Lexisla con Nós

Proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia

Proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia. (10/PPL-000009)

Nº de Opinións: 44Escribir unha opinión

Opinións

1 Escrito por Rubén o 15/10/2017 13:04

Incrible que os que teñen que defender a nosa terra se dediquen a vendela ao mellor postor. Por favor, se ahínda queda algo de dignidade dean marcha atrás con esta desfeita. Se tanto se nos enche a boca falando dos países nórfidcos aprendamos deles a defender e repectar a nosa terra

2 Escrito por Luisa o 07/10/2017 6:06

Inaudito. Esto es increible, que el mismo organismo que tiene que defender nuestra tierra sea el mismo que la quiere arrasar! Los unicos beneficiados serian algunos bolsillos, no la población gallega, no se engañen a si mismos!

3 Escrito por José o 01/10/2017 10:31

Esta proposición de lei reduce prazos de información pública, limita o acceso á información (porque serán os empresarios mineiros os que digan a que información pode acceder ou non a cidadanía..). Esta lei é un atropelo máis aos dereitos da cidadanía. O rural xa está en declive e esta lei pon en man das empresas mineiras, eólicas e forestais o noso rural. Esta lei vulnera o dereito fundamental de acceso á información ambiental. Debe ser retirada da súa tramitación.

4 Escrito por Amiga da Costa da Morte o 25/09/2017 13:16

Sr. Feijoo: as empresas eólicas da Costa da Morte intentan pagar aos propietarios polos montes 0,80 céntimos de euro por metro cadrado,é dicir, unha miseria, mentras elas, esas grandes empresas que vostede e o seu partido apoian van gañar millóns a costa dese terreo. No caso dos proxectos eólicos de Cabana de Laxe non existe utilidade pública algunha que xustifique a expropiación de terreos pero vostedes aproveitan a situación actual de pobreza no rural, con un rural abandonado por completo para que estas grandes empresas continuen a facer o que lles dá a gaña co seu beneplácito e esta lei era xusto o que faltaba. Por razóns morais e éticas esta proposición de lei debe ser rexeitada de inmediato por inmoral, ilegal e falla de toda a ética. E por favor, adiquen o seu tempo e os soldos que lles pagamos tod@s a facer algo bó a favor do rural e das súas xentes. E non todo vale Sr. Feijoo, non todo vale. Porque a paisaxe e os dereitos humanos, o medio ambiente, o territorio...etc. está por enriba das súas leis que só benefician a vostede, aos do seu grupo parlamentario e a catro empresas. Non todo vale.

5 Escrito por Miguel o 23/09/2017 18:57

Non nos queiran tomar o pelo. Díganlle ao Sr. Tahoces que Galicia non é unha mina. A vida antes do que a minería. Queremos garantías ambientais e da saúde das persoas, que se defendan os ríos, fontes e rías.

6 Escrito por Manuel Casal o 23/09/2017 17:13

Cando afrontamos un horizonte de declive na dispoñibilidade de enerxía e recursos a nivel mundial, o que precisa Galiza non é unha Lei que facilite a esquilmación e venda deses recursos a maos privadas. O que precisamos é defender eses recursos como ben común no que asentar un futuro moito máis local e autocentrado nas necesidades de galegas e galegos.

7 Escrito por Patricia o 22/09/2017 21:17

Estão a entregar os bens naturais as empresas, minaría, eólicos, as represas doutrora, os eucaliptos, isto bem de há muito tempo, mas com isto lhe vão dar a última estocada. É vergonhento: “Xustificación da urxencia. Existe nestes momentos en Galicia unha preocupación compartida por axentes sociais e grupos políticos relativa á necesidade de tomar medidas para que a implantación empresarial na nosa Comunidade resulte aínda máis atractiva para os investidores. As empresas de todos os sectores reclaman maiores facilidades tanto na adquisición de solo como na tramitación das autorizacións ou no apoio público. O proceso de recuperación da actividade económica que está a vivir o noso país debe ter continuidade e, en consecuencia, Galicia necesita encarar o ano 2018, para o que diferentes entidades públicas e privadas prognostican un crecemento do PIB próximo ao 3%, tendo en vigor un potente paquete de incentivos á instalación de empresas, de xeito que ningunha traba administrativa poida obstaculizar o crecemento de Galicia nin minguar a súa capacidade de competir coas moi favorables condicións de implantación empresarial que ofrecen outras zonas limítrofes.” Isto é o mesmo que colgar o cartaz de Vende-se, flexibilidade total para esquilmar a terra. Com urgencia sim, teriam de tramitar uma lei que obrigara a tod@s os funcionarias e políticos a sair o monte a limpá-los de eucaliptos, acacias, velutinas… que vejam de perto a triste realidade do seu país.

8 Escrito por Iñaki Varela Pérez o 22/09/2017 19:55

Esta proposición de lei non debería saír adiante, aínda que a maioría absoluta do seu grupo promotor, o PPdeG así o garanta. Non o debería facer porque, se ben eliminar trabas burocráticas á cidadanía e as iniciativas económicas pode ser unha medida con connotacións positivas, neste caso é xustamente ao contrario, posto que os ámbitos dos que se está a falar son precisamente os que deberían informar a acción da Administración. A proposta lexislativa céntrase en axilizar procesos de instalacións industriais e de produción enerxética en materias como a avaliación ambiental, os mecanismos de participación pública ou a dispoñibilidade de solo. Todos estes son eidos nos que se teñen dado numerosos casos de conflito de intereses entre entidades privadas e o seu obxectivo particular de negocio e as comunidades e medio natural onde se pretenden localizar esas actividades. A proposición polo tanto non é a dunha mera redución de trámites puramente burocráticos, senón que toca o corazón do sentido dos procesos participativos e de prevención de danos ambientais, baleirándoos en boa medida de sentido. Se xa hoxe son habituais os recursos á declaración de interese público ou á supramunicipalidade para esquivar estas cuestións, esta proposta sitúa aínda máis á Administración da Xunta da parte dos grandes intereses económicos e dos seus obxectivos de negocio, dotando a estes da posibilidade de esquivar mecanismos que son fórmulas das que se ten dotado a lexislación para garantir dereitos da poboación e respecto ao medio natural, cuestións que non parecen precisamente menores. A propia proposta minte (non pode dicirse doutro modo) cando di que foi presentada despois dun amplo proceso de participación cidadá. Quen propón este texto sabe perfectamente que non é así e que está a empregar unha vía de urxencia para cortar precisamente a posibilidade de coñecemento e debate público da norma. O documento sairá adiante pola aritmética parlamentar e non o debería facer, aínda que só fose pola devandita falsidade que o ampara. Mais sobre todo porque supón unha restrición de dereitos da cidadanía fronte a certas empresas (as grandes, que son as que fan este tipo de instalacións) e rebaixa as xa de por si pequenas ferramentas de protección ambiental coas que contamos en Galicia.

