Plan de traballo da Comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforros


Plan de traballo da Comisión de investigación constituída para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex directivos, co obxecto de rematar os traballos realizados na IX lexislatura
 
A Comisión reunida o 23 de marzo de 2017 e ao abeiro do disposto no artigo 11 das Normas reguladoras da Comisión, aprobou o seguinte de Plan de traballo:
1ª FASE: DOCUMENTACIÓN E COMPARECENCIAS.
Encomendarlle a Administración do Parlamento de Galicia que, á maior brevidade posible, poñan a disposición dos membros da Comisión:
1.- Toda a información reunida na IX Lexislatura na Comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa actual situación, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex directivos, e que figura no Anexo ao presente escrito.
2.- Á dita información engadirase:
- Copias das sentenzas 00040/2015 da Audiencia Nacional e 3975/2016 do Tribunal Supremo sobre a causa seguida contra os ex directivos de NovaCaixaGalicia polas indemnizacións recibidas.
- Informe de fiscalización do proceso de reestruturación bancaria, exercicios 2009 a 2015 elaborado polo Tribunal de Cuentas.
- Acordo da Comisión Rectora del Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, de 30 de xullo de 2012, polo que se detallan os criterios e condicións ás que se axustará a súa actuación nos procesos de reforzamento dos recursos propios de entidades de crédito no ámbito da asistencia financeira europea para a recapitalización.
- Plan de Resolución de NCG Banco SA, aprobado o 28 de novembro de 2012 pola Comisión Europea. (State aid n° SA.33734 (2012/N) – Spain Restructuring of NCG)
- Resolución de 7 de xuño de 2013, da Comisión Rectora del Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, pola que se acorda implementar accións de xestión de instrumentos híbridos de capital e débeda subordinada en execución do Plan de Resolución de NCG Banco SA, aprobado o 27 de novembro de 2012 polo FROB e o Banco de España e o 28 de novembro de 2012 pola Comisión Europea.
 
