A presidenta do Parlamento recibe ao delegado do Goberno en Galicia, ante o que anima a cultivar as relacións institucionais “desde a concordia e a colaboración”
Santiago, 25 de abril de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta tarde ao delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, nunha visita de cortesía na que a titular da Cámara autonómica reivindicou a vixencia das relacións institucionais con independencia das diferentes opcións políticas.
En declaracións aos medios, Rojo Noguera afirmou que se ben a desta tarde foi unha “visita de cortesía”, trátase dun xesto de importancia que contribúe a visualizar ante os cidadáns “a necesidade e a importancia de cultivar as relacións
institucionais desde a concordia e a colaboración”.
“Quero desexarlle unha xestión fructífera”, apuntou Pilar Rojo referíndose á responsabilidade de Miguel Cortizo como delegado do Goberno en Galicia, “porque os éxitos dos xestores públicos son éxitos de todos os cidadáns aos que representamos”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación
Imaxes Relacionadas