Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 21 de xuño de 2017

4.5 9533 (10/PNP-000891)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 15 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a mellora do marco normativo que regula o delito de usurpación de inmobles e a solicitude á Delegación do Goberno e á Fiscalía do asinamento entrementres dun acordo bilateral ao respecto, así como a actuación que debe levar a cabo naqueles casos en que os ocupantes sexan familias en risco de exclusión social
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 120, do 31.05.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- Dirixirse ao Goberno de España para que inicie os trámites que permitan mellorar o marco normativo que regula o delito de usurpación de inmobles.
Sinaladamente:
 
a) A modificación do artigo 245 do Código Penal coa fin de reorientar e adaptar o tipo penal de usurpación á situación actual.
 
b) A potenciación lexislativa dos xa existentes procedementos por xuízo rápido como procedementos modelo para os delitos de ocupación de inmobles dentro da regulación do artigo 795 da Lei de axuizamento criminal.
 
c) As modificacións lexislativas necesarias para posibilitar a adopción de medidas cautelares tendentes ao desaloxo de inmobles dende o comezo da instrucción sumarial.
 
2.- Instar á elaboración dun protocolo entre a Delegación do Goberno en Galicia e a Fiscalía Superior a fin de que, no marco do xa vixente artigo 795 da Lei de axuizamernto criminal, promova que os delitos relacionados coa ocupación de inmobles sexan obxecto de xuízos rápidos.
 
3.- Naqueles casos nos que os ocupantes sexan familias en risco de exclusión social, arbitrar en colaboración cos concellos as medidas necesarias para o seu realoxo a través dos distintos programas postos en marcha pola Xunta de Galicia”.
 
4.6 9566 (10/PNP-000894)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre o desenvolvemento polo Goberno galego dunha estratexia global a favor do transporte ferroviario de mercadorías e as demandas que debe realizar ao Goberno central ao respecto
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
4.8 9862 (10/PNP-000920)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a conexión de Galicia, as comunidades do norte de España e a rexión norte de Portugal ao corredor atlántico na revisión do Regulamento do mecanismo “Conectar Europa” que se vai realizar no ano 2018
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 124, do 07.06.2017

O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia demandar do Goberno de España:
 
1.- Que realice as xestións oportunas ante a Unión Europea para que, na revisión do Regulamento do mecanismo `Conectar Europa´ que se realizará no ano 2018, Galicia, as Comunidades do norte de España e a Rexión Norte de Portugal queden conectadas ao Corredor Atlántico, configurando unha verdadeira rede de mercadorías por ferrocarril  que desde a fachada atlántica da península comunique co resto de Europa.
 
2.- A mellora e modernización da rede ferroviaria interna mediante a conexión cos portos e a electrificación das vías que carecen desta innovación, co obxecto de facer máis competitivo o transporte de mercadorías por ferrocarril.
 
3.- A potenciación do uso do ferrocarril para o transporte de mercadorías ao longo do eixo atlántico entre Ferrol e Lisboa. Para avanzar neste obxectivo, no horizonte do ano 2020, promoverase a mellora da liña entre Ferrol e A Coruña e da construcción da saída sur de Vigo cara o Miño e a fronteira portuguesa.
 
4.- O impulso das melloras precisas nas infraestructuras ferroviarias para poder contar cunha liña competitiva para as mercadorías pola cornixa cantábrica, mellorando a conexión de Galicia co litoral cantábrico, conectando co corredor europeo, creando o corredor cantábrico de mercadorías no que é a saída natural de Galicia cara Europa.
 
5.- Consignar nos orzamentos do Estado para 2018 as partidas necesarias para avanzar nas conexións recollidas nos plans estatais de infrastructuras de transporte:
 
a) Liña ferroviaria `Vigo-Ourense-´Monforte de Lemos-Ponferrada-Venta de Baños´.
 
b) Saída sur ferroviaria de Vigo, de cara a completar o eixo `Ferrol-A Coruña-Vigo-Porto´.
 
c) Conexión ferroviaria do porto de Vigo coa Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN).
 
d) Mellora operativa do Porto seco de Monforte”.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408