O presidente do Parlamento acompaña á Súa Maxestade O Rei durante a visita a Galicia


 
Santiago, 17 de xullo de 2017.- O titular do Lexislativo galego, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañou á Súa Maxestade O Rei Felipe VI durante a visita que o monarca efectúa a Galicia desde onte.
 
Así, o presidente dao Parlamento asistiu aos actos de Xura de Bandeira e á Entrega de Reais Despachos, celebrada este domingo na Escola Naval Militar de Marín.
 
Xa este luns, o presidente do Parlamento, xunto a outras autoridades,  acompañou ao Monarca no acto conmemorativo  do 50 aniversario de AIMEN Centro Tecnolóxico, no Porriño; e no acto central  do 25 aniversario do Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

25 aniversario Círculo de Empresarios50 aniversario de AIMENVisita AIMEN Centro TecnolóxicoEscola Naval Militar de Marín

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (404) No se encontró.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408