son os máis cumpridores co órgano fiscalizador, ao someterse ao seu control o 70% deles

Ler a nova completa | 10/04/2007

A XUNTA APOSTA POR UN MODELO POLICIAL CADUCO QUE CREARÁ PROBLEMAS NOS CONCELLOS QUE TEÑEN POLICÍA LOCAL

O Grupo Popular rexeita o proxecto de Lei de policías locais e avoga por unha única norma que coordine todos os corpos de seguridade que operan en Galicia

Ler a nova completa | 10/04/2007

A XUNTA NEGOUSE A XESTIONAR EXENCIÓNS PARA AS ZONAS C GALEGAS, MENTRES 12 PAÍSES NON COMUNITARIOS COMERCIALIZAN MARISCO NA UE ACOLLÉNDOSE Á ESA VÍA

O voceiro de Pesca do Grupo Popular reclama que a Consellería do ramo estenda a todos os mariscadores afectados pola clasificación como zonas c as mesmas axudas económicas e o plan de emprego habilitados para as confrarías de Ferrol, Barallobre e O Burgo

Ler a nova completa | 10/04/2007

O PPdeG RECLAMA Á XUNTA QUE INDEMNICE AOS AFECTADOS POLO PECHE DA VÍA DO SALNÉS, POR TER DESBOTADO ALTERNATIVAS MENOS LESIVAS PARA OS USUARIOS

Desviar diariamente 15.000 vehículos por vías secundarias orixinou unhas perdas superiores aos 10 millóns de euros, segundo un informe do Grupo Popular

Ler a nova completa | 10/04/2007

A REUNIÓN COS CANDIDATOS DO PSOE DE CHANTADA E MONFORTE BUSCA “LAVAR A CONCIENCIA” DOS DEPUTADOS SOCIALISTAS, QUE LEVAN DOUS ANOS DANDO AS COSTAS AO SUR DE LUGO

Susana López Abella recorda que os deputados do Grupo Socialista rexeitaron sistematicamente todas as iniciativas debatidas ata o de agora para incrementar as dotacións das comarcas da área Sur de Lugo

Ler a nova completa | 09/04/2007

O HISTORIAL DE IRREGULARIDADES URBANÍSTICAS DO PSOE FAI QUE TOURIÑO CAREZA DE AUTORIDADE PARA FALAR DESA MATERIA

O secretario xeral do PPdeG, afirma que presidente dun Goberno que puxo as institucións ao servizo dos intereses electorais minicipais do seu partido, incluída unha campaña electoral no exterior pagada con fondos públicos, está deslexitimado para falar de transparencia

Ler a nova completa | 02/04/2007


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408