Santalices salienta o traballo da Fundación San Rosendo, “un referente nacional e internacional na atención ás persoas maiores”

 
• O presidente do Parlamento de Galicia participou na presentación do libro “25 anos dando vida aos anos”, que fai un percorrido pola historia desda entidade
 
• Subliña que Benigno Moure “foi sempre un adiantado ao seu tempo”

Santiago, 23 de marzo de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou este mediodía no acto de presentación do libro “25 anos dando vida aos anos”,  editado pola Fundación San Rosendo para recomplicar o seu cuarto de século de existencia. 
 
 “Como ourensán e como galego é unha honra que o modelo desenvolvido pola Fundación San Rosendo  se teña convertido nun referente nacional e internacional no referido á atención ás persoas maiores”, afirmou Santalices.
 
A xuízo do titular do Lexislativo galego, aínda que este libro se centra no tempo transcorrido desde a posta en marcha da Fundación, para entender a filosofía da mesma é preciso voltar a vista atrás, ao comezo da década dos 70, cando o seu fundador e presidente de honra iniciou o seu labor en Ourense.
 
Adiantado ao seu tempo
 
“Don Benigno –afirmou Santalices Vieira- foi sempre un adiantado ao seu tempo, e así o acreditan moitas das iniciativas que impulsou, pioneiras no seu contexto”, como as garderías infantís, nun momento no que aínda era escasa a incorporación da muller ao mercado laboral, ou a posta en marcha de residencias da terceira idade “desde unha visión integradora, orientada a evitar o desarraigo da persoa”.
 
No acto, celebrado no Hotel Balneario Arnoia Caldaria e co que se pecha a programación oficial conmemorativa do 25 aniversario da Fundación San Rosendo, o presidente do Parlamento recordou tamén que Benigno Moure impulsou iniciativas de atención e formación para colectivos marxinados, a promoción de vivendas sociais, a asistencia enfermos e de VIH, a atención ás adiccións ou, máis recentemente, a posta en valor do potencial termal da provincia de Ourense.
 
Nun momento no que o declive demográfico constitúe “unha ameaza en toda regra”, Santalices Vieira sinalou que este feito, “reporta tamén algunhas oportunidades, como as derivadas da atención ao colectivo das persoas maiores”.
Para Santalices, “na Fundación San Rosendo temos, sen dúbida, un magnífico exemplo do camiño a seguir, e así o poñen de manifesto os seus 70 centros e un cadro de persoal integrado por máis de 1.600 traballadores e traballadoras”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408