Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


A presidenta do Parlamento participou, en Vilagarcía, na Gala Arousáns do Ano, organizada polo Diario de Arousa

 
Felicita aos galardoados e ao xornal organizador no seu décimo aniversario
 
 
Santiago, 26 de marzo de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar  Rojo Noguera, asistiu esta noite á Gala Arousáns do Ano, celebrada en Vilagarcía e organizada polo Diario de Arousa, ao que felicitou no seu décimo aniversario.
Rojo Noguera valorou os méritos dos galardoados, “persoas e institucións que, paseniñamente, se teñen convertido en referentes nos seus diferentes ámbitos”.
 
Trátase da Festa da Auga de Vilagarcía, o Proxecto "Vai Bike", o CEIP As Covas de Meaño, o Club de Remo Amegrove, o Club Deportivo Ribadumia,  Álex Álvarez Vidal, Roi Casal, o Padre Isorna, a Protectora de Animais de Cambados, Caixanova-Novacaixagalicia, e Jorge Domínguez Rosal, alcalde de Meaño e presidente da Mancomunidade do Salnés, quen recibiu  o premio de mans da presidenta do Parlamento.
 
“Permítanme que faga meus cada un dos eloxios que sobre os galardoados teño escoitado esta noite –dixo Rojo Noguera- e permítanme tamén que en nome propio, e no da institución que represento, me sume ós merecidos parabéns que están a recibir.”
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 20
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 20/05/2013

  • 10:00Mesa da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambient
    Orde do día

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408