O Consello de Contas entrega ao Parlamento a Memoria anual de 2016


Santiago, 21 de xullo de 2017.- O Conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo López, entregoulle ao Presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira a memoria anual do Consello de Contas de 2016, que inclúe a memoria de actividades e as contas anuais da Institución correspondentes a este exercicio, así como os últimos informes de fiscalización aprobados.
 
Os informes de fiscalización de carácter xeral corresponden ao Plan anual de traballo de 2017 (contas xerais do exercicio 2015 da Administración xeral da Comunidade Autónoma, do Sergas, da Administración instrumental e das entidades locais); os informes específicos refírense a distintos exercicios anteriores.

A documentación achegada inclúe os seguintes documentos e informes:
 
Documentos

 
- Memoria anual de actividades do Consello de Contas de Galicia correspondente ao exercicio 2016

- Contas anuais da institución referentes ao exercicio 2016

 
Informes de fiscalización sobre o sector público de Galicia

- PT 2017 - Declaración definitiva da Conta Xeral da Comunidade Autónoma, exercicio 2015

- PT 2017 - Informe de fiscalización da Conta Xeral da Administración, exercicio 2015

- PT 2017 - Informe económico - financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2015

- PT 2017 - Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2015

- PT 2017 - Informe de fiscalización de Fondos Europeos, exercicio 2015

- PT 2015 - Informe de fiscalización sobre a Contratación dos servizos de limpeza no ámbito hospitalario do Sergas, exercicio 2015

- PT 2016 - Informe de fiscalización Selectiva da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (FPUSG-061), exercicio 2014

- PT 2016 - Informe de fiscalización Traslado de pacientes en medios extraordinarios de transporte non urxente, exercicios 2008-2015

- PT 2016 - Informe sobre as contas rendidas no ano 2016 correspondentes ao exercicio 2015

- PT 2015 - Informe de fiscalización do Concello de Narón, exercicio 2013
 
- PT 2015 - Informe de fiscalización do Concello de Ferrol, exercicio 2013

- PT 2017 - Informe da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, exercicio 2015
 
(PT: Plan anual de traballo)

Os informes de fiscalización aprobados polo Pleno do Consello de Contas de Galicia durante o ano 2017 atópanse dispoñibles sede web do Consello de Contas de Galicia www.ccontasgalicia.es
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408