9 Escrito por cristina o 21/09/2017 11:18

Esta é umha lei que hipoteca o nosso futuro e que pretende ser tramitada por via de urgência, ignorando as vontades e necessidades das galegas, especialmente aquelas que residem no rural

10 Escrito por Manu o 21/09/2017 10:16

Esta proposición de lei non debe tramitarse pola falla de información sobre o contido e o alcance da lei. Falla de participación da cidadanía e do consenso social suficiente para a súa aprobación. Diminución dos dereitos da cidadanía e da persoas interesadas afectadas. Non aos proxectos eólicos en calquer parte do territorio. Non á minaría contaminante. Galicia non é unha mina. Necesaria licencia social para os proxectos empresariais contemplados na proposición de lei.

11 Escrito por Pedro Cortegoso o 20/09/2017 16:10

A proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais significa unha desregularización da lexislación a medida das empresas, xa que aproveitan esta lei para modificar outras normas como a lei de minaria, a lei eólica ou a lei de montes,… Estas modificacións van encamiñadas a liberar de atrancos administrativos aos grupos empresariais, reducir os trámites e a participacaión pública e doutras administracións e fan da expropiación forzosa o instrumento fundamental para o acaparamento de terras . Falamos dun tipo de negocio que deixa beneficios residuais para o País e que cria pouco emprego e en condicións precarizadas e máis se temos en conta os custes en recuros naturais. Elimina cautelas ambientais, dereitos dos administrados e enviste as corporacións empresariais da capacidade de impor o seu criterio, nesta carreira salvaxe de acaparamento e destrucción, en perxuizo do patrimonio natural e da saúde tanto das persoas como do medio natural. Lexislación deste calibre deixa en evidencia clara que a nivel local non nos libramos desa invasión neoliberal extrema que afecta a propia identidade física do Pais. Muda ao seu antollo, normas tan importantes coma a Lei 8/2009 de aproveitamento eólico, a Lei 3/2008 de minería, ou a Lei 7/2012 de Montes e outórgalles aos proxectos empresariais máis facilidades para eludir os controis,facilitando a súa consideración como proxectos industriais estratéxicos, que se benefician dun menor control urbanístico, dunha declaración de utilidade pública, da prevalencia sobre outras utilidades públicas e que adquiren unha incidencia supramunicipal, polo que poden eludir o control dos concellos; así mesmo, poden obter adxudicacións directas de solo e maiores subvencións. Non se toma en consideración o interese xeral e a participación pública. Négase o dereito real á participación das galegas e galegos que é un dereito fundamental nun Estado democrático.

12 Escrito por Javier Gayos Ponte o 20/09/2017 11:37

Estou totalmente en contra desta iniciativa. Vou tentar que se coñeza o máximo posible para que todo o mundo vexa por onde vai a política medioambiental do seu goberno. Non creo que ningún cidadán crea realmente que esta iniciativa beneficia realmente a Galicia, pero si que pon sobre a mesa a cuestión sobre o que favores conseguen os políticos a nivel individual con este tipo de concesións a grandes enpresas. E máis tendo en conta os informes medioambientais falsos que teñen presentado este tipo de empresas ante a Xunta e que o goberno de Galicia ten dado por bos.

13 Escrito por VBCM o 20/09/2017 11:03

A proposta faise nun período pre vacacional e polo trámite de urxencia, cando non está xustificado tal trámite, salvo para favorecer ás empresas eléctricas, ás mineiras e ás grandes madereiras, con escaso arraigamento na nosa terra e ás que pouco lles importa o que pase con ela e cos seus cidadáns, os cales son unha vez máis os grandes esquecidos na proposición de lei. Esta non é a forma de crear emprego estable e duradeiro, nin de coidar a nosa terra. Está demostrado que son os autónomos, as PEMES e as empresas familiares as que crean emprego estable e duradeiro, non outro tipo de empresas, que hoxe están aquí e mañá na outra punta do planeta, á súa conveniencia, sen importarlles o que deixan atrás. É inaudito que os promotores nacesen e/ou vivan en Galicia e non se decaten de cales son os puntos fortes da nosa terra: 1) As súas xentes, a quen teñen a obrigación de consultar sobre o seu presente e o seu futuro, non só pedirlles o voto cada catro anos. A poboación galega é emprendedora, pero necesita apoio e non pedras no camiño. Coa metade do apoio que se brinda aos foráneos, incluíndo subvencións e vantaxes fiscais, xa nos dariamos por satisfeitos. 2) A fertilidade das nosas terras, nas cales crece e desenvólvese todo o que se plante (millo, produtos de horticultura, froiteiras, viñedos, outros). 3) A abundancia de pastos para o desenvolvemento dunha gandaría diferenciada, cuxos produtos son obxecto de alta estima en toda España e resto de países. 4) A riqueza dos nosos montes, tanto desde o punto de vista da produción como desde o punto de vista ecolóxico. 5) Os exquisitos produtos das nosas costas. 6) As posibilidades de desenvolvemento turístico. 7) A nosa fermosa e incomparable paisaxe. 8) O gran patrimonio artístico e arqueolóxico que temos. Pero Vostedes non parecen saber nada diso, entre outras cuestións porque encerrados nos seus despachos non é posible coñecer a realidade nin o que pensan os cidadáns. Prefiren lexislar para que outros se aproveiten dos recursos da nosa terra, facilitándolles o camiño en toda a súa extensión e deixándoa como un baldío. Os cidadáns e os seus descendentes que llas arranxen como poidan. Este non parece ser o seu problema. No canto de apoiar e valorar o que temos, parecen decididos a apoiar unha desfeita total, furando por todas as partes, enchendo a nosa terra de explotacións mineiras, de muíños eólicos, de tendidos eléctricos e de eucaliptos. Que ao final temos que importar todo o que necesitamos para comer, iso non parece importarlles gran cousa! Que se queima e contamínase todo, tampouco parece preocuparlles en exceso! Que o cambio climático e os seus efectos son unha realidade, é algo que non vai con Vostedes! Que os cidadáns teñen dereito e queren coñecer e debater sobre as propostas lexislativas, non importa (estes non se decatan de que vai a vaina, pensan)! Señores, os cidadáns nomeámoslles para que xestionen os nosos intereses, manténdonos informados da súa forma de proceder, non para que fagan e desfagan á súa antollo. Creo que é absolutamente necesario pedirlles "sentidiño común”. Serán capaces de aplicalo? Por todo iso, a proposición de lei que se está tramitando debe ser retirada e devolta aos seus promotores porque deixa aos cidadáns e persoas afectadas nunha situación de total indefensión, favorecendo única e exclusivamente os intereses do gran capital, e comportando graves prexuízos para Galicia e os seus cidadáns.

