O Parlamento acolle a primeira xornada sobre reanimación cardiopulmonar e manexo de desfibrilador semiautomático

• O presidente da Cámara agradece a colaboración da Consellería de Sanidade e do Servizo de Cardioloxía do CHUS na organización desta xornada, que busca concienciar á sociedade sobre a importancia da reanimación
 
Santiago, 27 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a primeira xornada de formación práctica sobre reanimación cardiopulmonar e manexo de desfibrilador externo semiautomático, unha actividade organizada pola Cámara Galega coa colaboración da Consellería de Sanidade, o Servicio de Cardioloxía do CHUS e a Sociedade Española de Cardioloxía para concienciar á sociedade sobre a importancia desta manobras.
 
Antes do inicio da xornada, o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, explicou que dado que as enfermidades cardiovasculares son a primeira causa de morte en Galicia, “pareceunos oportuno enviar unha mensaxe á sociedade” en relación coa importancia de que o maior número de persoas conten con coñecementos básicos sobre como actuar ante situacións como unha parada cardíaca ou un atragantemento por por asfixia.
 
Formar e concienciar aos máis novos
 
Animou ás consellerías de Sanidade e de Educación a impartir coñecementos deste tipo á poboación máis nova e puxo como exemplo aos países nórdicos, onde “reduciron de maneira espectacular a taxa de mortalidade” logo de implantar programas de formación en materia de reanimación. O conselleiro de Sanidade, presente no acto, avanzou que Galicia conta tamén con diferentes iniciativas neste sentido, como unha na que participan a Consellería de Sanidade e o 061 para formar aos nenos.
 
Santalices Viera agradeceu a colaboración do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a través do Servizo de Cardioloxía que dirixe o Dr. González-Juanatey, e da Consellería de Sanidade para facer posible a celebración da xornada na que hoxe participan 60 persoas.
 
Unha segunda xornada o vindeiro venres
 
A elevada receptividade acadada por esta convocatoria, dirixida a deputados e deputadas, persoal do Parlamento e xornalistas acreditados, obrigou a organizar unha segunda xornada o vindeiro venres, 3 de marzo.
 
Os participantes na xornada asisten, en primeiro lugar, a unha sesión teórica impartida por persoal facultativo do CHUS para, de seguido, por quendas, realizar simulacros prácticos de reanimación e uso de desfibrilador externo semiautomático.
 
No día de hoxe, o Parlamento habilitou tamén un desfibrilador externo semiautomático, que quedará ubicado  nun corredor situado preto do acceso ao hemiciclo. Este equipamento súmase ao restante material sanitario dispoñible nos servizo médico da Cámara.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408