Acordo da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 11 de outubro de 2017

A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 11 de outubro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións
- 15663 (10/PNC-001350)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa desaparición dun mozo residente na localidade de Bolsón e a situación que está a padecer o pobo mapuche en Arxentina
BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a dirixirse ao Goberno español para que demande ao Goberno de Arxentina a realización de todas as acción precisas co fin de que Santiago Maldonado apareza con vida."

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (404) No se encontró.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408