14 Escrito por Xosé Marcelo Romeu Herbón o 19/09/2017 1:32

Basta de destruír o noso futuro!!! Non queremos emigrar máis!!! GALIZA NON SE VENDE!!!

15 Escrito por helena o 18/09/2017 20:12

Estou totalmente en contra de que se flexibilicen os requisitos que cubren que os proxectos dean as garantías legais á protección do medio ambiente e cuestións de interese público

16 Escrito por Odilo L. R. o 18/09/2017 0:02

É ben certo que todas as comunidades precisan de desenrolo económico e incremento de actividade produtiva. Pero non a calquer prezo. Non se pode poñer na mau de grandes corporacións a posibilidade de instalar novas industrias, moitas de elas extractivas e explotadoras dos recursos naturais, só en beneficio de uns poucos, e co prexuízo para moitos. Suficientemente temos xa descoidada, explotada e contaminada a nosa terra, para que esta lei facilite aínda mais as posibilidades de facelo para grandes corporacións,moitas delas chegadas de fora, incluso de fora do Estado, e que na maioría de casos, poucos ou ningún beneficio deixa na nosa comunidade. Gobernantes, miren mais pola economía de base, e polo sector primario, que é quen da de comer maioritariamente as xentes da nosa terra, e midan mellor as consecuencias que as leis que vostedes promulgan, poden ter para todos os cidadáns de a pé. Póñanse, aínda que só sexa por unha vez, do lado do peixe pequeno.

17 Escrito por M. da Costa da Morte o 17/09/2017 11:05

Que pasa co cambio climático, que pasa coa sequía..., non se contemplan medidas na proposición de lei sobre estes temas que tanto preocupan. Que competencias terá a Consellería de Medio Ambiente? Para cando unha lei para frear o cambio climático, o quecemento global e a seca? Que medidas se prevén para frear o cambio climático? E que pasa coa minería insaciable de recursos hídricos? E os eólicos, poñerémolos por todas partes? Unha Consellería de Medio Ambiente sen voz nen voto, unha cidadanía que se queda sen dereitos. A utilidade pública e o interés social ao servicio das grandes empresas. Vamos ben Sr. Feijoo?

18 Escrito por Angie o 17/09/2017 9:37

Esta lei abre as portas á minaría sen control, aos parques eólicos en calquer lugar, continua coa repontenciación dos parques ubicados na Rede Natura, abre as portas aos eucaliptos en primeira liña de costa. Reduce prazos en prexuicio dos interesados e deixa sen competencias reais e efectivas á Consellería de medio ambiente e ordenación do territorio (que xa facía o paripé cos documentos ambientais), e agora fará moito menos, a Augas de Galicia e á Consellería de Cultura. Eso sí, a Consellería de Industria aparece dotada de poderes onmipotentes e universais para expropiar, declarar prevalencias, utilidades...A lei é unha burla á cidadanía. Solicito a súa retirada.

19 Escrito por Caridad o 16/09/2017 13:13

A min preocúpame que esta lei está pensada para protexer e favorecer os intereses das empresas, da rendibilidade económica e dos beneficios particulares en lugar de coidar da nosa casa, a terra.

20 Escrito por Víctor Lorenzo o 16/09/2017 12:29

Na vez de explotar os recursos non renvaveis e alimentar as industrias contaminantes que só deixan salarios de miseria e vos enriquecen a vos e a catro empresarios podiades pensar en apoiar e promover as riquezas sostibles do noso país. Eses que levan alimentando ó noso pobo dende temoos inmemoriais. A pesca ARTESANAL sostible, a agricultura ecolóxica, as Comunidades de Montes na vez das SOFOR que non son mais ca unha nova versión da explotaciónda colonia galega coa complicidade e iniciativa dos nosos gobernantes que non queren outra maneira de face-las cousas que convertir Galicia nun gran buraco mineiro rodeado de eucaliptos. Senores, os seus soldos deben dar para sacar das suas cacholas algo mais ca miseria. Producen vergoña allea. Se non teñen outra alternativa mais ca miseria e a venda do pais,vaianse dunha vez.Ahhhh, non!! Que hai que seguir engordando o peto....

21 Escrito por María Suárez o 16/09/2017 11:53

Nin Galicia é a súa leira, nin está en venta nin aluguer. O medioevo non rematou?

22 Escrito por Nacho o 16/09/2017 11:24

Por que se fai esta lei pola vía de urxencia? Esta lei non é urxente. Non están xustificando a urxencia dun xeito aseitado. Queren desregular toda a normativa ambiental sen dar tempo á cidadanía para reaccionar. ESTA LEI É ILEGAL

23 Escrito por Arsenopirita o 16/09/2017 11:15

Por que se utiliza a vía de urxencia para a tramitación desta lei? É absolutamente inxustificable! O único motivo para facelo así é fuxir da participación da cidadanía e da propia oposición parlamentaria. Unha normativa como esta, con repercusións ambientais e sociais tan evidentes, debe ser consensuada entre os distintos grupos políticos e os colectivos sociais. O trámite de urxencia non está en absoluto xustificado.

24 Escrito por Vanessa C. T. o 15/09/2017 18:05

1.-Hai que informar mellor ás xentes de Galicia sobre o contido e alcance desta proposición de lei, cousa que non se fixo. 2.- Non se pode aprobar esta lei en canto non se informe debidamente e de xeito adecuado á cidadanía, porque unha lei como esta vai dar lugar a entrada de macroproxectos agresivos, contaminantes, expoliadores de recursos e de terras, que por enriban levan subvencións da Xunta e vai xerar crispación e conflito social como ocorreu en Corcoesto e está a ocorrer en moitos lugares de Galicia con proxectos inxustos para as xentes dos lugares onde se asentan. 3.- A Xunta de Galicia, o Sr. Presidente, e o Sr. Tahoces non son quenes de dicir que interés ou utilidade pública é o prevalente. 4.- O que prevalece é o ben común e non o ben de grandes empresas expoliadoras de recursos. 5.- A oposición no Parlamento galego ten que espabilar para rexeitar esta proposición de lei. 6.- Unha lei destas características ten que ter antes de aprobarse autorización da cidadanía, que non é o caso.

