Pedro Puy Fraga
Granada  1962

Doutor en Dereito, é profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela (Área de Economía Aplicada), Facultade de Dereito da USC. Autor e coordinador de sete libros e autor de máis de cincuenta capítulos en libros colectivos, artigos e notas en revistas especializadas.

Foi director xeral de Relacións Institucionais da Consellería de Presidencia na VI Lexislatura (2002-2005) e, nesa condición, secretario da Comisión Mixta de Transferencias e da Comisión Bilateral Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia. Conselleiro do Consello de Contas de Galicia, por designación do Parlamento de Galicia , desde o ano 2007 ata o 2009. Deputado no Parlamento de Galicia na VIII Lexislatura, na que foi voceiro de Economía e vicevoceiro do Grupo Popular, e desde marzo do 2011 voceiro do Grupo Parlamentario Popular. Deputado na IX Lexislatura, na que foi voceiro do Grupo Popular e voceiro de Economía. Coordinador dos programas electorais cos que o PPdeG concorreu ás eleccións autonómicas de 2009, 2012 e 2016.

Na X Lexislatura é voceiro do Grupo Popular, na Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, e na Comisión de investigación das antigas caixas de aforros.


Contacto:
Partido Popular
Foto de PedroPuy Fraga
Circunscrición de A Coruña

Asistencias ós órganos parlamentarios

Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

  • Asistencia na reunión do venres, 14 de xullo de 2017, ás 13:05

Xunta de Portavoces

  • Titular G.P. Popular de Galicia na reunión do martes, 04 de xullo de 2017, ás 11:30
  • Titular G.P. Popular de Galicia na reunión do luns, 10 de xullo de 2017, ás 18:00

Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

  • Vogal na reunión do venres, 07 de xullo de 2017, ás 10:35

Pleno do Parlamento

  • Deputado na reunión do martes, 11 de xullo de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do mércores, 12 de xullo de 2017, ás 10:00

Comisión de investigación sobre responsabilidades actual situacion caixas

  • Vogal na reunión do xoves, 13 de xullo de 2017, ás 12:35

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408