Acordos da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 22 de decembro de 2017 (Estratexia galega de acción exterior)

A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 22 de decembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Comunicación en Comisión
 
Debate en comisión (PROPOSTAS APROBADAS)
 
- 20742 (10/COC-000001)
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
Estratexia galega de acción exterior, aprobada polo Consello de Acción Exterior de Galicia na súa reunión do 23 de outubro de 2017
BOPG n.º 223, do 05.12.2017
 
Proposta de Resolución nº 1:
 
O Parlamento de Galicia aproba a Estratexia Galega de Acción Exterior
 
Proposta de Resolución nº 2:
 
Dentro da estratexia de conectividade exterior, debe engadirse ineludiblemente a inclusión da liña Monforte-Palencia no Corredor Atlántico de mercadorías ferroviarias, para asegurar a viabilidade dos nosos portos comerciais e mellorar a competitividade e capacidade exportadora da nosa economía.
 
Igualmente, debe ser unha liña estratéxica a obtención de financiamento para a modernización desta liña con cargo aos fondos europeos correspondentes, así como a modernización das liñas incluídas dentro da Rede básica ferroviaria europea A Coruña-Lugo e Vigo-Ourense / Monforte para completar a nosa conectividade ferroviaria co exterior.
 
Proposta de Resolución nº 3:
 
As accións de promoción económica exterior da Xunta de Galicia deben contemplar e recoller os acordos adoptados entre os obxectivo de desenvolvemento sostible aprobados polas Nacións Unidas en Setembro de 2015 ou na axenda 2030 da ONU. Ademais as accións económicas promovidas por esta acción exterior da Xunta de Galicia deben ser positivas sen impactos negativos no desenvolvemento dos pobos.
 
Proposta de Resolución nº 4:
 
A estratexia de acción exterior debe contemplar o impulso e recuperación do Consello Galego de Acción Exterior, mellorando a súa capacidade de participación e a representación do conxunto da sociedade civil organizada no mesmo.
 
Proposta de Resolución nº 5:
 
Dende o punto de vista de necesidade de que acción exterior da Xunta defenda o benestar e os intereses socioeconómicos de Galicia no exterior, cabe destacar a necesidade de impulsar mecanismo e atención e posicionamento en mercados importantes como o Norteamericano ou Chinés esquecidos no conxunto do documento. É necesario introducir unha estratexia industrial internacional de Galicia, que conteña un plan de internacionalización e cooperación internacional da noso I+D+i que permita entre outras cousas introducir as nosas empresas no ámbito das novas tecnoloxías no espazo referencial, en termos tecnolóxicos, de Nova York e California entre outros polos básicos neste campo.
 
Proposta de Resolución nº 6:
 
Instamos a recoller na estratexia Galega a potenciación e reforzo da presenza de Galicia nas institucións da UE, mediante a negociación e solicitude ao estado Español da participación de Galicia en mais formacións do Consello da UE ,   a través do incremento da presenza de Galicia nos grupos de traballo do  Consello da UE ou no Comité de Representantes Permanentes.
 
Proposta de Resolución nº 7:
 
No ámbito dos dereitos civís e políticos, Galicia debe apoiar o estudo e modificación da lexislación electoral para substituír o actual sistema de voto rogado e introducir fórmulas (como a voto electrónico) non exclusivas, seguindo as recomendacións da Xunta Electoral Central e do Parlamento Europeo para mellorar  substancialmente  o  procedemento  de  voto  exterior.  A  ineficacia  do actual sistema en vigor é un atranco inaceptable para a participación da nosa emigración na vida pública do noso país.
 
Proposta de Resolución nº 8:
 
En materia de Axuda Oficial ao Desenvolvemento, acadarase un compromiso orzamentario de polo menos o 0,2 % ao final da presente Lexislatura.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2017

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (404) No se encontró.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408