25 Escrito por Carme o 15/09/2017 17:33

Este borrador de lei beneficia ás grandes corporacións mercantiles, que cada vez se farán máis ricas a costa das galegas e galegos. Para os pequenos autónomos que sostemos este país e para os traballadores nada, de nada. Solo a prezos de saldo, expropiacións a golpe de lei, utilidades e prevalencias dos proxectos industriais por encima de calquer dereito dos galegos e galegas a golpe de vontade do Conselleiro de Industria, Sr. Conde e do Sr. Tahoces. Despois a saúde, o medio ambiente, a paisaxe... é o que menos importa. Catro pesos por unha expropiación forzosa das que fan algunhas empresas eólicas que despois cotizan a precio de ouro co noso vento (véxase caso de Laxe, Zas, Corme...) a cambio de nada ou case nada. Non se xustifica o custo social desta lei. Despois estamos sufrindo unha boa seca, diminue o caudal dos ríos, non chove, secan os mananciais... , pero non preocuparse que Galicia é unha mina e a minería non necesita auga..., e por enriba regalámoslle o terreo a prezo de saldo. Este borrador de lei é moi malo para os galegos e as galegas e hai que darlle para atrás. A relación custo social-beneficio desta lei non xustifica a súa aprobación. Demasiados custos socias, demasiada disminución de dereitos e poucos ou ningúns beneficios.

26 Escrito por D. Marcos o 15/09/2017 14:44

Ou seja, quereis que saiam adiante os projetos sem os informes setoriais ou com eles desfavoráveis se não chegam a tempo. E vós sois os que falais de estado de direito e do estrito cumprimento da legalidade em Catalunha? Amais a vossa lei cheira a INCONSTITUCIONALIDADE, sois uns SEPARATISTAS!

27 Escrito por Paco Corco o 15/09/2017 12:29

Polo ben da nosa terra espero que nunca se chegue a aprobar esta lei (LFIEG) xa que esta supón unha total liberación de toda protección ambiental, distintos usos e actividade do solo para favorecer un tipo de actividade industrial, que en moitos casos nin se pode chamar industrial xa que é extractiva ( insostible e caduca no tempo). Esta lei supón delimitar e reducir a mínima expresión todo dereito da cidadanía na participación pública para exercer a defensa lexítima dos seus dereitos ante calquera proxecto que queira implantarse e que choque cos intereses e dereitos do conxunto da sociedade. A lei promove a implantación de actividades industrias que son contrarios a sostibilidade,respecto ao medio ambiente, medidas que palien e freen o cambio climático, economías tadicionais ligadas ao medio, fixación de poboación no rural, uso racional de recursos como a auga etc. Neste contexto presente calquera iniciativa empresarial ten que realizarse baixo os parámetros de sostibilidade, respecto ao medio ambiente, optimización de recursos naturais e enerxéticos, respecto a biodiversidade, respecto a microeconomía etc, xa que será o mellor camiño de asegurar un presente e o máis importante un futuro digno a esta terra, polo que esta lei e totalmente contraria a todos estes parámetros con graves consecuencias sociais e ambientais.

28 Escrito por Jesús o 15/09/2017 11:33

Está lei non pode aprobarse. É unha traxedia para Galicia,o medio ambiente e o territorio.

29 Escrito por M. X. V o 15/09/2017 11:24

Resumindo a lei prevé máis facilidades para que as grandes empresas eólicas, mineiras e forestais teñan menos controis para realizar as súas actividades económicas. Menos control urbanístico, máis facilidades para acaparar terras coa declaración de utilidade pública, a prevalencia sobre outras utilidades públicas sí ou sí a criterio de Industria. Así mesmo, poden obter adxudicacións directas de solo e maiores subvencións. Menos garantías ambientais, ausencia de consideración da seca que está a padecer Galicia, ausencia de mención ao cambio climático, ausencia do informe de impacto climático, ausencia de información ao impacto de xénero…etc. No ámbito da minaría coindicido plenamente co aquí xa manifestado de que Galicia polo visto é unha mina. A norma modifica a Lei 3/2008 da minaría de Galicia, reducindo os trámites para os novos proxectos mineiros, reducindo prazos e dando a Industria capacidade substantiva para resolver un proxecto ou solicitude de dereito mineiro á marxe das consideración dos concellos e doutros departamentos da administración (Medio Ambiente, Patrimonio, Urbanismo...). Modifícase o artigo referido á información pública para que o promotor poida solicitar a expropiación ou a utilidade pública xuntamente coa presentación do proxecto, sen agardar pola aprobación deste. En relación ás consultas ás administracións, os actuais informes preceptivos (Medio Ambiente, Augas e Costas...) deixan de ser determinantes. Agora, aínda que estes informes sexan contrarios, se o criterio de Industria é outro, o proxecto segue adiante. O prazo para a emisión destes informes preceptivos baixa de dous meses a tan só un mes e a lei establece que se os informes se reciben fóra de prazo, non serán tidos en conta. Polo que sí ou sí, os proxectos e calquer proxecto agresivo co medio, contaminante e abusivo co territorio pode saír adiante porque Industria o di. Menos trabas para as grandes empresas eólicas, mineiras e forestais, menos dereitos para a cidadanía, o empoderamento absurdo da Consellería de Economía, Emprego e Industria…etc. Os eólicos poderán instalarse en calquer lugar, a Rede Natura seguirá cos plans de repotenciación eólica...A cidadanía terá que someterse ao arbitrio das grandes industrias e da Consellería de Economia, Emprego e Industria que será quen dirixa toda a desfeita do territorio e da paisaxe, dotada de plenos poderes para declarar utilidades públicas e prevalencias. Esta proposición de lei é moi lesiva para co medio ambiente e os dereitos das cidadás e cidadáns deste país, polo que debe ser rexeitada e devolta ós promotores.

