Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia, do 9 de marzo de 2011

3.3 08/MOC-0098 (60853)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Tomé Roca, José
  
Sobre a modificación dos criterios establecidos para a repartición aos concellos para o ano 2011 das contías dos programas de cooperación destinados ao fomento do emprego.
 
(Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 57835, publicada no BOPG núm. 401, do 02.02.2011, e debatida na sesión plenaria do 22.02.2011) 
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a continuar mellorando os programas de cooperación local contando coa colaboración dos representantes das entidades locais que poden ser beneficiarias destas liñas de axudas, nomeadamente a Fegamp, para que, priorizando o necesario reequilibrio e a solidariedade territorial, se proceda:
 
a.- Dentro do proceso de redacción, a definir os criterios de distribución destas axudas entre as diferentes entidades tendo en conta o número de parados, a evolución deste paro e a evolución da poboación e a economía local, primando os proxectos que contemplen profesións que favorezan a inserción laboral.
 
b.- Á elaboración dun baremo de criterios que sirva de base para futuras convocatorias destas liñas de axudas, nas que primen a calidade dos proxectos presentados polos concellos atendendo as actividades que teñan relación coa innovación e as novas tecnoloxías”.
 
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2011

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

DOMINGO 19
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 19/05/2013


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408