Rosa Mª Quintana Carballo
San Fernando de Apure (Venezuela)  1959

Licenciada en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Bioloxía. A finais da década dos 80 comeza a traballar na Administración autonómica como inspectora pesqueira primeiro e, despois, como xefa da Sección da Inspección Pesqueira. Posteriormente, foi nomeada xefa do Servizo de Marisqueo, delegada territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e, xa no 2001, directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Desde 2009 é a conselleira do Mar da Xunta de Galicia (cun intervalo no que o seu departamento asumiu tamén as competencias relativas ao Medio Rural). Candidata do PPdeG nas eleccións autonómicas do 2012 e do 2016 ao Parlamento de Galicia.


Contacto:
Partido Popular
Foto de Rosa MªQuintana Carballo
Circunscrición de A Coruña

Asistencias ós órganos parlamentarios

Pleno do Parlamento

  • Deputada na reunión do mércores, 26 de abril de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do martes, 09 de maio de 2017, ás 10:00
  • Deputada na reunión do mércores, 10 de maio de 2017, ás 10:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408