Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Luis Tojo tomou posesión como deputado do Parlamento de Galicia

 
 
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2011.- Luis María Tojo Ramallo tomou posesión esta mañá como novo deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, en substitución de Mar Barcón Sánchez.
 
Tojo Ramallo naceu en 1946 e é enxeñeiro técnico químico. Formou parte da Executiva Local da UXT, sindicato no que colaborou para a súa posta en marcha no ano 1975. Ocupou diversos cargos na Executiva do PSdeG-PSOE. Formou parte da Corporación Municipal de Santiago de Compostela desde 1983, durante seis lexislaturas. Foi tenente de alcalde do Concello de Santiago de Compostela e deputado da VII lexislatura, na que formou parte da Comisión de Industria, e tamén foi portavoz de Comisión da CRTVG e presidente da Comisión de Ordenación Territorial.
 
É deputado da circunscrición electoral da Coruña

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MARTES 21
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 21/05/2013


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408