Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


O Parlamento de Galicia potencia o programa de visitas guiadas á institución e edita unha publicación específica para os visitantes

 
A presidenta da Cámara remite unha carta a diferentes colectivos para convidalos a coñecer a sede da Cámara lexislativa galega
 
• As citas pódense concertar por teléfono ou a través da páxina web do Parlamento
 
Santiago, 19 de marzo de 2010.- Na estratexia encamiñada a dar a coñecer o quefacer cotiá da Institución, o Parlamento de Galicia vai potenciar o programa de visitas guiadas á súa sede e acaba de editar unha publicación específica orientada ás persoas que se acheguen a coñecer o Pazo do Hórréo.
 
Esta estratexia enmárcase no compromiso adquirido pola presidenta da Cámara, Pilar Rojo, encamiñado “abrir o Parlamento á sociedade”, obxectivo que pretende materializar  con actividades como o curso sobre competitividade económica que se ven de celebrar no Pazo do Hórreo, pero tamén a través de visitas organizadas á sede lexislativa.
 
Estes días, Pilar Rojo está a remitir cartas a diferentes colectivos sociais de Galicia para convidalos a tomar parte no programa de visitas guiadas ao Parlamento, de xeito simultáneo ás visitas guiadas para centros escolares.
 
Na misiva, Rojo Noguera informa que nas visitas guiadas ao Parlamento,  o persoal da institución ofrece explicacións sobre o funcionamento da Cámara, ao tempo que brinda a posibilidade de xestionar encontros con deputados e deputadas dos diferentes grupos parlamentarios.
 
Alicientes adicionais
 
Como aliciente adicional, ademais do interese arquitectónico do edificio, o Parlamento de Galicia atesoura unha valiosa biblioteca e unha rica colección de arte, integrada por máis de 200 obras de destacados artistas galegos da nosa historia recente –Laxeiro, Quesada, Díaz Pardo, Carlos Maside, Luis Seoane, Urbano Lugrís, Manuel Colmeiro, Menchu Lamas, Acisclo Manzano, Buciños, Silverio Rivas, etc.–, que, “sen dúbida, contribúe a facer máis atractiva a visita”, en palabras de Rojo Noguera.
 
“En nome propio, e no de todos os deputados e as deputadas,
reitérolles que as portas do Parlamento de Galicia están abertas para recibir a visita do colectivo que vostedes representan”, apunta a presidenta da Cámara na misiva.
 
Os colectivos interesados en participar no programa de visitas guiadas ao Parlamento de Galicia poden solicitalo por teléfono (981 55 13 00 extensións: 2220 e 2043), por correo electrónico (presidencia.pargal@parlamentodegalicia.es) ou a través da páxina web da institución (www.parlamentodegalicia.es).
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MÉRCORES 22
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 22/05/2013


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408