Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


A presidenta do Parlamento reúnese coa Xunta de Persoal da Cámara para presentarlles a proposta de recorte salarial


 
Reducirase un 5% a masa salarial destinada ao persoal funcionario que presta servizo no Parlamento de Galicia
 
 
 
Santiago, 21 de xuño de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, reuniuse este mediodía cos integrantes da Xunta de Persoal da Institución para trasladarlles o contido da proposta de reducción salarial que previsiblemente vai aprobar a Mesa do Parlamento.
 
A proposta contempla unha reducción media do 5% no total da Mesa salarial destinada ao persoal funcionario ao servizo do Parlamento de Galicia, en aplicación do Real Decreto Lei 8/2010, do 20 de maio, e de acordo co Proxecto de Lei de modificación da lei de Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma para 2010.
 
Unha vez aprobada, a reducción salarial do persoal do Parlamento terá efectos, ao igual que para os deputados, a partir do 1 de xuño de 2010, de xeito que todos os afectados xa verán recurtado o soldo na vindeira nómina.
 
De acordo con esta mesma proposta, o salario dos deputados será recurtado nun 10%, o dos membros da Mesa e dos portavoces dos grupos parlamentarios nun 12% e o da presidenta do Parlamento nun 15%.
 
Se ben a reunión da Mesa do Parlamento na que se ía acordar a proposta de reducción salarial plantexada por Pilar Rojo se ía celebrar hoxe ás 18,30 horas, foi finalmente aprazada ata as 09,30 horas de mañá martes, para facilitar a asistencia ao funeral que esta tarde se oficiará en Ourense en memoria do ex presidente da Cámara, Victornino Núñez, falecido o pasado sábado.
 
A reunión deste mediodía supuxo, ademais, unha primeira toma de contacto de Pilar Rojo cos integrantes da Xunta de Persoal, aos que felicitou pola súa recente elección, xa que hai escasas datas que se celebraron eleccións sindicais no Parlamento de Galicia.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MARTES 21
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 21/05/2013


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408