Jacobo Moreira Ferro
Santiago de Compostela  1973

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Liderado e Xestión Pública no IESE. Avogado con 20 anos de exercicio profesional en diferentes bufetes e na empresa privada.

Concelleiro do PP en Pontevedra desde o ano 2007 e voceiro do grupo municipal desde 2012. En 2014 foi elixido presidente local do partido. Deputado autonómico na VIII lexislatura en substitución de José Fervenza Costas, elixido alcalde de Moaña en 2011, e deputado na IX lexislatura en substitución de Agustín Hernández, nomeado alcalde de Santiago de Compostela.

Accede ao Parlamento na X Lexislatura en febreiro de 2017 e é voceiro do GPP da área de Función Pública.


Contacto:
Partido Popular
Foto de JacoboMoreira Ferro
Circunscrición de Pontevedra

Asistencias ós órganos parlamentarios

Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

  • Vogal na reunión do venres, 07 de xullo de 2017, ás 10:30
  • Vogal na reunión do venres, 14 de xullo de 2017, ás 13:05

Pleno do Parlamento

  • Deputado na reunión do martes, 11 de xullo de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do mércores, 12 de xullo de 2017, ás 10:00

Comisión Permanente non Lexislativa de Control da Corporación da RTVG

  • Vogal na reunión do venres, 30 de xuño de 2017, ás 10:30
  • Vogal na reunión do venres, 14 de xullo de 2017, ás 10:35

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408