30 Escrito por A. L., o 15/09/2017 9:06

Apréciase na lei unha falla total de garantías para co medio ambiente. Todas e todos, incluidos os poderes públicos teñen o deber constitucional de protexer o medio ambiente. A saúde das persoas, a súa integridade física e psíquica van a depender dun medio natural de calidade. O benestar das persoas vai a depender dunha paisaxe de calidade e do respeto á vontade da cidadanía, os seus dereitos inviolables e por suposto o dereito a participar e decidir nun sistema democrático. O Parlamento, o grupo do Partido popular impulsor da proposición de lei e a Xunta de Galicia vulnera de xeito flagrante dereitos fundamentais tan importantes como o dereito da cidadanía a recibir información veraz sobre aquelas cuestións que lle afecten, como é as consecuencias que para as súas persoas e a súas vidas vai a ter a liberalización total do sector mineiro e a desregulación das cuestións ambientais. A cidadanía tamen ten dereito a participar na toma das decisións públicas que lles afecten, e aquí so se articula esta vía de participación a través desta web do Parlamento galego. A cidadanía temos dereito a ser escoitados e a participar e a recibir información sobre unha cuestión tan relevante como é esta futura lei. Poñer en mans da “todopoderosa” Consellería de Economía, Emprego e Industria a declaración das prevalencias, das utilidades e intereses públicos, non deixando opción algunha á cidadanía para decidir ou acurtando os prazos de información pública é propio dun país fascista e antidemocrático. Converter a expropiación forzosa nunha poderosa arma a disposición das grandes empresas para acadar solo e terreos en detrimento dos dereitos da cidadanía iso é propio de países fascistas e antidemocráticos. Iso de que Galicia é unha mina sen apenas regulación algunha iso é profundamente inconstitucinal e antidemocrático porque vulnera o respeto ao medio ambiente e á saúde das persoas. O feito de que os informes preceptivos de Medio Ambiente, Augas e Costas..etc, así como os que a Consellería de Industria xulgue necesarios, deixen de ser determinantes e preceptivos é impropio dun país garantista dos dereitos da cidadanía. Se os informes preceitivos non son relevantes ou non se reciben Industria poderá requerirllos ao órgano xerárquico superior do departamento que tería que emitilos. Se aínda así non se reciben, o procedemento continuará. En relación aos parques eólicos que estarán onde e como diga Industria é causa de perplexidade absoluta, posto que non existe nen o máis mínimo respecto polo Catálogo das Paisaxes, as Directrices de Ordenación do Territorio e o Convenio europeo da Paisaxe. Esta proposición de lei debe ser rexeitada e retirada da súa tramitación sen demora por abusiva dos dereitos da cidadanía, incorrer en desviación de poder e incorrer en manifesta inconstitucionalidade. En canto aos partidos da oposición o que deberan é defender tamen os dereitos da cidadanía, rexeitar esta lei e ir preparando cos seus homólogos de Madrid o correspondente recurso de inconstitucionalidade e solicitar á Defensora do Pueblo que recorra a lei no caso de ser aprobada ante o Tribunal Constitucional.

31 Escrito por Manoel o 15/09/2017 8:09

Non a unha Lei ULTRALIBERAL e ao tempo, TOTALITARIA. Suprime a intervención estatal administrativa pero controla ferreamente os recursos comúns, de TODOS, para entregárlleloS a uns poucos. Solicito que se retire integramente!

32 Escrito por Maria del Carmen Diaz Casas o 15/09/2017 5:58

Senhores do PP: esta proposição ilustra a crescente dificuldade de alguns altos cargos da sua administração de passar por riba das mais básicas garantias ambientais que contempla a legislação. Neste caso concreto, ilustra o problema que tenhem, entre outros, com os/as técnicos/as de Augas de Galicia, quando estes últimos pretendem fazer o seu trabalho e fazer cumprir a legalidade em defesa dos interesses gerais e desde a DG de Energia e Minas se atende apenas aos interesses corporativos. Se o problema fosse que os informes de Augas de Galicia demoram, a solução seria mais pessoal. Mas na realidade o problema não é a demora, mas que esses informes se emitam e sejam (especialmente nos projectos que sabem vão ser tramitados ao abeiro desta lei) desfavoráveis. Então a solução passa por varrer do medio a capacidade de Augas de Galicia de emitir informes: reduzindo ao máximo os prazos, e mesmo possibilitando ignorar os informes se chegam fora de prazo, mesmo que desfavoráveis. Por muito que se adorne o nome da lei e se escondam em disposições adicionais violações flagrantes das competências para a proteção ambiental, não nos enganam.

33 Escrito por Nela o 14/09/2017 21:36

Para saber o que pretende esta lei, abonda con poñer xuntas unhas cantas palabras e expresións que aparecen na exposición de motivos da mesma: condicións vantaxosas-simplificación da normativa-normativa que se modifica ou derroga cando resulta necesario-simplificar a normativa-simplificacion e axilización procedimental-redución dos prazos de tramitación-flexibilización de requisitos-pagamento aprazado do prezo do solo-simplificar a tramitación das figuras de prevención ambiental-despacho prioritario nas tramitacións... Abrindo as portas ao desmantelamento da nosa terra sen rubor nin complexos.

34 Escrito por Nela o 14/09/2017 21:30

Na exposición de motivos deste documento podemos ler: "En canto ao principio de transparencia, no procedemento de elaboración desta lei promoveuse a máis ampla participación da cidadanía en xeral". Ler iso resultaría gracioso, se non fose tan gravemente insultante por falso. En que momento se promoveu a participación da cidadanía? Chámanlle vostedes promover a participación da cidadanía a permitir que poñamos aquí catro comentarios? Vergonzoso! GALIZA NON É UNHA MINA

35 Escrito por Nela o 14/09/2017 21:25

Esta lei non promove iniciativas empresariais. Promove a destrución do noso territorio e o perigo de que nos expropien as nosas terras e envelenen as nosas augas. Para iso, pecha a porta á participación pública por tódolos medios. Acurtando os prazos ata o límite, de modo que a cidadanía non lle dea tempo nin de ler un proxecto que lle pode afectar. Animando ás mineiras a esgrimir o segredo profesional para ocultar a información, contravindo así a lexislación española e europea. Impedindo que os especialistas da administración poidan facer o seu traballo, ao deixar un prazo ridículo para a elaboración de informes que son moi relevantes para determinar as posibles afeccións ambientais. Galiza non é unha mina!

