Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


A presidenta do Parlamento recibe do Valedor do Pobo o informe da institución correspondente ao ano 2009


Iníciase a tramitación parlamentaria do informe, que culminará cunha comparecencia do valedor no Pleno do Parlamento
 
 
• Pilar Rojo anima aos galegos a acudir ao valedor cando sintan vulnerados os seus dereitos por parte de algunha administración pública
 
Santiago, 15 de marzo de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía ao valedor do pobo, Benigno López, que lle fixo entrega do Informe desta institución correspondente ao ano 2009.
 
Con esta reunión formal dase inicio á tramitación parlamentaria do informe, que culminará cunha comparecencia do valedor ante o Pleno do Parlamento de Galicia no actual período de sesións.
 
Rojo Noguera valorou o rigor do informe elaborado pola institución que preside Benigno López e enmarcou o labor do valedor do pobo no sistema de garantías que ampara aos cidadáns no estado de dereito.
 
A presidenta do Parlamento de Galicia animou ao conxunto dos cidadáns a coñecer as competencias e o funcionamento do valedor do pobo, ao que calquera persoa pode e debe acudir cando considere que calquera administración vulnera algún dos seus dereitos.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

SÁBADO 18
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 18/05/2013


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408