O Parlamento de Galicia publica as declaracións de bens de deputados e deputadas


Santiago, 31 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia publicou hoxe, no Boletín Oficial da Cámara e no portal de transparencia, as declaracións de bens e actividades dos deputados e deputadas da X Lexislatura, unha vez completados os trámites preceptivos. Tamén se publican as declaracións orixinarias e por cesamento na condición de deputado/a correspondentes á IX Lexislatura.
 
Coa publicación destas declaracións dase cumprimento ao disposto no artigo 15.5 do Regulamento do Parlamento de Galicia, que sinala que o contido das declaracións sobre actividades e bens será público a través do Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e do portal de transparencia da Cámara, agás os datos referentes á localización dos bens inmobles e mais aqueloutros que a Mesa acorde omitir para salvaguardar a privacidade e seguridade dos seus titulares.
 
A obriga de publicar as declaracións foi incorporada ao Regulamento da Cámara na reforma aprobada en agosto de 2015.
 
Na pasada Lexislatura, antes da reforma do Regulamento que obriga á publicación destes datos, as declaracións divulgáronse  por acordo da Mesa e Xunta de Portavoces.
 
As declaracións de bens e actividades pódense consultar nos seguintes enlaces:
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408