O Parlamento recibe ao alumnado gañador do concurso Os Chefs saudables, convocado por Sanidade para promover hábitos sanos

• Santalices subliña que “comer sano é o mellor para a sáude” e reitera o compromiso do Parlamento cos hábitos de vida saudables
 
Santiago, 16 de xuño de 2017.- O alumnado gañador do concurso Os chefs saudables, pertencente ao CEIP Eulogio Gómez Franqueira, de San Amaro (Ourense), visitou esta mañá o Parlamento de Galicia no marco das  diferentes actividades nas que hoxe participan en Santiago como premio ao seu traballo. Os gañadores deste certame foron felicitados polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, e polo conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuíña.
 
O Concurso Os chefs saudables  forma parre do obradoiro “Traballando por unha mocidade saudable”, organizado pola Xefatura Territorial de Sanidade en Ourense para incentivar a alimentación sana e o exercicio físico entre o estudantado de educación infantil e primaria.
 
Durante o acto organizado na sede do Lexislativo galego visionouse o vídeo gañador do concurso, no que o alumnado do CEIP Eulogio Gómez Franqueira explica o proceso de elaboración da receita que obtivo o primeiro premio, consistente en salmón en papillote gornecido con patacas e corazóns de leituga primaverais. Tamén se visionaron os tres vídeos finalistas, presentados polo CEIP Virxe Pena da Sela, CEIP Sarreaus e CEIP Mariñamansa.
 
Exemplo para os adultos
 
O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, felicitou á Consellería de Sanidade por esta iniciativa de promoción dos hábitos de vida saudables entre os máis novos. Recordou que “comer sano é o mellor para a saúde” e considerou que os participantes neste concurso constituen un “exemplo” para os adultos. Agregou Santalices que como presidente do Parlamento está empeñado en promover os hábitos de vida saudable. Pediu ao profesorado que lle fagan chegar a receita gañadora para trasladala ao persoal da institución.
 
O presidente do Parlamento tivo tamén palabras de recoñecemento para o profesorado, colectivo que, na súa opinión, exerce un “traballo complicado que non sempre é recoñecido pola sociedade” como realmente merece.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

iguel Ángel Santalices Vieira, acompañado polo conselleiro de Sanidade,  Jesús Vázquez Almuíña, recibe aos gañadores do concurso infantil Os Chefs Saudables

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (404) No se encontró.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408