Acordo da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 11 de outubro de 2017

A Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 11 de outubro de 2017, adoptou o seguinte acordo:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 7603 (10/PNC-000789)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María e dous deputados/as máis
Sobre a creación da Oficina Orzamentaria do Parlamento de Galicia e as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir a transparencia nas súas actuacións, os investimentos realizados e os resultados obtidos, así como facilitar o acceso da cidadanía a esta información nas diferentes páxinas webs institucionais
BOPG nº 100, do 19.04.2017

Sométese a votación por puntos, co resultado que se reflicte a seguir:

—Alínea A) e puntos 3, 8, 9, 10 e 11 da alínea B): rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

—Puntos 1, 2, 4, 5, 6 e 7 da alínea B): aprobados pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado, con modificacións respecto do orixinal, é o seguinte:

«O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Adoptar mecanismos de avaliación de servizos públicos nos que se teña en conta a satisfacción das persoas usuarias a través de enquisas de servizos.

2. A Oficina de Avaliación de Políticas Públicas establecerá un sistema de indicadores cuantitativos e cualitativos destinados a medir a eficiencia, a eficacia e a efectividade social das acción das diferentes consellarías.

3. Publicar todas as facturas fiscalizadas pola Xunta de Galicia dunha contía superior a 2.000 euros.

4. Prohibir á Administración contratar con empresas con sentenzas firmes por casos de corrupción, financiamento ilegal ou sentenzas condenatorias en materia laboral, respectando as previsións contidas na normativa de contratación do sector público.

5. Implantar cláusulas sociais para evitar a precarización do emprego nas empresas beneficiarias de emprego público.

6. Restrinxir a declaración de procedementos excepcionais de contratación, como os de urxencia, sendo imprescindible un informe xustificativo.»

 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408