Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


O Parlamento de Galicia convoca un curso de galego orientado a mellorar a expresión oral dos deputados

 
 
 
• O método basearase na análise dos erros máis frecuentes detectados nos discursos transcritos no Diario de Sesións do Parlamento de Galicia
 
• Comezará na segunda quincena de xaneiro e terá tres meses de duración
 
• A presidenta da Cámara considera que reforzando a  comprensibilidade dos deputados mellora tamén a confianza dos cidadáns nas institucións

Santiago, 10 de xaneiro de 2010.- O Parlamento de Galicia ofrecerá, no primeiro trimestre de 2011, un curso de galego co obxectivo de contribuir a perfeccionar a producción oral e incrementar a eficacia da expresión das deputadas e deputados, reforzando a  comprensibilidade e a fluidez discursiva.
 
O curso, opcional, comezará na segunda quincena de xaneiro e durará arredor de tres meses, con clases semanais de hora e media de duración.
 
Esta actividade enmárcase na aposta da Cámara por mellorar o uso do galego na súa condición de lingua oficial da Comunidade Autónoma de Galicia e tanmén como unha das principais sinais de identidade.
 
Reforzar a confianza
 
Con esta actividade, froito da colaboración entre o Parlamento de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), a titular da Cámara, Pilar Rojo, busca reforzar a confianza dos cidadáns nas institucións democráticas, por entender que a mellora da fluidez a comprensibilidade do discurso parlamentario redunda en beneficio do conxunto da clase política.
 
Para desenvolver a actividade formativa, tomaranse como base os textos publicados no Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, evidenciando e corrixindo, deste xeito, os erros máis frecuentes detectados nos discursos dos deputados galegos.
 
Os deputados que se inscriban neste curso recibirán formación específica para mellorar a corrección lingüística, abordando aspectos como a prosodia, ou desviacións do léxico estándar (castelanismos, arcaísmos, hiperenxebrismos, vulgarismos, lusismos, etc), entre outros.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 20
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 20/05/2013

  • 10:00Mesa da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambient
    Orde do día

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408