Acordos da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 10 de novembro de 2017

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 10 de novembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 18017 (10/PNC-001478)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre o inicio pola Xunta de Galicia do proceso de elaboración dos plans de ordenación dos recursos forestais cun ámbito territorial de distritos, unha vez que se remate o proceso de revisión do Plan forestal e logo da realización dos trámites pertinentes
BOPG n.º 188, do 06.10.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que previo os trámites pertinentes, se inicie o proceso de elaboración dos Plans de Ordenación dos Recursos Forestais (PORF) cun ámbito territorial de distritos, unha vez se remate o proceso de revisión do plan forestal”.

- 18687 (10/PNC-001515)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Salgado, Carlos e 6 máis
Sobre o uso pola Xunta de Galicia dos grupos de desenvolvemento rural para o fomento da diversificación da economía cara a actividades agrarias e non agrarias sustentables no medio rural
BOPG n.º 194, do 17.10.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a utilizar os Grupos de Desenvolvemento Rural para fomentar a diversificación da economía cara actividades agrarias e non agrarias sostibles no medio rural”.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MARTES 21
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 21/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408