Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


A presidenta do Parlamento entrega a Vázquez Portomeñe o I Premio Internacional Camiño de Santiago e loa a contribución do veterano político ao desenvolvemento de Galicia

 
• “Asistimos a un auténtico rexurdimento do fenomeno Xacobeo, pero nada disto tería sido posible sen o traballo desenvolvido na última década do século pasado”, afirma Rojo Noguera

Santiago, 5 de xuño de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, presidiu este mediodía o acto de entrega do I Premio Internacional Camiño de Santiago ao exconselleiro Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, como recoñecemento á súa contribución á posta en valor do Camiño de Santiago e o fenónemo xacobeo no seu conxunto.
 
O galardón, outorgado pola Orde do Camiño de Santiago, constitúe, en opinión de Rojo Noguera un xusto recoñecemento ao labor desenvolvido por Víctor Vázquez Portomomeñe, “galego de ben profundamente comprometido coa nosa terra e as súas xentes, e político brillante que non arelou máis meta que a de servir a Galicia con todas as súas capacidades”.
 
Pilar Rojo recordou que “asistimos a un auténtico rexurdimento do fenómeno xacobeo, pero nada disto tería sido posible, seguramente, sen o traballo desenvolvido na última década do século pasado”.
 
A presidenta do Parlamento vinculou, ademais, a boa marcha do Ano Santo Compostelano co esforzo desenvolvido pola Xunta de Galicia, ao tempo que felicitou ao actual conselleiro de Cultura  pola xestión que desenvolve neste Xacobeo 2010.
Do homenaxado no acto desenvolvido no Hostal dos Reis Católicos, a presidenta o Parlamento destacou tamén a súa participación na elaboración do vixente Estatuto de Autonomía de Galicia, que dotou á Comunidade dunha elevada
capacidade de autogoberno. 
 
Galicia, dona do seu destino
 
“Dito hoxe, pode semellar presuntuoso –engadiu Rojo Noguera- pero é o certo que ningún dos galeguistas históricos  que nos precederon foron quen de soñar, sequera, cunha Galicia con Goberno e Parlamento de seu, como alicerces formadores da súa propia identidade e do seu destino”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

DOMINGO 19
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 19/05/2013


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408