Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Xornada de formación sobre técnica parlamentaria para xornalistas

 
Xornada de formación sobre técnica parlamentaria para xornalistas
 
Luns, 31 de xaneiro de 2011
De 11,30 a 14,00 horas (aprox.)
Sala Azul do Parlamento de Galicia

Orientada a xornalistas que cubren información parlamentaria, persoal dos gabinetes de comunicación dos grupos parlamentarios e da Administración autonómica.

Impartida por:
• Xosé Antón Sarmiento, letrado oficial maior do Parlamento de Galicia
• Carmen Moreiras Plaza, técnico de xestión de documentación do Parlamento de Galicia

Obxectivos:
• Ofrecer formación e información práctica orientada a mellorar a comprensibilidade dos diferentes traballos que se desenvolven na Cámara lexislativa galega, abordando aspectos como:
o Procedementos lexislativos.
o Procedementos de control e impulso da acción de Goberno. Definición e finalidades. Trámites e prazos.
o Ferramentas web para o acceso a documentos, expedientes, preguntas parlamentarias e vídeos.
o Dúbidas que se suscitan con frecuencia en relación cos diferentes trámites e procedementos parlamentarios.

Formalización de inscricións:
Por correo electrónico, antes do 28 de xaneiro, no seguinte endezo: carlos.varela.castineiras@parlamentodegalicia.es
 
A xornada é gratuita.
 
Os participantes que o soliciten recibirán un certificado acreditativo.
 

 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

DOMINGO 26
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 26/05/2013


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408