Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


A presidenta do Parlamento asistiu á inauguración da exposición “RNE, 75 años contigo”, onde eloxiou o labor dos xornalistas

 

• Cando se acaba de cumplir o 30 aniversario do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo considera “obrigada a homenaxe e agradecemento da Cámara a Radio Nacional de España” e aos demais medios de comunicación

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, asistiu esta mañá á inauguración da exposición conmemorativa do 75 aniversario de RNE ubicada na praza do Obradoiro, en Santiago.
 
Na súa intervención, Rojo Noguera recoñeceu a importancia dos medios de comunicación na configuración do papel do Parlamento de Galicia ao longo da súa historia e tamén na súa apreciación e valoración por parte dos cidadáns. “Temos contraída una débeda de gratitude pola súa presenza e o seu apoio permanente na tarefa de dar a coñecer as institucións que articulan a capacidade de autogoberno de Galicia”, manifestou.
 
Cando o Parlamento de Galicia acaba de conmemorar o seu triséximo aniversario, a presidenta da Cámara considera “obrigada a homenaxe e o agradecemento a Radio Nacional de España” presente dende os inicios do Parlamento na antiga sede do Pazo de Xelmírez, tal e como demostran as fotografías da época. A todos os profesionais de RNE, Pilar Rojo, quixo manifestarlles o seu agradecemento e recoñecemento polo labor primordial que realizan e tamén pola súa profesionalidade.
 

Exposición itinerante
 
A exposición pode visitarse durante este venres, día 24, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. A mostra continuará o seu percorrido pola comunidade autónoma, dentro do itinerario  que levará a esta plataforma a máis de 50 cidades españolas durante máis de tres meses.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

XOVES 20
xuño de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
<< maio| xullo >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 20/06/2013

  • 10:30Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Ser.
    Orde do día Documentación Emendas
  • 11:00Comisión N.P. para o seguimento das políticas relativas á discapacidade
    Orde do día Documentación
  • 11:30Comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa actual situación
    Orde do día Documentación
  • 16:00Comisión non permanente de estudo para a elaboración dun Plan de medidas de prevención e erradicación da corrupción política
    Orde do día Documentación
  • 16:00Comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa actual situación
    Orde do día Documentación

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408