Pilar Rojo recibe no Parlamento de Galicia a unha delegación escolar de Vegadeo (Asturias)
Santiago, 29 de setembro de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, recibiu esta mañá na sede do lexislativo galego a un grupo de alumnos e profesores do Instituto de Educación Secundaria “Elisa y Luis Villamil” de Vegadeo (Asturias) que en marzo deste ano organizaron un foro ao que convidaron á Cámara galega.
Pilar Rojo explicoulles o funcionamento da Cámara no transcurso do encontro, que se desenvolveu no Hemiciclo.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia
Imaxes Relacionadas