Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia, 22-02-2011

 

3.1  08/MOC-0093 (59507)
    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
    Viéitez Alonso, Henrique
 
  Sobre a situación do sector naval galego. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 53755, publicada no BOPG núm. 351, do 10.11.2010, e debatida na sesión plenaria do 08.02.2011) 
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento Galego insta á Xunta de Galicia a:
 
1) Habilitar unha liña especial de avais para o sector naval galego que permitan garantir a viabilidade económica das empresas integradas nesta actividade, para poder refinanciar a súa débeda e facer fronte a carga de traballo condicionando, a súa vez, as concedidas aos estaleiros ao pago da débeda que manteñan coa industria auxiliar naval.
 
2)Evitar despedimentos precipitados neste período de coxuntura, preservando os postos de traballo e retendo a man de obra altamente cualificada, que xa escaseou nos últimos anos.
 
3) Non permitir que a capacidade de produción dos estaleiros diminúa por debaixo dunha masa crítica, pois como consecuencia, e nun futuro moi próximo, non se estaría en condicións de producir buques ou atender outras demandas (reparación, transformación, etc.)
 
4) Desenvolvemento dun plan específico de formación prestando especial atención as necesidades do sector para elevar a cualificación profesional e que, aproveitando o tempo de inactividade das empresas, poña en marcha mediante axudas de custo e cursos remunerados.
 
5) Establecemento de medidas complementarias de apoio para as empresas que se atopen en situación de ERE suspensivo ou de reducción de xornada, mediante complementos da prestación por desemprego.
 
6) Potenciar o centro de reparacións na ría de Vigo, aproveitando as sinerxías existentes no entramado industrial e derivado do tráfico do Porto e a da súa propia localización nunha zona de intenso tráfico marítimo. Dentro desta actividade aproveitar as necesidades existentes e derivadas dun mercado emerxente como é o da transformación dos buques de "segunda man".
 
7) Habilitación dunha liña de axudas para o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i), no ámbito do sector naval, abranguendo tamén á industria auxiliar e á producción de bens de equipo.
 
8) Promover unha maior coordinación e conexión entre o conxunto das empresas asentadas nos dous núcleos da actividade naval para, con carácter integral, lograr unha mellora continua da súa xestión (inclusive no acceso a bens e materiais), dos seus desenvolvementos e procesos técnicos e tecnolóxicos, converténdose nun referente nos novos deseños e nas novas estratexias construtivas.
 
9) A posta en marcha dunha unidade tecnolóxica oceanográfica, que estará situada na futura Cidade do Mar, e servirá de base para os buques oceanográficos, tendo como obxectivo o soporte técnico, loxístico e tecnolóxico á administración na prestación de servizos de apoio á investigación oceanográfica e pesqueira e no deseño e desenvolvemento avanzado de tecnoloxía para a observación do océano, destacando dentro destas actividades, a realización de investigación tecnolóxica que serva non só para lograr avances nos buques oceanográficos senón tamén para transferir estes desenvolvementos á industria naval civil.
 
10) Habilitar liñas de actuación orientadas á I+D+i que teñan como obxectivo a potenciación do subsector de bens de equipo, o incremento da seguridade e o respecto ao medio ambiente así como ao aforro enerxético para lograr unha diminución do consumo global da enerxía a bordo, mediante a eficiencia dos sistemas, a mellora dos deseños, a incorporación de novos materiais de propulsión, a hidrodinámica e o illamento, así como a aplicación de novas técnicas aplicadas ao mantemento do buque e a utilización de novas fontes de enerxía de propulsión e para os servizos auxiliares a bordo.
 
11) Promover,  mediante a Comisión do Arco Atlántico, á Comisión Europea e aos estados membros a implantación sen demora dun programa de emerxencia para contrarrestar os prexuízos que está ocasionando a escasa actividade no sector.
 
12) Potenciar o CETNAGA, Centro Tecnolóxico do Naval Galego, como confluencia do interese e obxectivos da administración galega, o conxunto do sector e as sinerxías das universidades no camiño do fortalecemento, potenciación, crecemento e mellora da competitividade na industria naval galega, mediante o logro da excelencia na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico, permitindo a recollida de toda experiencia e coñecemento de aquelas persoas que, por motivo das distintas reconversións, tiveron que desvincularse do sector.
 
A dirixirse ao Goberno do Estado a:
 
1) Promover de xeito conxunto e a nivel da comunidade europea, e con obxectivo de facer posible que o sector naval supere a crise, a aplicación a curto prazo de medidas de carácter temporal que teñan en consideración a especificidade do sector.
 
2) Instar á Comisión Europea a eliminación do veto a construcción naval civil de Navantia.
 
3) Esixir á SEPI que impulse, dinamice e poña en coñecemento do sector marítimo o centro de reparacións de Navantia en Ferrol, ao obxecto de incrementar a carga de traballo de reparación e transformación e botar a andar un centro de reparacións nas instalacións de Navantia-Fene, recollido no estudo elaborado polo Goberno anterior sobre a ría de Ferrol e o sector naval.
 
4) Que promova dentro da UE novos mecanismos de financiamento a longo prazo do sector creando, conxuntamente co BEI, un instrumento europeo para o financiamento dos estaleiros e a industria auxiliar.
 
5) Apoiar e adoptar medidas máis incisivas para favorecer a navegación fluvial, nomeadamente a de transporte de mercadorías, a marítima de curta distancia, as autoestradas do mar e buques adecuados para estes servizos que cumpran coas máis esixentes recomendacións ecolóxicas e enerxéticas.
 
6) A promover dentro da UE a modernización da flota pesqueira baixo os criterios de mellora na seguridade e o maior respecto ao medio ambiente.
 
7) A promover o pago dunha cota ou arancel para os barcos que toquen regularmente os portos europeos pero que non foran construidos nos estaleiros comunitarios. O resultado desta recadación pasaría a formar un fondo de garantías para o conxunto do sector naval europeo.
 
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2011

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 20
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 20/05/2013

  • 10:00Mesa da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambient
    Orde do día

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408