Diego Calvo: “internet e todas as tecnoloxías chegaron para quedarse polo que, lonxe de prohibir, habería que educar e concienciar”

 
• O vicepresidente da Cámara clausurou a final do programa Parlamento Xove, no que os participantes debateron sobre acceso a internet e a seguridade da poboación adolescente

Santiago, 22 de abril de 2017.- “Internet e todas as tecnoloxías asociadas chegaron para quedarse polo que, lonxe de prohibir, habería que educar e concienciar. Na infancia, na adolescencia e tamén na vida adulta”. Son palabras do vicepresidente da Cámara galega, Diego Calvo Pouso, este mediodía, na clausura dunha nova edición do programa Parlamento Xove, no que os participantes trataron de responder á pregunta “Deberiamos restrinxir o acceso a internet para aumentar eficazmente  a seguridade dos/as adolescentes?”.
 
A xuízo de Calvo Pouso, “nesta, como en tantas outras cuestións, non existen as solucións definitivas” e abogou polo termo medio. “Nin limitar excesivamente nin tampouco a permisividade total. O ideal –e xa sei as dificultades que iso implica- sería acompañarvos e aconsellarvos desde a infancia para que, máis cedo ca tarde, vos convirtades en persoas con criterio, capaces de  facer un uso racional das infinitas posibilidades da rede”.
 
Con todo, na intervención do vicepresidente da Cámara tamén  houbo espazo para a autocrítica. “As familias observamos a facilidade coa que os nenos e mozos son capaces de pasar horas e horas diante dun ordenador ou dun dispositivo móbil conectado. Claro que moitos de nós tampouco somos quen de dar exemplo, na medida en que nen sequera nos decatamos da cantidade de veces que consultamos eses dispositivos, con motivo real ou sen el”, afirmou.
 
Parabéns a Parlamento Xove
 
Diego Calvo felicitou expresamente aos organizadores do programa Parlamento Xove –a Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social da Xunta- por contribuír a poñer en valor a institución central da democracia, ao tempo que incentiva o debate sosegado e a oratoria. O acto contou tamén coa intervención do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.
 
Gañadores
 
Na categoría de ESO resultou gañador de Parlamento Xove 2017 o CPR Plurilingüe Sagrada Familia (Vilagarcía), e subcampión o Centro Maristas Inmaculada (Lugo). Na Categoría de Bacharelato, gañou o certame o IES de Becerreá, mentres que resultou subcampión o equipo do Colexio La Salle (Santiago). Entregou estes premios o conselleiro de Política Social.
 
O premio ao mellor dossier de investigación correspondeu, na categoría de ESO, a cinco integrantes do IES Basanta Silva (Vilalba), mentres que na categoría de Bacharelato correspondeu a cinco integrantes do IES Xulián Magariños (Negreira). Entregou o premio a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
 
O premio aos mellores oradores correspondeu, en Bacharelato, a Saul Corredoira Rodríguez, do Colexio Plurilingüe San José-FEC (Lugo), a Marta García Bouza, de La Salle (Santiago); e a Silvia López Soto, do IES de Becerreá. Entregou o premio a deputada Marta Rodríguez Arias.
 
Na Categoría de ESO, o premio aos mellores oradores correspondeu a Sabrina Pérez López, do IES A Pinguela (Lugo); a Jonathan Blanco Vieites, do IES Xulián Magariños (Negreira); a Andrés Soto Sánchez, de La Salle (Santiago); a Bruno Vila Fernández, do CPR Plurilingüe Sagrada Familia (Vilagarcía); e a Marcos Montaña Fernández, do IES de Beccerá. Entregaron estes premios os/as deputados/as César Manuel Fernández Gil, Julio Torrado Quintela, María Antón Vilasánchez e Sandra Vázquez Domínguez.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes Relacionadas

Equipo campión Parlamento Xove, categoría BaharelatoEquipo subcampión Parlamento Xove, categoría BacharelatoFoto de familia, no exterior do Parlamento de Galicia

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408