36 Escrito por Vida e Ria o 14/09/2017 20:58

Senhores do PP: esta proposição ilustra a crescente dificuldade de alguns altos cargos da sua administração de passar por riba das mais básicas garantias ambientais que contempla a legislação. Neste caso concreto, ilustra o problema que tenhem, entre outros, com os/as técnicos/as de Augas de Galicia, quando estes últimos pretendem fazer o seu trabalho e fazer cumprir a legalidade em defesa dos interesses gerais e desde a DG de Energia e Minas se atende apenas aos interesses corporativos. Se o problema fosse que os informes de Augas de Galicia demoram, a solução seria mais pessoal. Mas na realidade o problema não é a demora, mas que esses informes se emitam e sejam (especialmente nos projectos que sabem vão ser tramitados ao abeiro desta lei) desfavoráveis. Então a solução passa por varrer do medio a capacidade de Augas de Galicia de emitir informes: reduzindo ao máximo os prazos, e mesmo possibilitando ignorar os informes se chegam fora de prazo, mesmo que desfavoráveis. Por muito que se adorne o nome da lei e se escondam em disposições adicionais violações flagrantes das competências para a proteção ambiental, não nos enganam.

37 Escrito por Asociación galega Cova Crea. A Presidenta: M.D.C.V.V o 14/09/2017 20:24

A proposición de lei que se está a tramitar debe ser retirada e devolta aos seus promotores porque conculca dereitos da cidadanía e das persoas afectadas nos procedementos aos que se refire. En relación aos proxectos de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables cómpre sinalar o abuso que vai a supor para a cidadanía galega o texto do borrador da lei. Sinala a “Disposición adicional primeira. Proxectos declarados de especial interese. A declaración de utilidade pública destas instalacións será outorgada órgano competente en materia de enerxía, comportando esta declaración a prevalencia sobre outras utilidades públicas ou bens de interese público”. Ao respecto cómpre ter en conta que: 1º.- A declaración de utilidade pública é monopolio exclusivo da Dirección xeral de Enerxía e Minas. 2º. A dita declaración de prevalencia da utilidade pública do proxecto (que é a da empresa eólica) prevalece sobre calesquera outras ou interese público. Sin dúbida estamos ante a manifestación máis palmaria de desviación de poder, abuso de poder e de terxiversación do concepto de utilidade pública en aras dos dereitos das grandes corporacións e en detrimento dos valores naturais, paisaxísticos, culturais...etc. Existe un empoderamento da Consellería de Industria que sen dúbida defenderá as competencias que lles son propias en detrimento das competencias ambientais, culturais, sociais, de saúde pública...etc. Non vén nada ao conto dotar de tales potestades exhorbitantes a unha Consellería que ata o de agora só tivo grandes desacertos e desatinos na xestión da industria deste país. Véxase o proxecto mineiro de Corcoesto, as balsas de Lousame, as balsas mineiras abandonadas como as do Monte Neme, o caso dos eólicos de Laxe e os cero euros que deixa de canon eólico, os eólicos de Canduas en plena serra do Gontón, a actividade mineira na entorna da Cova Eirós...etc. Réstase deste xeito a participación da cidadanía e a licencia social coa que necesariamente deben contar os proxectos agresivos co medio natural e o territorio. En relación ao “Artigo 32. Rede Natura Quedan excluídos da implantación de novos aeroxeradores aqueles espazos naturais declarados como zonas de especial protección dos valores naturais por formar parte da Rede Natura 2000, con arranxo á normativa vixente en cada momento. Exceptúanse do anterior as modificacións de parques eólicos en explotación cando dita modificación supoña unha redución de, polo menos, o cincuenta por cento dos aeroxeradores previamente instalados en dicha zona de Rede Natura”. Obsérvase como se ignora o resultado de todo o traballo realizado na marco das Directrices das paisaxes de Galicia e da Rede Natura. Xa non se ten en conta o dereito das paisaxes, senón que a Rede Natura seguirá monopolizada polos proxectos de repotenciación eólica, proxectos que como os do municipio de Laxe, arestora en tramitación deixa de canon eólico cero euros e gozan de grande rexeitamento social incluso desde a propia corporación municipal. Xa non só se quebran os dereitos da cidadanía senón que se quebra tamén co dereito á paisaxe, o dereito ao medio ambiente, o mantemento dos espazos naturais, patrimonio arqueolóxico…etc. En relación ao “Artigo 35. Convocatoria de concursos de dereitos mineiros 1. O outorgamento de dereitos mineiros sobre os terreos francos resultantes do levantamento dunha zona de reserva ou a declaración de caducidade dun permiso deexploración, un permiso de investigación ou unha concesión mineira resolverase polocorrespondente concurso público regulado neste artigo e demais normativa aplicable. Para estes efectos, a declaración de caducidade dun dereito mineiro comportará a declaración do terreo como franco e a inmediata publicación da mesma no “Boletín Oficial do Estado” e no Diario Oficial de Galicia. No prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última publicación, quen estean interesados naquel dereito caducado poderán presentar solicitudes sobre o mesmo”. Non é posible que todos os dereitos mineiros caducados de Galicia saian a concurso. E non é posible porque crearía un drama social sen precedentes como foi o drama da mineira Edgewater en Corcoesto, Valenza e Cereo. Non pode ser que calquer ou todo dereito mineiro caducado saia a concurso pola simple razón de que hai núcleos urbanos e asentamentos de poboación sobre dereitos mineiros caducados. Mal que lles pese, Galicia non é unha mina. E a minería non está por enriba dos dereitos da cidadanía nen nunca o estará, porque non hai interés social nen utilidade pública algunha en facilitarlle as terras mediante a arma da expropiación forzosa que se pretende imponer nesta lei a base de golpe do lexislador, a unha empresa que baixo a falacia da creación de postos de traballo, que despois non crea, destrúe e contamina. Porque non hai utilidade pública nen prevalencia que valga para darlle terras e recursos hídricos á primeira multinacional mineira que apareza por diante a base de sacrificar outros dereitos máis importantes como é a necesaria licencia social das comunidades para que estas iniciativas empresariais que trata esta lei, acaparadoras de recursos comúns, do común das xentes deste país, acaben nas mans duns cantos que só buscan o seu propio beneficio e sen retorno social algún. Xa non é só a merma importante de dereitos dos administrados e da cidadanía en xeral senón que a participación pública e a información pública en materia de medioambiente practicamente desaparece. Por tanto, o texto debe ser desbotado porque neste caso tampouco ten a necesaria licencia social.