- Modificación do Plan de Resolución (State aid n° SA. 38143 (2014/N) – Spain Restructuring of NCG through its acquisition by the Banesco Group)
- Resolución de 23 de xuño de 2014, da Comisión Rectora del Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, pola que se acorda a transmisión de seiscentos tres millóns seiscentas setenta e unha mil cento sesenta accións (603.671.160 millóns) de NCG Banco SA, titularidade del Fondo de Garantía de Depósitos.
- Informe do FROB sobre o procedemento de venta de NCG Banco SA.
- Solicitar á Xunta de Galicia un Informe co balance dos procedementos de arbitraxe levados a cabo polo Instituto Galego de Consumo en relación cos e coas titulares das participacións preferentes das antigas caixas de aforros galegas.
- Solicitar á entidade ABANCA informe sobre a situación a día de hoxe en relación cos e coas titulares das participacións preferentes das antigas caixas de aforros galegas.
- Informes de valoración da entidade NCG Banco SA emitidos por tres expertos designados polo FROB: Barclays, Enrnst & Young, HSBC.
- Due Diligence encargada polo FROB e realizada por PwC sobre estes informes, que determinou o valor económico de NCG Banco SA.
- Caderno de venda de NCG Banco SA encargado polo FROB á entidade BNP-Paribas.
- Informes encargados polo FROB para xustificar e desenvolver o proceso de venda da banca nacionalizada: McKinsey & Co. e Nomura International PLC.
- Proposta presentada polo resto de participantes no proceso de compra.
- Expedientes enviados polo FROB á fiscalía relativos a operacións inmobiliarias de Caixa Galicia e Caixa Nova.
- Informe da consultora Deloitte coa valoración de NCG Banco SA para a súa fusión co Banco Etxeberría.
- Term Sheet de NCG Banco SA.
- Informes de supervisión e seguimento dos procesos de reestruturación bancaria relativos ás antigas caixas de aforros galegas realizados polo FROB.
- Toda a documentación relativa á indemnización de D. José Luís Méndez, incluíndo as actas dos órganos de dirección e goberno da Caixa Galicia ao respecto.
- Listado de activos traspasados á SAREB por parte das antigas caixas durante o proceso de reestruturación bancaria.
- Relación detallada de bens ou activos de calquera das entidades galegas vendidos ou cedidos a membros dos comités de dirección das caixas de aforros galegas ou familiares ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade, desde o ano 2004.
3.- Asemade, poranse a disposición dos membros da Comisión as transcricións literais de todas as comparecencias substanciadas de forma oral ou por escrito na Comisión da
IX Lexislatura:
• D. Ángel Vilariño Sanz, profesor universitario de Economía Cuantitativa da Universidade Complutense de Madrid
• D. José Álvarez Cobelas, Ex director xeral de Política Financeira
• Don José Ramón Fernández Antonio, ex conselleiro de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
• Don Eugenio García Lalinde, ex director xeral de Política Financeira e Tesouro da Xunta de Galicia
• D. Julio Fernández Gayoso. Ex director Xeral de Caixanova e ExPresidente de Caixanova e de Novacaixagalicia.
• D. Mauro Varela Pérez. Ex Presidente de Caixa Galicia e de Novacaixagalicia.
• D. José Luís Méndez López. Ex Director Xeral Caixa Galcia.
• D. José Luís Pego Alonso. Ex Director Xeral de Caixanova e
de Novacaixagalicia.
• D. Carlos Trevijano Aristegui e D. Francisco Gibert Pibernat, da Consultoría KPMG.
• D. José M.ª Sanz Olmeda e D. José Wahnon Levy, do Grupo PWC
• D. Carlos Jimenez Lambea, do Grupo Deloitte.
• D. Ramón Álvarez Novoa. Ex presidente da Comisión de Control de Caixanova
• D. Francisco Javier García de Paredes Moro. Ex director xeral adxunto de Caixa Galicia e de Novacaixagalicia
• D. Manuel Conthe Gutiérrez. Ex presidente  da Comisión Nacional do Mercado de Valores e ex secretario de Estado de Economía.
• D. José Antonio Redondo López. Catedrático de Economía Financeira da Universidade de Santiago de Compostela.
• D. Joaquín Caballero Miranda. Asistente en representación da Consellería de Facenda na Comisión de Control de Novacaixagalicia.
• D. Manuel Galdo Pérez. Director xeral de Política Financeira
e Tesouro da Xunta de Galicia.
• D. José Luís García Pita. Catedrático de Dereito Mercantil da Universidade da Coruña.
• D. Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral do Sindicato Nacional de CC.OO e D. Julian María Valiente Romero, secretario da Federación de Banca de CC.OO.
• D. José Antonio Gómez Gómez, secretario xeral de UGT Galicia e D. José Ramón de Pieglo-Valdes González, responsable de aforro de FES-UGT
• D. Suso Seixo Fernández, secretario xeral da CIG e D. Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG-Banca.
• Don Luís Paz, representante da Confederación de sindicatos independentes de caixas de aforros e afins.
• D. Antonio Fontenla Ramil, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.
• D. José Manuel Campa Fernández, ex secretario de Estado de Economía.
• D. VÍctor Moro Rodríguez, ex director xeral del Banco de España.
• D. José Manuel García Iglesias, ex responsable da Fundación Obra Social.
• D. Guillermo Brea Vila, ex xerente da Obra Social.
• D. Carlos González Principe, ex alcalde do Concello de Vigo.
• D. Pedro Otero Espinar, xerente da Obra Social Novacaixagalicia.
• D. Marcos Fuentes Castro, representante da Mesa de Negociación da Fundación Especial Novacaixagalicia.
• D.ª María Jesús Freire, ex presidenta da Comisión de control de Novacaixagalicia
• D. Gaspar Ariño Ortiz - Designado pola CECA
• Dona Ana María Cedeira Zas, representante da Plataforma de Afectados Preferentes da Coruña.
• Don Xesús Domínguez, representante da Platafoma de Afectados Preferentes de Santiago
• Don Manuel Pardos Vicente, representante de ADICAE (Asociación de usuarios de Bancos, Caixas e Seguros de España)
• Dona Fátima Entenza Martínez, representante da Plataforma de Afectados Preferentes de Marín
• Don Daniel Rabuñal Rodríguez, representante da Plataforma de Afectados Preferentes de Pontevedra
• D. Carlos Varela García, fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
• D. Julio Segura Sánchez, ex presidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores.
• D.ª Sol María Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia.
• D. Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia.
• D. José María Castellano Ríos, presidente de Novagalicia Banco.
• D. César González Bueno, conselleiro delegado Novagalicia Banco.
• D. Miguel Ángel Fernández Ordóñez, Ex gobernador do Banco de España (contestación a cuestionario)
• D.ª Marta Fernández Currás. Ex conselleira de Facenda da Xunta de Galicia (contestación a cuestionario).
• D. Joaquín Almunia Amann, ex comisario de Asuntos Económicos e Monetarios (contestación a cuestionario).
2ª FASE Traballo en Ponencia.
Tendo en conta a documentación, informes e comparecencias antes relacionadas, e unha vez constituída, iniciaranse os traballos de elaboración da proposta de ditame en Ponencia.
No transcurso dos traballos da Ponencia se fose necesario para elaborar a proposta de ditame, a iniciativa dun Grupo Parlamentario a comisión decidirá si solicita novos informes, documentos ou aclaracións referidos ó obxecto da comisión.
 
3ª FASE Debate e aprobación da proposta de ditame pola comisión para a súa elevación ao Pleno.
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408