Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


A presidenta do Parlamento recibe ao conselleiro maior do Consello de Contas

 
Trátase dunha visita de institucional á sede do lexislativo, logo da toma de posesión de Luciano Fariña
 

Santiago, 7 de outubro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía ao consellerio maior do Consello de Contas de Galicia, Luciano Fariña.
 
A reunión, celebrada no despacho da Presidencia do Parlamento, enmárcase na rolda de contactos institucionais que Luciano Fariña está a manter logo de tomar posesión como conselleiro maior, o pasado 8 de setembro.
 
Na súa condición de órgano estatutario que emana do Parlamento de Galicia, o Consello de Contas exerce as súas funcións con plena independencia e sometemento ao ordenamento xurídico, actuando de oficio ou por petición do Parlamento de Galicia ou por delegación do Tribunal de Cuentas ou do Tribunal de Cuentas Europeo, cos que ademais poida colaborar en tarefas fiscalizadoras.
 
Os traballos de fiscalización do Consello de Contas conclúense na emisión de informes que se presentan ao Parlamento de Galicia. Os informes de fiscalización realízanse ou ben a iniciativa do propio Consello de Contas que os inclúe no plan de traballo que anualmente se remite ao Parlamento de Galicia, ou ben a iniciativa da Cámara.

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

VENRES 24
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 24/05/2013


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408