Acordos da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 10 de outubro de 2017


A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 10 de outubro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 15406 (10/PNC-001335)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
Sobre a elaboración polo Goberno galego, a través do Consello Galego de Pesca, dun informe que reflicta as actuacións desenvolvidas en Galicia para o cumprimento da normativa vixente en materia de descartes pesqueiros e as propostas para aumentar a súa flexibilidade
BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 1 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia e a través do Consello Galego de Pesca, a elaborar un informe que recolla as accións desenvolvidas na nosa comunidade a prol de acadar o cumprimento da normativa sobre descartes e as propostas de cara a acadar una maior flexibilidade da que ofreceu Bruxelas ata o momento para os descartes pesqueiros."
 
- 15418 (10/PNC-001340)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
Sobre a realización polo Goberno galego de campañas de sensibilización da sociedade co fin de erradicar o furtivismo e a solicitude aos concellos costeiros da súa adhesión a elas, así como da súa colaboración na loita contra esa actividade
BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 4 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.-Continuar realizando campañas de sensibilización que cheguen a toda a sociedade no seu conxunto co obxectivo de conseguir entre todos e todas erradicar a actividade ilegal do
furtivismo.
 
2.-Dirixirse aos concellos costeiros para que se sumen a esta campaña e a colaborar, a través da coordinación da FEGAMP, na loita contra esta actividade ilícita no marco das súas competencias."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 11801 (10/PNC-001186)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da rebaixa do imposto sobre o valor engadido para os produtos pesqueiros e marisqueiros do 10 % ao 4 %
BOPG n.º 144, do 12.07.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11
deputados e deputadas presentes con dereito a voto.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a dirixirse o Goberno central e solicitarlle que leve a cabo un estudo en relación cos tipos impositivos do IVE aplicados ao peixe noutros países membros da UE, no seu caso, que determine como afecta á competitividade do sector español en comparación co resto dos países, ao mesmo tempo que adopte as medidas necesarias co fin de homoxeneizar as políticas europeas nesta materia e evitar distorsións no noso mercado, ademais de contribuír a mellorar a saúde e a calidade de vida da cidadanía, mediante a baixada do tipo impositivo do pescado, incentivando á súa vez o consumo de pescado."

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408