Santalices: “contar cun centro como a Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense constitúe un privilexio”

• O presidente do Parlamento participou na presentación da conferencia que o arquitecto Juan Carlos Cabanelas pronunciou esta tarde no marco dos actos conmemorativos do XXX Aniversario da EASD Antonio Faílde

Santiago, 26 de abril de 2017.-  “Contar cun centro como a Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense é un privilexio e resulta gratificante por moitas razóns”, como a longa tradición e a vinculación da cidade  co mundo da creación artística e do deseño téxtil. Son palabras do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, esta tarde, na presentación da conferencia que o arquitecto Juan Carlos Cabanelas pronunciou no Centro Márcos Válvarcel de Ourense no marco da celebración do XXX aniversario da EASD Antonio Faílde.

Santalices, que participou respondendo a unha invitación da Escola, puxo en valor o carácter público deste centro, que “ofrece formación de calidade” e pon de manifesto  o “potencial educativo de Ourense”.

Destacou tamén o presidente do Parlamento os diferentes intercambios educativos da EASD Antonio Faílde, a través do programa Erasmus e outros, que vinculou coa “vocación europeísta e universalista de Ourense”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

O presidente do Parlamento participou na presentación da conferencia do arquitecto Juan Carlos Cabanelas en OurenseO presidente do Parlamento participou na presentación da conferencia do arquitecto Juan Carlos Cabanelas en Ourense

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MÉRCORES 22
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 22/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408