Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Acordos da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, do 17-02-2010

Proposicións non de lei ante a Comisión 816
 
 
A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na reunión do 17 de febreiro de 2011, adoptou os seguintes acordos:
 
Aprobación por unanimidade con modificacións:
 
- 08/PNC-0816 (32512)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rego González, Ismael
Sobre a adopción das medidas necesarias para a licitación dos colectores xerais e da estación depuradora de augas residuais de Forxán, no concello de Foz
BOPG núm. 226, do 06.05.2010 
 
O texto aprobado é o seguinte: 
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a estudar co concello de Foz a ubicación da nova EDAR atendendo a criterios urbanísticos e medioambientais de xeito que permita proceder, no prazo máis breve posible, á súa licitación e á dos colectores xerais para dar servizo á vila de Foz."

 
 
Proposicións non de lei ante a Comisión 1451,1481
 
Aprobación sen modificacións:
- 08/PNC-1451 (55916)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Oubiña Solla, Rosa, e cinco deputados máis
Sobre as actuacións para levar a cabo pola Xunta de Galicia para garantir o abastecemento aos concellos que captan auga no río Umia e controlar a proliferación da cianobacteria no encoro da Baxe, no concello de Caldas de Reis
BOPG núm. 374, do 15.12.2010 
O texto aprobado é o seguinte: 
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a: 
 
1.- Impulsar un Plan de Xestión Integral da Conca do Río Umia que incorpore as medidas precisas para garantir a calidade das augas deste curso fluvial e que deberá incidir, de xeito especial, no tratamento da proliferación da alga microcystis e na corrección das súas causas no Encoro de A Baxe, debendo concretarse no ano 2011 e, conforme ao dito Plan, iniciaranse por parte do Goberno galego as actuacións tendentes a acadar o citado obxectivo.  
 
2.- Adoptar, en execución das propostas que inclúa o devandito Plan de Xestión, cantas accións sexan pertinentes para asegurar o abastecemento ás poboacións que na actualidade se provén do Río Umia, con obras de mellora ou reforzo das instalacións de tratamento nos concellos e a optimización da capacidade de regulación do Encoro de A Baxe que ha permitir o subministro de auga na época estival". 
 
 - 08/PNC-1481(57014)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Varela Suanzes-Carpegna, Daniel Luis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia do transporte marítimo de viaxeiros nas rías galegas facilitando a posta en marcha de novas rutas e, nomeadamente, un novo servizo entre Baiona e Panxón
BOPG núm. 397, do 27.01.2011 
O texto aprobado é o seguinte: 
 
"O Parlamento insta á Xunta de Galicia a impulsar o transporte marítimo de viaxeiros nas rías galegas, facilitando as condicións necesarias para a posta en marcha de novas rutas marítimas e, en particular, un novo servizo de transporte de viaxeiros entre as localidades de Baiona e Panxón".
 
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2011

 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MÉRCORES 22
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 22/05/2013


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408