1. Cláusula de exención de responsabilidade
Co presente sitio Internet, o Parlamento de Galicia pretende fomentarlle ó
público o acceso á información relativa ás súas iniciativas. O noso obxectivo
consiste en velar pola actualidade e exactitude da dita información. Trataremos
de corrixi-los erros que se nos sinalen. Non obstante, o Parlamento de Galicia
non asume ningunha responsabilidade en relación coa información incluída nestas
páxinas..
A dita información:
- É de carácter xeral e non aborda circunstancias específicas relativas a
persoas ou organismos concretos;
- Non ofrece necesariamente información exhaustiva, completa, exacta ou
actualizada;
- Nalgunhas ocasións contén enlaces con páxinas externas sobre as que os
servicios do Parlamento de Galicia non teñen ningún control e respecto das cales
declinan toda responsabilidade;
- Non ofrece asesoramento profesional ou xurídico (se desexa efectuar unha
consulta deste tipo, diríxase sempre a un profesional debidamente cualificado).
Téñase en conta que non se pode garantir que un documento dispoñible en liña
reproduza exactamente un texto adoptado oficialmente. Xa que logo, unicamente se
consideran auténticos os textos legais publicados nas edicións impresas do
Diario Oficial de Galicia.
Pretendemos reducir ó mínimo os problemas ocasionados por erros de carácter
técnico. Malia o anterior, algúns datos ou informacións contidos nas nosas
páxinas pode que fosen creados ou estructurados en arquivos ou formatos non
exentos de erros, polo que non podemos garantir que o noso servicio non quede
interrompido ou afectado de calquera outra forma por tales problemas. O
Parlamento de Galicia non asume ningunha responsabilidade respecto dos ditos
problemas, tanto se resultan da consulta das presentes páxinas ou daqueloutras
externas obxecto de reenvío.
A presente cláusula de exención de responsabilidade non ten por obxecto
limita-la responsabilidade do Parlamento de Galicia de forma contraria ó
disposto polas normativas aplicables, nin excluí-la súa responsabilidade nos
casos nos que, en virtude das ditas normativas, non se poida excluír.
2. Aviso de Copyright
© Parlamento de Galicia, 2011
Reproducción autorizada sempre que se cite a fonte, agás que se indique o
contrario. Naqueles casos nos que sexa necesaria unha autorización previa para a
reproducción ou o uso de datos textuais ou multimedia (sons, imaxes, programas,
etc.), a dita autorización cancelará a autorización xeral antes citada e
mencionará claramente as posibles restriccións de uso.
3. Protección de datos personais
O Parlamento de Galicia está comprometido co respecto á intimidade do
usuario, en cumprimento da normativa vixente.