Alberto Núñez Feijóo
Os Peares (Ourense)  1961

Licenciado en Dereito pola USC, é membro do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta. Foi secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes; vicepresidente e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde; director do Instituto Nacional de Salud (Insalud) e presidente da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S. A. En 2003 foi nomeado conselleiro de Política Territorial e en 2004, vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia.

Presidente da Xunta de Galicia na VIII lexislatura (2009-2012) e IX lexislatura (2012-2016).

Foi elixido presidente do PPdeG en xaneiro de 2006. En xaneiro de 2013 tivo lugar o XV Congreso autonómico do partido, no que Alberto Núñez Feijóo volve ser elixido presidente do PPdeG, un nomeamento que se revalida no XVI Congreso autonómico que os populares celebraron en maio de 2016. Candidato á Presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas do 2009, logrou a maioría absoluta con 38 deputados; nas eleccións autonómicas do 2012, maioría absoluta con 41 deputados; e nas no 2016, maioría absoluta con 41.


Contacto:
Partido Popular
Foto de AlbertoNúñez Feijóo
Circunscrición de Pontevedra

Asistencias ós órganos parlamentarios

Pleno do Parlamento

  • Deputado na reunión do martes, 07 de novembro de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do mércores, 08 de novembro de 2017, ás 10:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408