38 Escrito por Activista da Rede ContraMINAcción o 14/09/2017 19:34

Art. 35. Onde di "Este informe deberá emitirse no prazo máximo de dous meses" o prazo non debería ser menor, en ningún caso, do que contempla o RD 1/2016 estatal: "Este informe deberá emitirse en el plazo máximo de seis meses"

39 Escrito por Activista da Rede ContraMINAcción o 14/09/2017 19:31

Propoñemos un nome alternativo para esta alfombra vermella á destrución: "Lei de supresión de garantías e trámites ambientais"

40 Escrito por Sociedade Galega de Historia Natural o 14/09/2017 18:39

Proposición Indecente no Parlamento Galego No Boletín Oficial do Parlamento de Galicia (nº 154, do 28-07-2017) publicouse a proposición de “lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia”, presentada polo Grupo Parlamentario Popular polo trámite de urxencia. Se unha cousa hai que recoñecer nesta proposta de lei é que as intencións dos seus promotores quedan meridianamente claras na “xustificación” da súa suposta urxencia: “As empresas de todos os sectores reclaman maiores facilidades tanto na adquisición de solo como na tramitación das autorizacións ou no apoio público” polo que “Galicia necesita encarar o ano 2018... tendo en vigor un potente paquete de incentivos á instalación de empresas, de xeito que ningunha traba administrativa poida obstaculizar o crecemento de Galicia” Queda tamén meridianamente claro a qué tipo de crecemento se refiren, pois nos principios polos que se pretende rexer dita lei (artigo 3) están clamorosamente ausentes os principios de: - desenvolvemento sostible en base a criterios sociais, económicos e ecolóxicos, - a protección do patrimonio natural e cultural, e - a protección dos dereitos dos cidadáns afectados polas iniciativas empresariais. Por se a alguén lle quedase algunha dúbida, no “Capítulo II. Competencias administrativas” (artigos 4 a 7) contémplanse as consellerías con competencias en materia de economía, vivenda, solo, avaliación e reforma administrativa, os concellos, ... e entre todas estas administracións brilla poderosamente, pero pola súa ausencia, a consellería con competencias en materia ambiental. O “potente paquete de incentivos á instalación de empresas” preséntase envolto con 82 páxinas de regalo: - 10 páxinas adicadas á exposición de motivos, - 21 páxinas co articulado da lei, - 4 páxinas con disposicións adicionais, transitorias e derrogatorias, - 45 páxinas de disposicións derradeiras. Certamente chama a atención que máis da metade da presunta lei sexa de disposicións derradeiras, pero son as que os seus promotores precisaron para modificar nada menos que unha ducia de leis!!!, a metade delas posteriores ao ano 2010: a de cooperativas, a da minería, a do sector eólico, a de auga, a de montes, a do solo, a de procedemento administrativo, a de taxas, precios e exaccións, a de turismo, a de estradas, a do patrimonio cultural e, por suposto, a de conservación da natureza. Para os cidadáns, as organizacións sociais e o medio natural tamén hai un regalo, pero no seu caso envelenado: - Maiores facilidades para a expropiación forzosa, ao declarar de interese público actividades empresariales estrictamente privadas. - Redución á metade dos prazos de información pública para os proxectos sectoriais declarados urxentes. - Silencio administrativo positivo para os aproveitamentos de masas forestais poboadas das especies que non estean incluídas no anexo 1 da Lei de montes de Galicia na zona de servidume de protección do dominio marítimo-terrestre. Por defecto o silencio é negativo por razóns de protección do medio ambiente, pero con esta decisión facilitaríanse, por exemplo, as explotacións de eucaliptos na primeira liña de costa. - Para moitos aproveitamentos madeireiros eliminaríase o trámite de autorización administrativa, que se substituiría pola “declaración responsable” de quen a realiza, confiando así cegamente en que a “declaración responsable” non se convertirá nunha “actuación irresponsable” ambientalmente. - Preténdese eliminar a autorización previa da consellería de medio ambiente para os aproveitamentos madeireiros nos espazos da Rede Natura 2000, incumprindo así a Directiva Hábitats, a Ley estatal 42/2007 e o propio Plan Director da Rede Natura 2000 en Galicia. - Preténdese deixar a xuizo do órgano mineiro si “conta con elementos de xuízo suficientes para determinar a compatibilidade do dereito mineiro con outros usos de interese público” se non recibe no prazo dun mes a resposta das outras administracións públicas consultadas. E así ata 82 páxinas. Definitivamente unha proposición indecente.

41 Escrito por P. Garrido o 14/09/2017 16:59

Examinar o borrador da lei esperta pesadelos como o caso do proxecto mineiro de Corcoesto. O problema da minería en Galicia é que hai deteitos mineiros caducados en todas partes: no subsolo de casas, granxas, poboacións e ate núcleos urbanos. Se a lei pretende sacar a concurso todos estes dereitos caducados cumpre ir decindolle ás xentes que tal feito vai a ocorrer, mais que nada porque igual se teñen que enfrontar a un éxodo poboacional seguro, tendo en conta que quen vai a declarar a prevalencia das utilidades publicas e dos intereses en xogo vai a ser a Consellería de Industria. Poñemos pois ao raposo como garante das galiñas. Isto xenera moita inseguridade xurídica e existe moita desinformación sobre o alcance real deste proxecto de lei. O que está claro é que so beneficia a duas ou tres empresas, probablemente multinacionais e prexudica ao pequeno empresario e por suposto a toda a ciudadanía. Estas duas ou tres multinacionais que é de supoñer que serán as de sempre, parece que terán un trato preferente para facerse coas terras mediante a declaración de utilidades publicas que non son tales, e pouco importará se respetan ou non o medio ambiente. Por certo, o cambio climático e a seca que estamos a vivir non se contempla e iso de que o medio ambiente é de tod@s ( art. 45 da CE), e que tod@s temos a obriga de respetalo. En relación á enerxía eólica está claro que se vulnera o Convenio europeo da Paisaxe porque non se integran os criterios paisaxísticos. A reducción da información pública e o feito de que esta coincida cos tempos dos informes infrinxe o necesario principio de igualdade e contradicción da Lei 39/2015. Falla a seguridade xuridica, xera desigualdade, vulnera dereitos...Este proxecto lexislativo non debera continuar o seu camiño e ser devolto aos seus promotores.

