Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


A presidenta do Parlamento ultima unha proposta para retirar vehículos oficiais, que quedarán ao servizo da Cámara


 
• Pilar Rojo trasladará a iniciativa á reunión da Mesa da Cámara prevista para este martes
 
• A proposta afonda na política de racionalización do parque móbil do Parlamento, iniciada ao comezo do actual mandato, cando Rojo Noguera renunciou a contratar a dous condutores eventuais para a Presidencia, en contra do que acontecera na anterior lexislatura

Santiago, 19 de setembro de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, trasladará mañá aos membros da Mesa da Cámara unha proposta para reorganizar o funcionamento do parque móbil da institución e retirar a asignación individual de vehículos e condutores, agás o da Presidencia, de xeito que, a partir de agora, estes recursos quedan a disposición do conxunto da institución para atender actividades institucionais de carácter representativo e incidencias. A proposta xa foi comentada aos grupos parlamentarios.
 
Para a prestación deste servizo terán preferencia, por este orde, os membros da Mesa do Parlamento, na súa condición,  os grupos parlamentarios e o persoal ao servizo da Administración parlamentaria.
 
Afondar na racionalización
 
Esta proposta dá continuidade á política de racionalización do parque móbil do Parlamento iniciado por Pilar Rojo ao inicio da actual Lexislatura. Daquela, Rojo Noguera renunciou a contratar dous condutores eventuais, como persoal de confianza, para atender os desprazamentos da Presidencia do Parlamento, como acontecera no anterior mandato.
 
Pilar Rojo entendeu que os seus desprazamentos oficiais se podían cubrir perfectamente co persoal funcionario do parque móbil, sen necesidade de novas contratacións. 
 
Traxectoria de austeridade
 
O Parlamento de Galicia recorda, ao mesmo tempo, que a aposta pola austeridade é unha constante desde o comezo da actual lexislatura, como quedou acreditado con medidas como o Plan de austeridade que permitiu recortar o gasto en 1,7 millóns de euros xa en 2009; a eliminación das cestas de Nadal, destinando ese aforro a comedores sociais; ou a  redución dos salarios, cifrada nun 15% para a presidenta do Parlamento, un 12% para os membros da Mesa e portavoces dos grupos parlamentarios, do 10% para o resto dos deputados  e do 5% para o persoal da institución.
 
Tras os recortes efectuados, o presuposto do Parlamento de Galicia de 2011 é semellante ao do exercicio de 2006.
 
Pilar Rojo continuará afondando na política de recorte do gasto do Parlamento, como é a súa obriga, e así o recollerá o proxecto de orzamentos da Cámara galega para o exercicio de 2012.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MÉRCORES 22
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 22/05/2013


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408