Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia do 10 de outubro de 2011
3. Mocións
3.1 08/MOC-0127 (71442)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rego González, Ismael
Sobre a situación urbanística de Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 68272, publicada no BOPG núm. 534, do 08.09.2011, e debatida na sesión plenaria do 27 de setembro de 2011)
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.-Remitir ao Parlamento de Galicia no actual período de sesións un informe sobre a situación do urbanismo en Galicia, as medidas e actuacións adoptadas ao respecto e o seu resultado.
2.- Impulsar o cumprimento do previsto no acordo unánime do Pleno do Parlamento de Galicia do día 9 de febreiro do 2010, para a elaboración dunha nova Lei de ordenación urbanística de Galicia”.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2011
Imaxes Relacionadas