42 Escrito por C.A.F.R. o 13/09/2017 19:40

A través desta lei a Xunta de Galicia pretende legalizar a “turboexpropiación”, en beneficio dos grandes grupos empresariais ao servicio do capital especulativo e en detrimento da cidadanía e das persoas propietarias. A expropiación forzosa refórzase como adaíl dos grandes grupos empresariais, que ben poderían ser incluso foráneos, para o acaparamento de terras en Galicia. Segundo a letra e o espíritu da Lei de expropiación forzosa, o procedemento de urxencia é unha excepción, unha rara avis, e non pode a Xunta de Galicia convertela no regra xeral a golpe de lei. A propietaria ou propietario de terreos verá arrebatada a súa propiedade de forma súbita porque unha gran empresa considera que ese terreo é o idóneo para o seu proxecto empresarial. Porque aquí non se está a defender o interés xeral nen a utilidade pública da que fala o artigo 33 da Constitución española, senón que se está a defender tan so o interés das grandes empresas que a través desta lei verán facilitados os trámites para o acaparamento de terras. A utilidade pública, o que é útil para o ben común, debe antepoñerse á utilidade particular. Pero nesta lei é precisamente o interés dos grandes grupos empresariais o que prima e non o ben común.Porque ademais que riqueza quedará nas comunidades locais? Cantas destas facilidades administrativas xerarán riqueza para as comunidades que teñen que soportar os viraventos e a minaría? Baixo o pretexto de utilidade pública e interés xeral están a sacrificarse innumerables dereitos da cidadanía galega como é o medio ambiente, a propiedade, a saúde, a paisaxe, os seus dereitos como administrado e/ou afectado…etc. Preguntamos ao Parlamento galego, á Xunta de Galicia e ao seu Presidente: Quousque tandem abutere patientia nostra? Cando deixaredes de abusar da nosa paciencia? Cando rematará esa idea absurda de que Galicia é unha mina? Os dereitos mineiros caducados sairán a concurso sen ter en conta o lugar onde se ubican e os prexuizos ambientais, económicos, sociais...etc que terán para os habitantes dos territorios onde se ubiquen. Sempre os mesmos problemas, erre que erre coa minería por doquier. E que pasará coa minería agresiva, a ceo aberto, acaparadora de terras e de recursos como a auga? Está previsto outro Corcoesto? A tramitación da lei debe ser suspendida porque non se xustifica en absoluto as razóns de interese xeral nas que di basearse.

43 Escrito por Asoc. Ouriol do Anllóns o 13/09/2017 15:26

Desde esta asociación consideramos que esta lei non debera aprobarse posto que non ten en conta o principio básico de precaución en materia medioambiental. A lei abre as portas sen garantías á minería salvaxe, aos eólicos sen ter en conta á paisaxe, á desfeita do patrimonio, e todo elo no marco dunha tramitación lexislativa acelerada, con un contido confuso para a cidadanía, e que semella perseguir fins espurios a prol das grandes empresas. Pola contra a cidadanía terá que sofrer as consecuencias da reducción de prazos, da mingua dos tempos de información pública, dos principios de contradicción e igualdade nos procedementos administrativos...etc. Faise da expropiación forzosa o instrumento fundamental para o acaparamento de terras a favor das grandes empresas; e nun momento como o actual de seca e cambio climático, a lei abre a porta á minería en calquer lugar do territorio, minería que por certo é unha grande consumidora de recursos hídricos. Onde está a protección da cidadanía, do medio ambiente, da paisaxe? Onde está a información pública adecuada e suficiente sobre as consecuencias desta lei? Coñece a cidadanía galega as consecuencias que vai a ter esta lei? Por que esta mingua dos dereitos?

44 Escrito por Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo e na súa representación Ismael López Pérez. o 13/09/2017 13:01

Indica a exposición de motivos do borrador de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia que: “A necesidade da iniciativa lexislativa vén dada polas razóns de interese xeral que xa se teñen exposto, e que se resumen na conveniencia para o desenvolvemento económico e social de Galicia de establecer medidas que fagan atractiva a implantación de iniciativas empresariais no territorio da Comunidade autónoma, tanto no que respecta ao acceso ao solo, como de mellora da normativa aplicable e os oportunos incentivos”. En relación a ese suposto interese xeral e despois de ter avaliado o texto na súa integridade, cómpre sinalar que non existen tales razóns de interese xeral. O que queda claro é a dispoñibilidade da Xunta de Galicia ao servizo dos lobbies que se ven a manifestar nas agresións eólicas, a barra libre a minaría e o paripé dos estudos de impacto ambiental. Un texto lexislativo de tal calado e impacto nos dereitos da cidadanía galega debe someterse a un amplo debate social despois dunha adecuada información pública sobre o seu contido e as súas consecuencias. Dicir que existen razóns de interese xeral que implican a redución de prazos, a simplificación de trámites, a falla de garantías medioambientais cando na realidade no fondo se está a transformar dun día para outro o modelo socioeconómico deste país, non debera tramitarse pola vía de urxencia. Esta norma modifica profundamente a Lei 3/2008 da minaría de Galiza, colapsando trámites, reducindo prazos e dando a Industria capacidade substantiva para resolver un proxecto ou solicitude de dereito mineiro á marxe das consideración dos concellos e doutros departamentos da administración (medio ambiente, patrimonio, urbanismo...). A norma suprime garantías medioambientais actualmente existentes, beneficiando unicamente as grandes corporacións empresariais. Trátase dun modelo de negocio que deixa beneficios residuais para o país se temos en conta o deterioro e a destrución que produce nos nosos recursos naturais, e que crea pouco emprego e nunhas condicións precarizadas. A participación da cidadanía é un dereito fundamental nun estado democrático como Galicia, e por ende o dereito á información. Antes de aprobar este texto lexislativo os poderes públicos, isto é a Xunta de Galicia e o Parlamento galego deberán informar adecuadamente á cidadanía sobre do contido e as implicacións que esta lei vai a supor para Galicia. Por iso, solicítase a suspensión da tramitación da lei en tanto en canto non se leve a cabo unhas campañas de información pública adecuada sobre do contido do borrador da norma e as súas implicacións ambientais, económicas, sociais, territoriais..etc, posto que aquí a realidade que subxace no fondo é o cambio drástico da normativa actual e do modelo socioeconómico, que afecta en primeiro lugar aos dereitos da cidadanía e das persoas interesadas nos procedementos administrativos.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408